Skip to Content

                              

Cursos anteriores + 2012/13 + 2011/12 + 2010/11 + 2009/10 + 2008/09

Samaín 2010

 

Durante a semana anterior á celebración do Samaín realizamos no centro numerosas actividades:

  • Concurso de cabazas traídas da casa. 
  • Os alumnos de terceiro ciclo realizaron un traballo de investigación sobre a orixe desta celebración a través dunha webquest. O resultado foi a elaboración dun cartaz. Os traballos presentados podédelos ver no blog do club de lectura de 3º ciclo.
  • Concurso de cabazas realizadas no cole.
  • Elaboramos un gran cartaz na entrada do colexio entre todos os alumnos e alumnas.
  • Pola tarde realizamos o baile dos esqueletos, interpretamos un repertorio de cancións en inglés para espantar os malos espíritus e fixemos entrega dos agasallos aos gañadores dos concurso.
  • Tamén visionamos dúas pelis sobre o samaín: Contos de Halloween de Disney e "Pesadilla antes de Navidad" de Tim Burton.

Ver reportaxe fotográfica. Imaxes da actividade

Día das bibliotecas

Día das bibliotecas

Para celebrar o día das bibliotecas escolares realizamos as seguintes actividades:

  • "Pegadas". Fixemos un camiño de pegadas polos corredores do cole en dirección á biblioteca nas que figuran libros que nos deixaron pegada.
  • Cofeccionamos os marcapáxinas que se utilizan para marcar nos andeis o lugar no que collimos os libros.
  • Aos máis cativos entregóuselle a mochila da Hora de ler que nos facilitou a Asesoría de Bibliotecas de Galiza e que utilizarán para levar os libros en préstamo ás súas casas.
  • Durante estas semanas realizáronse varias sesión de formación de usuarios de biblioteca con todos os alumnos do centro.

Ver reportaxe fotográfica Imaxes da actividade

Actividades complementarias e extraescolares

Na seguinte táboa reflictimos as actividades que realizamos no centro durante o curso 2010/11, para ler máis sobre cada actividade premede no seu nome e se premedes na cámara fotográfica veredes a reportaxe fotográfica da actividade:

MES

DÍA

ACTIVIDADE

DESTINATARIOS

 

Outubro

25

Día das Bibliotecas escolares

Todo o colexio

Imaxes da actividade

Outubro

29

Samaín

Todo o centro

Imaxes da actividade

Todo o curso

 

Oes, eu leo

3º ciclo

Imaxes da actividade

Novembro

11

O magosto

 Todo o centro

Imaxes da actividade

Novembro

19

Día Internacional da Infancia

 2º e 3º ciclo

Imaxes da actividade

Novembro

25

Campo a través

 2º e 3º ciclo

Imaxes da actividade

Decembro

 

Xogos populares

 2º e 3º ciclo

Imaxes da actividade
Decembro 15 Día Int da descapacidade Todo o centro
Imaxes da actividade
Decembro 22
Festival de Nadal Todo o entro Imaxes da actividade
Febreiro 1
Xogos Populares 2º e 3º ciclo Imaxes da actividade
Febreiro  1 Día da Paz Todo o centro Imaxes da actividade
Febreiro  3 Campo a través 2º e 3º ciclo Imaxes da actividade
 Febreiro  22 Cine 3D: "Enredados"
Todo o cole
Imaxes da actividade
 Febreiro  25 Deporte en Amoeiro
2º e 3º ciclo
Imaxes da actividade
 Marzo  2 Abrapalabra Todo o centro
Imaxes da actividade
Marzo 1/4 Semana entroido Todo o centro Imaxes da actividade
Marzo 4 Desfile entroido Comunidade educativa Imaxes da actividade
Marzo 10 Prevención de Incendios 2º e 3º Ciclo Imaxes da actividade
Marzo 21 Día da Poesía Todo o centro Imaxes da actividade
Marzo 24 Convivencia Intercentros Todo o centro Imaxes da actividade
Marzo 25 Día da árbore Todo o centro Imaxes da actividade
Marzo 30 VI torneo de balonmán 3º Ciclo Imaxes da actividade
Abril 4 Concurso de Galego Todo o centro Imaxes da actividade
 Abril  14 Día Mundial do Libro Todo o centro
Imaxes da actividade
 Abril 14
Obradoiro sobre drogas 2º e 3º ciclo
Imaxes da actividade
Abril 29 Contacontos Kalandraka Todo o centro Imaxes da actividade
Maio 4 Xogando ao atletismo 2º e 3º ciclo Imaxes da actividade
Maio 9 Correlingua Todo o centro Imaxes da actividade
Maio 16 Día das Letras Galegas Todo o centro Imaxes da actividade
Maio 24 Viaxe ao zoo e praia Todo o centro Imaxes da actividade
Maio 25 Programa da TVG Todo o centro Imaxes da actividade
Maio 31 Andaina a Moldes Todo o centro Imaxes da actividade
Xuño 17 Festa Fin de curso Todo o centro Imaxes da actividade
Xuño 21 Festival Fin de Curso Todo o centro Imaxes da actividade

