A plataforma para a defensa da Sanidade Pública de O Carballiño, convoca de novo unha mobilización, "cacerolada" incluída, o vindeiro domingo 14 de xaneiro en O Carballiño, polo restablecemento do servizo de pediatría na comarca.
Neste caso, a saída será ás 12.30 horas na Praza do Emigrante (xunto á pista vermella) e rematará no centro de saúde.
A atención pediátrica é un servizo esencial e necesario en toda comunidade ou sociedade que se prece actual e comprometida coa conciliación familiar así como coa procura dun grado mínimo de calidade de vida, saúde e benestar social.
A dirección
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Mobilización cacerolada 14 xaneiro pediatras xa.pdf | 253.04 KB |