Skip to Content

Secretaría

MÁSCARAS

USO DA MÁSCARA NOS PATIOS DOS CENTROS EDUCATIVOS

 

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos - 18/03/2022

          O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.

                  O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con alomenos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde. Así mesmo, o 41,1% dos menores de 12 anos contan coa pauta completa, 13 puntos por riba da media de España.

Moitas grazas pola súa colaboración

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022-23

Desde o día 1 de marzo, e ata o 21  do mesmo mes, está aberto o prazo de solicitude de praza no noso centro para novo alumnado ou procedente doutros centros educativos (a partir do día 20 de marzo a Sede Electrónica non admitirá a presentación de solicitudes para este procedemento). Por mor da previsión de matrícula, para o próximo curso, non deixen a solicitude de praza para última hora.

O procedemento está regulado pola normativa seguinte:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

PRAZOS

Prazo de presentación de solicitudes: Do 1 ao 21 de marzo de 2022.

Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido: antes do 25 de abril.

Prazo de reclamación contra a listaxe provisional: no  prazo de cinco días hábiles posteriores á resolución provisional.

Publicación de listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: antes do 15 de maio.

Formalización da matrícula: Do 20 ao 30 de xuño.

    Vacantes ofertadas para o curso 2022/2023 (publicaranse 28 de febreiro)

DOCUMENTOS:

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2022-23

Desde o 11 de xaneiro, e ata o 8 de febreiro, está aberto o prazo de Reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES Manuel Chamoso Lamas. Dito alumnado, deberá presentar no noso centro:

    ANEXO I debidamente cumprimentado, ou ANEXO I en liña.
    Fotocopia do DNI.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (01 de marzo de 2022).

Se non desexa solicitar praza en dito instituto, pero presentou o ANEXO I,  deberá facelo constar por escrito no IES Manuel Chamoso Lamas antes do inicio do proceso de Admisión. Posteriormente deberá solicitar praza noutro centro entre o 1 e o 20 de marzo, entregando o ANEXO II, debidamente cumprimentado, no centro que desexe continuar os seus estudos.

O resto do alumnado, desde Ed. Infantil ata 5º Ed. Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten Reservada praza de oficio no centro polo dereito de Permanencia. Se decide solicitar praza noutro centro ten que achegarnos unha copia da solicitude de admisión entregada nese novo centro.

LISTAXE DE ADMITIDOS PROVISIONAL E DEFINITIVA

A listaxe de admitidos no CEIP Xuvencos para o curso 2021/2022 estará publicada no taboleiro de anuncios do colexio.

Todos os alumnos/as que solicitaron a praza están admitidos/as.

Existe un prazo de 5 días de reclamación.

Antes do 15 de maio publicarase a listaxe definitiva.

 

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

Boborás 26 de abril de 2021

CAMBIO HORARIO

 

A comunidade educativa do CEIP NOSA SEÑORA DE XUVENCOS

quere comunicar a todas as familias que nos concederon a xornada

continua para o vindeiro curso.

 

O novo horario será de 9:30 h a 14:30 h (setembro e xuño

incluidos) e o comedor será de 14:30 h a 16 h (con recreo incluído)

Distribuir contido


by Dr. Radut