Termas de Ourense

O venres 21 de maio fixemos unha excursión a Ourense para relalizar unha andaina  visitando as diferentes termas que se encontran na ribeira do Miño.

Comezamos a andaina na ponte romana e rematamos nas termas públicas de Outariz, disfrutando das súas augas todos o alumnado e profesorado.

Estes foron os espacios termais cos que nos atopamos:

Educación Vial

O venres, 14 de maio, asistimos a ExpoOurense para participar no programa de Educación Vial do concello de Ourense.


 Foi unha xornada moi especial, porque ademais de aprender cousas sobre as normas de circulación: sinais, semáforos, condución... practicamos no circuíto con bicicletas e coches de karts eléctricos.Foi unha experiencia fenomenal que esperamos repetir para o próximo ano.


Podedes ver máis imaxes na galería do centro


 


V edición torneo balonmán

O mércores 12 de maio celebramos no pavillón Paco Chao do Carballiño a V edición do torneo de balonmán que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro.

Participamos no torneo os equipos dos colexios de Beariz, Boborás, Amoeiro e O Irixo  e a competición tivo un formato de liguilla: xogamos todos os equipos contra todos. O xogo desenvolvido polos participantes foi de gran calidade, levándose o trofeo de campión os pupilos de Beariz nun partido trepidante ante o equipo de Amoeiro.

O resto de resutados e clasificación podédeslo ver na seguinte ligazón.

 Podedes ver máis imaxes na galería do centro

 

Día da poesía

Na semana seguinte ao 21 de marzo realizamos en todas as aulas talleres de poesía no que participou todo o alumnado do centro.

O equipo de biblioteca encargousse de seleccionar os mellores poemas de cada curso. Os autores dos poemas gañadores recitaron na biblioteca, ante todo o colexio, os seus traballos con gran solemnidade.

Con todos os poemas, elixidos ou non, fixemos un libro que pasa a formar parte dos fondos da biblioteca. Algúns deles serán incluídos no xornal escolar.

 

Podedes ver máis imaxes na galería do centro

Xogos populares

Durante o 2º trimestre desenvolveuse no colexio un obradoiro de xogos populares a cargo dos animadores da Fundación Xaquín Lorenzo que un ano máis nos sorprenderon coa posta en escena de diferentes xogos aos que xogaban os nosos paiss e avós.

Foron tres xornadas inolvidables. Xa estamos desexando que chegue o próximo curso...

 

Podedes ver máis imaxes na galería do centro

Desfile de disfraces 2010

Durante toda a semana do entroido celebramos esta festa no colexio. Este ano como novidade o xoves de comadres toda a comunidade educativa apareceu disfrazada no centro con disfraces de libre elección.

O venres de entroido foi a culminación de toda a semana carnavalesca, onde o acto principal foi o desfile que realizamos por todo o pobo de Boborás. Este ano a temática foi o conto de "O soldadiño de chumbo": uns escolleron ir de soldadiños e outros de bailarinas.

Como en anos anteriores, ao finalizar o desfile toda a comunidade educativa estivo envitada a unha gran chocolatada.

 Podedes ver máis imaxes na galería do centro

Obradoiro sobre o millo

A través da Consellería de Cultura e coordinados polo ENDL, realizamos no centro un Obradoiro sobre os  cabaceiros. O ponente informou ao alumnado de todo o relacionado co cultivo do millo e os diferentes modelos de cabaceiros (canastros) que hai na xeografía galega.

Moitos dos nenos descoñecían multitude de datos de este cereal que na nosa comarca apenas se cultiva. Tamén manipularon todas as ferramentas que son necesarias para o seu cultivo e a súa transformación en fariña. Pero o que lles chamou máis a atenciín foron as maquetas de cabaceiros feitas polo  ponente. 

Podedes ver máis imaxes na galería do centro

Distribuir contido


by Dr. Radut