Skip to Content

2010/11

Andaina a Moldes

O último día de maio fixemos outra andaina ata o pobo de Moldes.
Fomos camiñando ata o área recreativa. Como medida de seguridade levamos postos os chalecos e reflectantes que nos regalou a Xefatura de Tráfico.

Chegamos ao destino previsto despois dunha hora de camiñada, que este ano se fixo máis duro pola calor que nos acompañou todo o tempo.
Unha vez que colocamos todas as cousas realizamos diversos xogos e disfrutamos das instalacións do parque. Os máis grandes xogamos ao fútbol, para non variar, e disputamos un partido moi especial: Barcelona-Real Madrid, que esta vez si que gañou o Madrid.

Témolo que repetir!!

Imaxes da Andaina a Moldes

Un mundo de Nenos

O día 25 de maio tivemos no centro unha visita moi especial, nin máis nin menos que a equipa de gravación do programa da TVG "Un mundo de nenos" que se emitirá a partir de setembro.

Do noso centro foron seleccionados dous nenos e dúas nenas que deron unha visión moi peculiar do panorama deportivo español, entre outras cousas.

Os alumnos que nos representarán no programa son Sara, Hector, Álvaro e Paula, todos eles de segundo Ciclo.

Así que xa sabedes: non vos podedes esquecer de por a TV galega no mes de setembro para ver aos novos artistas que acaban de xurdir das nosas aulas...

...quen sabe!!! ao mellor vémolos de protagonistas nalgunha serie da TVG!!

 

Imaxes da gravación

Xogando ao atletismo

O día 4 de maio participamos na actividade de Xogando ao atletismo que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro no pavillón do Paco Chao de Carballiño.

Os equipos participantes foron os mesmos que os do ano pasado. A moitos dos deportistas xa os coñecíamos doutros deportes, polo que resultou ser unha xornada de reencontro e convivencia con antigos amigos.

Acadamos un terceiro posto en alevíns e un carto posto en benxamíns.

As clasificacións don as seguintes;

  • Categoría benxamín.
  • Categoría alevíns.

 Imaxes das actividades de Xogando ao atletismo

Letras Galegas 2011

O día 16 de maio celebramos no centro o Día das Letras Galegas que este ano se adicou ao poeta monfortino Lois Pereiro. Aproveitamos esta data para facer entrega dos premios do concurso de cartaces que convocará a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística da comarca do Carballiño.

Tamén fixemos a entrega dos premios aos dous mellores lectores de cada Ciclo durante este segundo cuatrimestre.

Para finalizar realizamos unha lectura en voz alta dos cartaces gañadores do concurso que convocara a Xunta de Galiza sobre a figura de Lois Pereiro.

 

 Imaxes das actividades do Día das Letras Galegas

Correlingua 2011

O luns 9 de maio participamos na gran festa final do Correlingua que este ano, por primeira vez, se celebrou na vila do Carballiño grazas a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística, á cal pertencemos, e a colaboración ofrecida polo Concello do Carballiño.

Foi unha xornada lúdico-festiva en apoio da nosa lingua con actividades para os máis cativos e para o alumnado máis grande. Ao finalizar as actividades, quedámos a xantar no Parque de Carballiño completando así unha xornada de festa e convivencia.

Se premedes na imaxe teredes acceso á reportaxe fotográfica.

Correlingua 2011

O Correlingua é unha actividade que se celebra de xeito regular desde o curso 2000-2001, consistente en diferentes carreiras que se celebran en 15 vilas de Galiza, e na que se prevé unha participación de 45.000 rapaces e rapazas procedentes de 400 centros educativos de todo o País.

O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Confederación Intersindical Galega – Ensino (CIG-Ensino), a Mesa pola Normalización Lingüística, e os Concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, e conta tamén coa colaboración das Deputacións de Lugo, A Coruña e Ourense, así como os distintos concellos das comarcas onde ten que ten lugar a actividade.

Este ano a Coordinadora de END da Comarca do Carballiño organizamos o Correlingua na vila do Carballiño contando coa colaboración de diferentes organizacións e asociacións da zona.

