CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CROSS ( Campo a través)
Praia da Punta-Cesantes. Redondela
07/02/15
O vindeiro sábado 7 de Febreiro levarase a cabo o Campionato Provincial de Campo a través da presente campaña escolar de Campo a Través, na Praia da Punta en Cesantes Redondela
Temos un cambio no horario con respecto á notiña anterior. Ás 11:35h Categoría Infantil Feminino, 12:15h Categoría Alevín Feminino, 12:30h Categoría Alevín Masculino, ás 12:45h Categoría Benxamín Feminino, 13:00h Benxamín Masculino.
Para chegar ao circuito tedes que seguir a estrada Nacional Tui-Pontevedra, e dirixirvos á Praia de Cesantes.
Para os/as alumnos/as que viaxan en bus, este sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 9:25h e a volta será ás 14:15h aproximadamente.
Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.
¡¡¡IMPORTANTE!!! A roupa do colexio será devolta antes do Mércores día 11 de Febreiro.