Articles

ACTIVIDADE DO CONSERVATORIO DE PONTEAREAS NO COLEXIO

Este venres 5 de xuño de 2009 estiveron no noso colexio algúns mestres/as músicos do Conservatorio de Ponteareas, facendo unha presentación dos diversos instrumentos para o noso alumnado e aproveitando para interpretar algunhas pezas moi coñecidas polo alumnado.

A actividade resultou verdadeiramente interesante e amena para os alumnos e alumnas, que tamén cantaron a coro algunhas das cancións.

De sobras é coñecida a tradición musical de Ponteareas, terra de grandes músicos, polo que seguramente algúns dos asistentes a esta actividade se dedicará á música.

De seguido podedes ver algunhas imaxes desta actividade.

 

XORNADA DE ACOLLIDA AO ALUMNADO DAS ESCOLAS DE PIAS E RIBADETEA

Este martes 2 de xuño estiveron no noso colexio os alumnos e alumnas das escolas de Pías e Ribadetea para coñecernos. Estiveron compartindo algunhas actividades co noso alumnado de E. Infantil e mostrámoslle o colexio, rematando a festa co xantar no comedor.

Tentamos así que coñeza o que será o seu novo colexio e que cando veñan para el non o estranen moito.

RADIO FALADORA ESPECIAL LETRAS GALEGAS

Se pinchas no enlace seguinte poderás escoitar o programa especial das Letras Galegas de Radio Faladora, a nosa Radio Escolar:

http://www.box.net/shared/0eajurtclo

CHARLA DE EXMESTRES/AS DO COLEXIO

 

O martes 12 de maio de 2009  foi unha  sorte  estar  con varios compañeiros/as  que  representan  aos  primeiros  profes  do  colexio.

É  difícil  atopar  a  moitos  deles  e  a  algúns  dos  que  chamamos  non  puideron  vir .Pero  esta  foi  a  primeira xuntanza   e  se  alguén  quedou  sen  avisar, contamos  coa presenza  e  a  axuda  de todos/as para  poñernos  en  contacto  cos  que  faltan  e  ter  unha  grande   festa en  decembro.

Os exmestres/as participantes na mesa foron:

Victor  Sobral Mera, natural  de  Ponteareas,estivo  no  colexio  dende  o  curso 69-70.

Tamén  daba  clases  na  Granxa  Escola  e  Areas.

Traballou  no  centro  ata  que  foi  Delegado  de  Cultura  en  Pontevedra  no  período preautonómico.

Algúns  dos  seus  fillos  estudaron  no  noso  cole  e  na  actualidade  tamén  son  docentes.

Concepción Alfaro  Gil, natural  de  Ponteareas,estivo  no  cole  dende  o  curso  69-70  ata  a  súa  xubilación.

Conchita  sempre  foi   paciente ,pacífica  e  xenerosa

Unha  das  súas  fillas  tamén  é  mestra.

Conchita  vive   en  Canedo , a  zona  mais  tranquila  de  Ponteareas ,  moi  poucas  veces  baixa  ao  centro  por  iso 

é  unha  sorte  tela  esta  tarde  con  nós.   

Mª Esther  Montero  Couñago, natural  de  Ponteareas, estivo  no  colexio  dende  o  69-70.

Trasladouse  a  Vigo  e  na  actualidade  está  entre  Ponteareas , Porriño  e Vigo  disfrutando  dos  seus  fillos  que  tamén  foron  alumnos  nosos  e  dos  seus  netos,dous  deles  están  no  cole.

Ubaldo  Bautista  Bugarín, natural  de  Prado Ponteareas, chegou  de  moi  novo  ao  colexio  no  curso  72-73, e  por certo  din  os  seus  compañeiros  que  lle  tocou  un  curso ben  difícil...

Despois  de  moitas  voltas  volveu  ao  colexio  fai  dous  ou  tres  cursos...pero  non  quixo  quedarse  pois  agora ten  outros  asuntos  que  tratar .

Ofelia  Gonzalez  Otero é natural  de  Fiolledo  (Salvaterra de MIño).

Cando    chamamos  a  Ofelia  para  que  asistira  a  charla pois  estivera  no  colexio  no  curso 72-73, indicounos  que xa  estivera  no curso  69-70 pois  era  a  mestra  de  Moreira,  que  foi  unha  das  primeiras  parroquias  que  se  agruparon.

Estivo  en  Muros, en  Cádiz  e  de  novo  en  Ponteareas  no  cole  ata  fai  un  par  de  anos.

