Articles

RADIO FALADORA 34

Si pinchas no seguinte enlace poderás escoitar o programa 34 de Radio Faladora, a nosa Radio Escolar, emitido hoxe 12 de novembro no colexio:

http://www.box.net/shared/1qr2vf939f

RADIO FALADORA 33

Pinchando no seguinte enlace podes escoitar o programa 33 de Radio Faladora, a nosa radio escolar, emitido este xoves 5 de novembro no colexio:

http://www.box.net/shared/y4egkpb1q6

ORIENTAREMEDIOS O BLOG DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CON NOVIDADES

Nestes días estamos anovando o Blog do Departamento de Orientación (Orientaremedios) ao que podes acceder dende esta web. Durante este mes temos como tema na Escola de Familia Virtual os límites ou normas a aplicar cos nenos e nenas. Xa hai artigos interesantes, que podedes comentar.

RADIO FALADORA 32

Pinchando no seguinte enlace poderás escoitar o programa 32 de Radio Faladora, a nosa Radio Escolar, emitido no colexio este xoves 29 de outubro de 2009:

http://www.box.net/shared/hhdnr1sieo

COMEZAN AS EMISIÓNS DE NOVO DE RADIO FALADORA

Continuando co camiño iniciado o curso pasado este xoves 29 de outubro de 2009 comezan as novas emisións de Radio Faladora, a nosa Radio Escolar. Unha vez emitido o primeiro programa no colexio, poderedes escoitalo dende esta web.

NOVO PLAN DE MELLORA DA CALIDADE NO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

Este curso 2009-10, por 4º ano consecutivo, no noso colexio imos desenvolver un novo Plan de Mellora da Calidade. Neste caso trátase dun Plan para mellorar a competencia lingüística do noso alumnado mediante a utilización das TICs. Esperamos que resulte altamente motivador e que os resultados sexan moi positivos.

Supón un novo paso adiante dentro da ducación de calidade que queremos ofrecer no CEIP Nosa Señora dos Remedios.

Este Plan publicarase proximamente nesta web.

LOGO SEGUIREMOS COAS EMISIÓNS DE RADIO FALADORA

Xa queda pouco para iniciar as emisións de Radio Faladora, a nosa radio escolar, neste curso 2009-10. Igual que no curso anterior, os programas emitidos no colexio subirémolos a Internet para dende esta web poder escoitalos.

Estade atentos/as!!!!!!!!

Xa queda pouco!!!!!!!!

SECCIÓNS BILINGÜES NO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

Continuando co proxecto inciado no curso 2008-09, neste 2009-10 imos ter seccións bilingües en Plástica en todos os grupos do 2º ciclo de E. Primaria, polo que este ano todos os alumnos e alumnas de 3º e 4º de E. Primaria recibirán as clases de Plástica en Galego e Inglés.

Isto vén a supoñer un paso máis cara a unha educación moderna e de calidade no C.E.I.P. Nosa Señora dos Remedios.

PREVENCIÓN DA PEDICULOSE (PIOLLOS)

Neste inicio de curso xa apereceron novos casos de pediculose (piollos), polo que é necesario por parte de todos/as extremar as medidas de prevención e tratamento desta praga. Pinchando no seguinte enlace podedes atopar información sobre a prevención e o tratamento desta infección:

http://www.guiainfantil.com/salud/higiene/piojos.htm