O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu décimo encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 9 de Xaneiro de 2015, tivo lugar o décimo encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores xogaron no campo do Atios. Un partido de gran rivalidade no que os xogadores tudenses conseguiron un empate meritorio 2-2. Isto fai que agora sexan terceiros na taboa de clasificacións.

Noraboa Campeóns.