O Equipo do Tyde Alevín viaxa a Versmold do 5 ao 7 de Xuño.

O equipo Alevín do Tyde

Viaxe a Versmold

5-7 de Xuño

O equipo do Tyde, formado por alumnos do Ceip Nº2 de Tui, viaxa o vindeiro día 4 de Xuño, á cidade alemana de Versmold, por segundo ano consecutivo, para participar no Torneo Alevín que organiza o equipo de Fútbol de esta cidade.

A categoría alevín alemana non corresponde exactamente coas do noso país, polo que os nenos que viaxarán son alumnos de 5º e 4º, algúns deles repiten despois de viaxar o ano pasado.

O Torneo levarase a cabo entre o 5 e o 7 de Xuño e nel participarán 20 equipos de 7 nacionalidades diferentes.

Todos eles esperan a chegada de este día con moitas gañas, nerviosismo e ilusión. Forman parte do equipo:Antón de 4ºA, Nico e Iván de 5ºA,Iago, Izan e Adrián de 5ºB e Gonzalo e Borja de 5ºC. Para o cole é un privilexio e unha honra que os nosos alumnos poidan disfrutar de esta grande oportunidade.

As nosas felicitacións para todo o Club do Tyde polo seu gran traballo, pero en especial a nosa felicitación, nesta ocasión, vai para o equipo que viaxa, para que o pasen ben, que o disfruten e que o seu deporte favorito, o fútbol, faga posible que estes grandes xogadores fagan amigos, sexan grandes compañeiros e sobre todo grandes persoas.

Aquí vos deixamos un enlace ao artículo publicado na Voz de Galiza fai uns días, sobre esta aventura.

Despois de varios días en terras alemanas, o noso equipo regreso a casa, moi satisfeito polos seus resultados, polo moito que disfrutaron e polo ben que o pasaron.

Aquí vos deixamos boa mostra diso e do eco que a prensa tanto alemana como española se fixo de este acontecemento.