Benvid@s á web do CEIP Xuvencos de Boborás. Nesta páxina podedes atopar información acerca do centro, así como recursos e actividades que se irán facendo ao longo do curso. Esperamos que vos guste!
Xa están publicadas as instrucións de comedores para o curso 23/24. Podedes recoller o impreso no colexio para cubrilo ou descargalo dende aquí e entregalo no colexio. O horario do centro é de 10:00 a 13:30
Queda publicada no interior do edificio do CEIP Xuvencos a listaxe de fondolibros e vales de material para o curso 2023/24. Recordade que debedes pasar a recoller estos vales a partires da semana próxima polo colexio.
Queda publicada no interior do edificio do CEIP Nosa Señora de Xuvencos, a listaxe provisional de fondolibros e material escolar para o curso 23/24. Tedes dous dias para unha posible reclamación ou correxir erros. Para calquera aclaración ou información, podedes chamar por teléfono ao colexio.
O 21 de xuño, todo o alumnado do centro xunto cos mestres e varias familias que se animaron, fíxose unha andaina a Moldes para despedir o curso escolar. Esta saída contou cunha visita ao Pazo Tizón por parte do alumnado de 2º ciclo de primaria e outra visita á casa de Antón Losada Diéguez, polo alumnado de 3º ciclo. Despois fixéronse xogos ao aire libre e houbo momento de ocio. O ciclo de educación infantil, voltou en autobús e o resto fíxoo camiñando de volta cara o centro. Unha vez alí tivo lugar a entrega de notas nas distintas titorías e o xantar no comedor.
O 25 de abril retomouse a Xornada de Convivencia Intercentros que xa levaba dende o ano 2019 sen realizarse por mor da Covid 19. Os centros convidados (San Amaro, Irixo e Beariz) chegaron ás 10:00 horas e participaron das actividades que estaban organizadas: entrega de chapas personalizadas para todos/as os/as asistentes, realización de xogos e talleres (creación de instrumento con material reciclado, batucada, actividades deportivas, actividades de percusión con Boomwhackers, realización dun mural con tapóns, xogos co paracaídas, xogos con globos...). Asistimos á actuación de Magín Blanco no comedor. Fixemos a canción e a coreografía do “Recicla, recicla” no patio dianteiro do centro. A comida fíxose entre o patio cuberto novo e o patio de infantil e para rematar, fixemos fotos de todos os asistentes no photo call que se elaborou para tal evento. Entre as 15:00 e as 15:30 os colexios convidados marcharon para os seus destinos.