O Concello de Tui organiza os Campamentos de Verán para as dúas quincenas de xullo e a primeira de agosto

O Concello de Tui, ao través da concellería de Deportes, organiza os Campamentos de Verán 2015, que se levarán a cabo durante o mes de xullo e a primeira quincena do mes de agosto.

Estes campamentos van destinados aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas ao inicio de cada quenda), co fin de ofrecer unha alternativa lúdica-deportiva-educativa aos cativos/as do noso municipio. Ademais, co desenvolvemento destes campamentos, preténdese ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que podan conciliar así a vida familiar e laboral.

As inscricións realizaranse na secretaría do Concello de Tui, dende o martes 26 de maio ata o martes 2 de xuño, no horario de 09.00 a 14.00 horas, entregando cumprimentado o formulario de solicitude xunto á documentación requirida nas bases,que adxuntamos a continuación

Bases Campamentos urbanos.

Folla de Inscripción.

Poden consultar máis na páxina web do Concello de Tui www.concellotui.org ou na secretaría do Concello.