Articles

NOVOS ARTIGOS EN ORIENTAREMEDIOS

Visitade o blog orientaremedios e alí podedes ver novos artigos dentro da nosa Escola de Familia Virtual, sobre temas de moita actualidade.

EXTRAORDINARIA ACTUACIÓN DE MIGALLAS TEATRO NO COLEXIO

Como acto central da celebración do 40º aniversario do noso Colexio para o alumnado, este 10 de decembro de 2009 Migallas teatro representou o seu espectáculo pedagóxico musical Canta connosco, tendo un importantísimo éxito entre o alumnado asistente.

Asistiu todo o alumnado do colexio, distribuído en dous pases. De seguido podedes ver algunhas imaxes do acto.

 


 

RADIO FALADORA 38

Pinchando no seguinte enlace , poderás escoitar o 38º programa de Radio Faladora, a nosa radio escolar, emitido hoxe 10 de decembro e que ten como tema central os Dereitos Humanos.

http://www.box.net/shared/ca706ualcp

RADIO FALADORA 37

Pinchando no seguinte enlace poderás escoitar o 37º programa de Radio faladora, a nosa Radio Escolar, emitido no colexio o 3 de decembro de 2009:

http://www.box.net/shared/08bt3y5oq0

O CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS NOS III ENCONTROS DE CENTROS CON PLANS DE AUTOAVALIACIÓN E MELLORA DA CALIDADE

O C.E.I.P. Nosa señora dos Remedios participou activamente nos III Encontros de Centros con Plans de Autoavaliación e Mellora da Calidade, celebrados en Sanxenxo o 3 e 4 de decembro de 2009, organizados polos Servizos Centrais da Consellería de Educación e O.U.

Alí presentamos a nosa experiencia do curso 2008-09, que tivo unha moi boa acollida entre os asistentes.

De seguido podedes observar fotos destes encontros.

 


10 DE DECEMBRO: ACTO DO 40º ANIVERSARIO DO COLEXIO PARA O ALUMNADO DO MESMO

O xoves 10 de decembro, para conmemorar o 40º aniversario do noso colexio, o grupo MIgallas actuará no colexio para o alumnado actual do mesmo, cun espectáculo didáctico musical.

Esperamos que o alumnado disfrute desta actuación.

O OBRADOIRO VOCAL "A VILA" DE PONTEAREAS ACADA O 3º PREMIO NO XXVI CERTAMEN CORAL VILLA DE AVILÉS"

O Obradoiro Vocal "A Vila" de Ponteareas, que ensaia no noso colexio, vén de acadar o 3º premio no moi importante Certame Coral "Villa de Avilés", no que participaron grupos corais de gran calidade.

Dende esta web queremos felicitalos por deixar o nome de Ponteareas moi alto e polo traballo que están a facer pola música.

40remedios.blogia.com a Bitácora dos 40 anos do noso colexio

Acabamos de crear unha bitácora na que van aparecer diversas informacións e imaxes sobre os actos do 40º aniversario do noso Colexio.

Nela podes deixar o teu comentario sobre os 40 anos de historia do colexio.

Podes ir a el dende esta web ou entrando directamente na bitácora http://40remedios.blogia.com

RADIO FALADORA 36

Pinchando no seguinte enlace poderás escoitar o programa 36 de Radio Faladora a nosa Radio escolar. Este programa inclúe uns textos de alumnos/as de 6º co gallo do Día para a erradicación da violencia contra a muller.

http://www.box.net/shared/vve3seafvg

RADIO FALADORA 35

Pinchando no seguinte enlace poderás escoitar o programa nº 35 de Radio Faladora, a nosa Radio Escolar:

http://www.box.net/shared/jmoocjxbtn