O programa a desenvolver será o seguinte:

  • 10:30 Recepción dos colexios no Parque do Carballiño.
    • 11:00  Saída da carreira/paseo polas rúas do Carballiño. Circuíto pechado ao tráfico rodado.
    • Saída: Avda. do Parque, R. Calvo Sotelo, R. Mosquera, R. Rosalía de Castro, R. Curros Enriquez, R. de Lamas, e chegada á Praza Vermella.
    • 11:30  Na praza do Concello: (Alumnado de Ed. Infantil e 1º Ciclo de EP.
    • Lectura de manifesto gañador (adaptado)
    • Lectura de gañadores do concurso de cartaces da CENDL do Carballiño.
    • Espectáculo de títeres, duración de 50 minutos.
    • 11:30  Na praza vermella:
    • Recepción dos participantes. (Visionado dos traballos do alumnado participante no Correlingua).
    • Lectura do manifesto gañador. “En galego sempre somos” grupo “Palabra de lebre” do IES Agra de Leborís ( A Laracha).
    • Lectura dos gañadores no concurso de adhesivos do Concello do Carballiño.
    • Lectura dos gañadores no concurso de cartaces para fomento do emprego do galego da CENDL da comarca do Carballiño.
    • Espectáculo de maxia a cargo de Martín Camiña.
    • Actuación dun dos gañadores do cantalingua:
      • Zënzar : “ O mundo ao revés”.
      • Som do Galpom: “Antes de pequeno”.
      • Sacha na Horta: “Galiza chamiza”.

Documentos para descargar:

Día Mundial do Libro 2011

O xoves 14 de abril celebramos o Día Mundial do Libro. Adiantamos a data por coincidir este ano nas vacacións de Semana Santa.

Este ano volvemos a convocar unha nova edición do concurso de banda deseñada para toda a comunidade educativa. Previamente fixeramos obradoiros nos diferentes ciclos para iniciar e perfeccionar esta técnica de expresión ( segundo Kiko da Silva, arte) que tanto gusta aos cativos e non tan cativos.

O xurado tivo problemas para elixir os mellores traballos, xa que a calidade dos mesmos foi moi boa. Para poder gozar coa lectura de todos eles, elaboramos un libro que pasará a engordar os fondos da biblioteca.

Tamén fixemos entrega dos premios aos mellores lectores do trimestre: como o nivel acadado en lectura por todo o alumnado foi excelente, decidimos regalar un libro, a todos os alumnos e alumnas lectores, de Pepe Carreiro, titulado "O segredo do Carballiño" da colección  "Os Bolechas van de viaxe".

Para finalizar o acto, agasallamos a toda a comunidade educativa cos marcapáxinas que nos regalou a Asesoría de Bibliotecas titulado "O lugar de lectura" e que leva impreso un poema de Carlos Negro.

Na semana previa á celebración elaboramos un mural de lectura onde cada neno dibuxou a portada dun libro favorito.

 
   
Premiados no concurso de banda deseñada   

 

 Imaxes das actividades do Día Mundial do Libro

Concurso de debuxo "Ilustrando una sonrisa"

Noelia Alonso Cordeiro de Ed. Infantil foi a gañadora do concurso "Ilustrando una sonrisa" que convocou a clínica dental Santo Domingo do Carballiño.

Asemade, grazas ao seu traballo, o noso centro gañou un televisor de última xeración que será colocado na aula de audiovisuais.

Parabéns para Noelia!! e para todos os que non resultástedes premiados, xa que o nivel dos traballos foi moi bo.

 

Día da árbore

O día 25 de marzo celebramos o Día Mundial da Árbore no noso cetro.

Contamos coa presencia dun técnico da Consellería de Medio Ambiente que nos agasallou con diversas especies arbóreas e con materiais publicitarios como lápices, comics...

Tamén colocamos dous niños nas copas de árbores do xardín do centro.

Entre todos, prantamos as árbores no xardín do patio escolar, seguindo os consellos do técnico. Agora só resta coidalos ao longo do curso, para que crezcan ao igual que o facemos nós.

 Imaxes das actividades do Día da Árbore

 

Convivencia intercentros

O día 24 de marzo celebramos no noso centro unha nova edición da Convivencia Intercentros que vimos realizando os colexios de Beariz, O Irixo e Boborás.

Este ano a participación superou o centear de persoas. Realizáronse actividades diferentes, atendendo a idade do alumnado:

Os mais cativos:

  • Unha sesión de contacontos, a cargo de Esperanza e Mar, mestras do CEIP Virxe Pena da Sela, que resultou ser espectacular.
  • Estacións de Xogos colaborativos nas instalacións exteriores do centro.
  • Actividades predeportivas nos que se mesturaron os compoñentes dos equipos dos tres coles.

Os máis grandes:

  • Torneo triangular de fútbol sala nas seguintes categorías:
    • Benxamín masculino: Gañador o equipo de Boborás.
    • Alevín masculino: Gañadores os equipos de Beariz e o Irixo.
    • Feminino. Gañador o Equipo do Irixo.
    • Prebenxamín. Gañador o equipo de Boborás.

Unha vez finalizada a actividade deportiva gozamos dunha xornada gastronómica, na que, ademais das viandas, compartimos impresións cos nosos veciños e futuros compañeiros no IES Chamoso Lamas.

Xa estamos desexando que teña lugar outra edición desta Xuntanza!!

 

 Imaxes das actividades da Convivencia

Distribuir contido


by Dr. Radut