LISTAXES DEFINITIVAS ADMISIÓN CURSO 2024/25

Hoxe, 15 de maio, publícanse as listaxes definitivas de admisión do alumnado que solicitou praza para o curso 2024/25. Poden consultalas no taboleiro interior do centro ou chamando ao teléfono 886110532.

Así mesmo, os solicitantes que teñan chave365, certificado electrónico ou DNI electrónico, poden consultalas no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ 

 

 O prazo para a formalización da matrícula vai dende o 20 ao 30 de xuño

 

SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024/25

Ábrese o prazo para solicitar o comedor escolar para o curso escolar 2024/25 dende o seguinte formulario web. O prazo para cubrir este formulario será dende o 14 ao 31 de maio. Soamente é para o alumnado actualmente matriculado no centro. O novo alumnado deberá solicitalo durante o período de matriculación, do 20 ao 30 de xuño.

 

O formulario web non envía correo de confirmación, soamente pon a mensaxe "Grazas, o seu envío foi recibido". O día 7 de xuño publicarase unha resolución provisional de todo o alumnado que solicitou este servizo e, se fose necesario, abrirase un prazo (10 a 14 de xuño) para volver a anotarse.

SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2024/25

Ábrese o prazo para solicitar o transporte escolar para o curso escolar 2024/25 dende o seguinte formulario web. O prazo para cubrir este formulario será dende o 14 ao 31 de maioSoamente é para o alumnado actualmente matriculado no centro. O novo alumnado deberá solicitalo durante o período de matriculación, do 20 ao 30 de xuño.

 

O formulario web non envía correo de confirmación, soamente pon a mensaxe "Grazas, o seu envío foi recibido". O día 7 de xuño publicarase unha resolución provisional de todo o alumnado que solicitou este servizo e, se fose necesario, abrirase un prazo (10 a 14 de xuño) para volver a anotarse.

Benvidos ao noso cole

Entrada principal

CEIP Plurilingüe Nosa Señora dos Remedios

1969-2019    50 anos formando para o futuro

Rúa Azorín, s/n. 36860. PONTEAREAS

Telf.: 886 110 532

Fax: 886 110 538

Correo:  ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.gal

Impresos para AUTORIZACIÓNS

Nesta entrada podedes descargar os impresos para diferentes AUTORIZACIÓNS:

Autorización recollida alumnado      Autorización sair sós    Autorización sair sós CON IRMÁNS

Períodos durante os que se poderán presentar as novas autorizacións ou modificación das existentes:

- mes de setembro

- 15 últimos días de xaneiro

- 15 últimos días de marzo

A PITA FALADORA 2023/24 - Nº45

Un ano máis, aproveitamos a Semana das Letras Galegas, para publicar a nosa revista. Como xa saberedes, este ano está adicado a Luisa Villalta.

A nosa Pita Faladora xa vai polo número 45 (fai clic), e este ano repite o formato integramente dixital. Froito das aportacións de alumnos, alumnas, mestres e mestras; o Equipo de Dinamización da Lingua Galega encargouse da súa maquetación. Agardamos que vos guste!!! A desfrutar deste día lendo.

   

OBRADOIRO CORPUS

O Corpus Christi de Ponteareas 2024 coas súas alfombras florais vén de ser declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

Onte os mozos de 5º e 6ºEP asistiron a un obradoiro para aprender como é o proceso de confección das alfombras e tamén coñeceron os materiais que se usan nesta noite máxica...

Xa se sente nas rúas da vila que chega o Corpus!

O DEPORTE PARALÍMPICO: SUSANA RODRÍGUEZ GACIO

O alumnado de 6ºEP, a partires da práctica de deportes paralímpicos na aula de Educación Física, de falar da muller do deporte e do pasado 8M, realizáronlle as seguintes preguntas á triatleta paralímpica viguesa SUSANA RODRÍGUEZ GACIO.

Dende aquí lle mandamos os nosos mellores desexos para os Xogos Paralímpicos de París 2024 e lle damos as grazas por adicarnos o seu tempo en dar resposta ás nosas inquedanzas.

DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Así traballaron os máis pequeniñ@s do cole hoxe o conto "Vivan as uñas de cores" para conmemorar o día mundial contra o acoso escolar e aprender que o respecto e a igualdade son uns valores indiscutibles.

SEMANA DO LIBRO

Que ben o pasamos nesta semana do libro!!

O Equipo de Biblioteca organizou a tradicional Feira do libro, fixemos marcapáxinas preciosos, os alumn@s de 6º puideron coñecer á escritora Esther Sestelo e, para clausurar a semana, a escola de música moderna de Ponteareas CDM nos ofreceu un concerto de jazz, onde dous dos alumnos máis destacados, Alberto e Daniel, improvisaron ao saxo e ao piano respectivamente. Ademais podemos dicir moi orgullosos que Berto e Dani son exalumnos da nosa escola e lles desexamos todo o mellor nas súas carreiras!

Moitas grazas a Esther Sestelo e a Carlos, director do CDM Ponteareas @centrodemusicamoderna por colaborar con nós.

Distribuir contido