Skip to Content

                              

Novas

PROGRAMACIÓN SAMAÍN

Luns 2 de novembro día non lectivo

 

NOTA INFORMATIVA

COMUNICAMOS ás familias que o vindeiro luns 2 de novembro é día non lectivo polo que non haberá clases. Retomaremos as clases o martes 3 de novembro.

Este festivo está autorizado pola Consellería de Educación en base ao artigo 7 da ORDE do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Boborás, 29 de outubro de 2020

 

O director

Javier Álvarez

INFORMACIÓN COVID-19

Nos últimos días coñecemos a existencia de dous positivos no grupo de pais e nais colaboradores do comedor e de catro positivos no alumnado.

Desde o centro, estase a actuar segundo o protocolo, con adecuación e proporcionalidade así como coa maior coordinación posible coas autoridades sanitarias e educativas.

Como consecuencia, seguindo as instrucións recibidas polas devanditas autoridades, illáronse aqueles membros da comunidade educativa, neste caso, pais e nais colaboradores do comedor e alumnado, por ser contactos estreitos. Todas estas persoas foron, de acordo ó protocolo, informadas e comunicadas adecuadamente.

Pregamos, desde o centro, que continuemos a extremar as medidas de precaución e de seguridade por parte de todos e todas e facemos un chamamento á prudencia e á normalidade para garantir o bo funcionamento do centro educativo.

Ante calquera dúbida, lembramos a conveniencia de solventala directamente co centro, a través do correo electrónico, do teléfono e, de non ser posible, presencialmente, con cita previa.

Moitas grazas.

Un saúdo.

 

Boborás, a 16 de outubro de 2020

O director

 

Javier Álvarez

NOTA INFORMATIVA

A adaptación a este curso tan atípico e delicado está a complicar en exceso as labores docentes e de garda do alumnado en servizos como o comedor escolar.

Debido á situación excepcional pola Covid-19 e por falta de recursos de espazo, atendendo a criterios de adecuación e de seguridade, agradecemos ás familias que, no caso de que sexa posible, recollan ás 14:30 h ós fillos e fillas que coman no 1º turno de comedor.

As familias que teñan fillos/as nos dous turnos non estarían afectadas por esta nota informativa.

 

Boborás, 25 de setembro de 2020.

PLAN DE ADAPTACIÓN AO COVID19

HORARIO DO CENTRO

LEMBRÁMOSVOS QUE CAMBIAMOS O HORARIO DO COLEXIO, O NOVO HORARIO É:

TODOS OS DÍAS DE 9:30 A 14:30: HORARIO LECTIVO

14:30 A 16:00: COMEDOR

(TENDE EN CONTA O QUE VOS EXPLICAMOS NAS REUNIÓNS DESTA SEMANA, QUE FACEMOS DOUS TURNOS DE COMEDOR E QUE ROTAMOS OS CURSOS PARA QUE NON PERDAN A ÚLTIMA SESIÓN SEMPRE OS MESMOS).

 

ESTA SEMANA (10-11 SETEMBRO) COME NO 1º TURNO (13:40 H): INFANTIL, SEGUNDO, TERCEIRO E QUINTO. E NO SEGUNDO TURNO (14:30 H): PRIMEIRO, CUARTO E SEXTO.

A SEGUINTE SEMANA (14-18 SETEMBRO) COME NO 1º TURNO (13:40 H): INFANTIL, PRIMEIRO, CUARTO E SEXTO. E NO SEGUNDO TURNO (14:30): SEGUNDO, TERCEIRO E QUINTO.

E ASI IRIAN ROTANDO AS SEMANAS SEGUINTES.

 

COMEZO DO CURSO ESCOLAR

Segundo a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Orde do 25 de xuño de 2020 establece o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes   sostidos   con   fondos   públicos   na   Comunidade   Autónoma   de   Galicia.   A   disposición adicional   terceira   da   citada   orde   autoriza   á   persoa   titular   da   Dirección   Xeral   de   Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para ditar as disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento e a execución desta orde.

En   virtude   da   citada   disposición   e   co   fin   de   facilitar   a   incorporación   do   alumnado   nos   centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/21 e a adaptación ás Instrucións polas que se incorporan a declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública aprobadas polo Consejo Interterritorial do Sistema Nacional de Salud Pública (DOG nº 174 bis do 28-08-2020)e a actualización das recomendacións sanitarias do Comité Clínico ao protocolo do 22 de xullo de adaptación ao contexto da Covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso2020-2021,

DISPOÑO:

Punto único. Incorporación gradual do alumnado

1. O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil, 1º, 2º e 3º curso de educación primaria e educación especial.

2. O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

GRADUACIÓNS DE 6º DE EDUCACION INFANTIL E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

VIDEO DE RECORDO DO PASO POLA ETAPA DE

EDUCACIÓN INFANTIL

 

 

 

 

NOTA INFORMATIVA

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020/2021

PINCHA NA IMAXE PARA ACCEDER AO LISTADO DE TODOS OS CURSOS OU NO FICHEIRO ADXUNTO

Distribuir contido


by Dr. Radut