Queridas familias, queremos convidarvos a reunión xeral de principio de curso que terá lugar o vindeiro martes 10 de setembro as 16:00 h no colexio. Teremos unha breve presentación do claustro de profesorado e a continuación cada familia subirá as titorías correspondentes.
O venres 21 de xuño fixemos a nosa tradicional Andaina a Moldes dende o colexio. Todo o alumnado de educación infantil e 1º, 2º e 3º de educación primaria sairon as 10 h da mañá. O resto do alumnado, 4º, 5º e 6º de educación primaria saíron un pouco antes para facer unha ruta circular dende Moldes ata Castro Cavadoso.
Nesta saída participou toda a comunidade educativa pertencente ao colexio. Foi unha xornada de convivencia moi especial, con xogos, merendola,... para despedir o curso escolar.
Nos seguintes videos podedes ver algúns dos momentos desa xornada.
Esta formación foi dirixida ao alumnado dende 1º a 5º de educación primaria en dous obradoiros que tiveron lugar pola mañá en horario lectivo e 4 horas pola tarde para o profesorado do centro.
No seguinte video podedes ver algúns momentos desa formación.
O 5 de decembro celebramos no centro o DÍA DA DISCAPACIDADE. Viñeron da asociación ASPADISI a contarnos o conto "Mi hermana Lola" para o alumnado de segundo e terceiro ciclo de educación primaria. O alumnado fíxolle preguntas sobre a discapacidade e as actividades que se facían na asociación.
Despois trouxeron xogos populares feitos polas persoas que acoden á asociación e xogaron co alumnado do colexio.