Amelia  Gonzalez  Rodríguez  ,  natural  das  Neves.

Chega  dende  Andalucia  esta  mestra  moi  nova...no  curso 72-73  e  aquí  quedou  traballando  ata  fai  dous  cursos, estando no CEIP Bouza Brey nestes últimos anos.

Amelia  é  Marila, é  a  profe  de  Ximnasia, é  a  encargada  do  comedor,é  a  forza, o  entusiasmo  e  cando  había  algún  problema..._Imos  falar  con  Doña  Amelia...

Bernardo  Freijedo Alvarez, natural  de  Piñor  en  Ourense, despois  da  súa  andaina  por  Asturias, chega  a  Ponteareas  no  curso 73-74  e  aquí  quedou  ata  o  2005-06  entre  outras  cousas  por  celebrar  un  matrimonio  pedagóxico  que  tanto  se  levaba  daquela.

Os  seus  fillos  tamén  estudaron  no  noso  cole  e  na  actualidade    dedícanse  a  docencia.

RESULTOU UN ACTO EMOTIVO E MOI AGRADABLE PARA TODOS OS ASISTENTES.

RADIO FALADORA 24

Pinchando no seguinte enlace podes escoitar o programa nº 24 de Radio faladora, a nosa Radio escolar:

http://www.box.net/shared/4147nvbotp

RADIO FALADORA 23

Xa podes descargar o programa 23º de Radio Faladora, a nosa Radio escolar, pinchando no seguinte enlace:

http://www.box.net/shared/dnjzfokunp

ACTIVIDADES DE CELEBRACIÓN DO 40º ANIVERSARIO DO COLEXIO

CONTACONTOS INFANTIL

Enmarcada dentro das actividades levadas a cabo co gallo do 40º cumpreanos do noso colexio, o pasado 3 de abril os alumnos e alumnas de E. infantil e 1º Ciclo de Primaria, puideron gozar dunha xornada de CONTACONTOS.

A mostra desta actividade pódese ver na seguinte galeria de imaxes.

 

 

="0" ismap="ismap" />

EXCURSIÓN A VIGO

O Luns día 27 de Abril, os nenos e nenas de 3º de Primaria, fixemos unha excursión a Vigo cos nosos mestres e mestras.
A nosa primeira parada foi a praia de Samil. Pero antes de chegar alí pasámolo moi ben durante a viaxe, xa que dende o autobús puidemos divisar a ponte de Rande, a zona franca de Vigo, as bateas, o porto ... Por certo, tivemos a enorme sorte de poder ver dende lonxe o cruceiro máis grande do mundo que estaba atracado en Vigo: “ Independence of the seas” !! Por este motivo a cidade estaba chea de estranxeiros, tamén coñecidos coma “guiris”. Unha das nosas mestras explicounos que os “guiris” sempre levan sandalias con calcetíns brancos, pantalóns cortos e unha mochila chea de mapas, comida, auga, toallas... aínda que faga un frío que pela, coma era o caso ese día!

Cando chegamos a Samil, merendamos e tivemos un dos recreos máis longos do ano. Xogamos e tamén demos unha volta polo paseo marítimo todos xuntos.

A media mañá dirixímonos ao centro da cidade para ver unha película de debuxos animados, da que disfrutamos enormemente, no recinto teatral de Caixa Nova.

Esperamos que vos gusten as nosas fotos!


MESTRES DO COLE E O MUNDO DAS ARTES

MESTRES NO MUNDO DAS ARTES

Nestas últimas semanas levamos falado que no cole hai unha mestra que vén de publicar e facer a presentación do seu libro, ela como ben saben é Susana Lamela co seu libro xa coñecido por todos e todas "Soños de andel".

http://www.vigometropolitano.com/news/168/ARTICLE/15361/2009-04-04.html

http://lavara-libreria-infantiljuvenil.blogspot.com/

Pois agora temos que engadir que nesta semana que pasou, tamén, un mestre deste cole, vén de facer a presentación dunha curtametraxe, "El cumpleaños", na Universidade de Vigo, na cidade de Ourense, el é Daniel Cid.

http://www.megaupload.com/?d=BHP1P3V5

http://www.youtube.com/watch?v=csEaxq1j4jU

E no arte musical, dúas mestras, unha soprano, Iria Cuevas, que actuou o pasado xoves día 23 no Centro Artístico Sportivo da vila; e outra, Ruth Barros, que forma parte do Coro Obradoiro vocal “A Vila”, e actuaron o pasado sábado 25 no convento de Canedo.

Os nosos parabéns e felicitacións!!