Convivencia intercentros
O día 24 de marzo celebramos no noso centro unha nova edición da Convivencia Intercentros que vimos realizando os colexios de Beariz, O Irixo e Boborás.
Este ano a participación superou o centear de persoas. Realizáronse actividades diferentes, atendendo a idade do alumnado:
Os mais cativos:
- Unha sesión de contacontos, a cargo de Esperanza e Mar, mestras do CEIP Virxe Pena da Sela, que resultou ser espectacular.
- Estacións de Xogos colaborativos nas instalacións exteriores do centro.
- Actividades predeportivas nos que se mesturaron os compoñentes dos equipos dos tres coles.
Os máis grandes:
- Torneo triangular de fútbol sala nas seguintes categorías:
- Benxamín masculino: Gañador o equipo de Boborás.
- Alevín masculino: Gañadores os equipos de Beariz e o Irixo.
- Feminino. Gañador o Equipo do Irixo.
- Prebenxamín. Gañador o equipo de Boborás.
Unha vez finalizada a actividade deportiva gozamos dunha xornada gastronómica, na que, ademais das viandas, compartimos impresións cos nosos veciños e futuros compañeiros no IES Chamoso Lamas.
Xa estamos desexando que teña lugar outra edición desta Xuntanza!!
Imaxes das actividades da Convivencia