Skip to Content

                              

Blog de 4º de E.I.

Programas de Radio de 3º e 5º de ED. Primaria : obradoiro con Iago Gordillo

Este pasado luns día 12 o alumnado de 3º e 5º de ED. Primaria tivo a terceira sesión( desta volta online) do obradoiro  de radio que desenvolveron con Iago Gordillo.

A primeira das sesións foi telemática, a segunda para poñer a andar os seus programas tivemos a sorte de ter a Iago no noso centro.

E posteriormente editou, "puliu" e preparou o resultado final dos mesmos, este luns día 12 de xeito telemático tamén, comentou co alumnado e titoras de 3º e 5º sobre o proceso, o resultado e escoitaron tamén os audios definitivos.

 

Foi unha experiencia interesantísima, na que o alumnado tivo que traballar en equipo, guionizar, preparar, seleccionar melodías, facer a escaleta... entrevistar...

 

Aquí vos queda o resultado final de ambas aulas:

 

 

 

 

 

 

 

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO ED. INFANTIL: LALIN-PDI LAXEIRO

Como sabedes , o alumnado de ED. Infantil estamos facendo un PDI sobre o homenaxeado no día das  ARTES GALEGAS 2022: PDI LAXEIRO

 

Como culmen ao noso proxecto, e tendo en conta a terra natal de Laxeiro, pareceunos interesante e oportuno facer a nosa excursión de fin de curso a LALÍN e poder ver algunhas das súas obra en directo.

 

En primeiro lugar fomos ao Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa (queremos agradecer ao persoal do museo , as actividades que nos tiñan preparadas, e o bo facer para que disfrutásemos da exposición sobre Laxeiro) , ademais de ensinarnos o observatorio . 

 

Despois da visita, e coller forzas merendando, fomos ao Pazo de  Liñares. onde, ademais de poder desfrutar do mesmo visitamos as exposicións sobre o Xoguete e a Marioneta ( que lles fascinou)

 

Xantamos no Pazo, e despois houbo un momento para poder xogar, e por último, autobús e para o colexio.

 

Pasárono xenial, desfrutaron moito, pudieron ver obras do autor sobre o que traballamos e o museo do xoguete e a marioneta encantoulles.

Agradecemos tamén á profe Mercedes, oriunda de Lalín que organizase gran parte da excursión, e tanto ao persoal do Museo , coma ao do Pazo a boa acollida.

 

Quedan aquí unhas poucas fotos do día tan intenso que viviron:

 

 

 

 

VISIONADO DA PELÍCULA "VALENTINA "

Onte visionamos a película "VALENTINA" no comedor do noso cole. 

Durante a semana estivemos falando da película, e traballando na unidade didáctica que nos facilitaron.

E onte o alumnado de ED. Infantil ata 3º de ED. Primaria desfrutou do visionado da mesma.

 

Aquí vos queda o "tráiler oficial da película"

 

 

E antes de ver a película... posaron para a foto

 

A clase de 3 anos: 

 

 

A clase de 4 anos: 

 

 

E a clase de 5 anos:

 

 

Despois apagáronse as luces... coma no cine!! 

 

 

E aquí están todos e todas... ao rematar a película!!

 

 

CANCIÓNS NOVAS PARA A ASAMBLEA EN PRIMAVERA

Onte comezou a Primavera, con este cambio de estación , tamén cambiamos algunhas das nosas cancións para as "rutinas" da Asamblea .

Así a partir de hoxe:

 

 

 A PRIMAVERA

 

 

MUSICOGRAMA PRIMAVERA DE VIVALDI

 

 

 

 

COS PÉS NA TERRA DE PACO NOGUEIRAS

 

 

 

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2022: LAXEIRO

En ED. Infantil imos facer un PDI  (Proxecto Documental Integrado) en relación ó día das ARTES GALEGAS 2022 , que este ano está adicado ao artista LAXEIRO

Para introducir a  temática , o primeiro que temos que facer é saber que é un museo. E tamén falamos de qué é a arte... 

Para iso, despois de preguntar se alguén sabe o que é un museo, e obter distintas respostas,  visionaremos dous vídeos:

                              

 

                               

 

 

E por último esta pequena presentación elaborada por nós cunhas pequenas nocións do que podemos atopar nun museo:

 

ESTAMOS NO OUTONO

Hoxe comeza o outono.

 

 

 Quedan aquí  tamén dúas das cancións relacionadas coa estación na que estamos,

que escoitamos en clase:

 
 
O OUTONO XA SE ACERCA 
 
 
 
 
O OUTONO- UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA 
 
 
 
 

PROMOCIÓN ED. INFANTIL 2018-2021

A clase de 5 anos,  remata a súa andaina en ED. Infantil.  Aquí queda unha pequena ( 9 minutos!!!!) escolma fotográfica das cousiñas que fixemos ao longo destes 3 cursos. Agardamos que o desfrutedes , tanto coma nós cando o vivimos.

E agora a desfrutar do verán!!!

 

 

 

O UNIVERSO EN 6º DE ED. INFANTIL

O pasado trimestre o alumnado de 6º de ED. Infantil estivo indagando e aprendendo cousas sobre o universo a través dun PDI

Investigaron a través dos libros da biblioteca, de internet e tamén visionaron varios vídeos informativos... a información deste proxecto , está recollida noutra das entradas : O UNIVERSO 

 

A pasada semana subiron ao "Espazo maker" do noso centro , onde está localizada a radio escolar : RADIO XUVE, para compartir un pouco as súas impresións e o que máis lles gustou do proxecto. Aquí deixamos as súas impresións, agradecemos ao profe Javi que nos acompañou na nosa incursión na radio. 

 

 

APRENDENDO SOBRE O UNIVERSO NA CLASE DE 5 ANOS

 
O primeiro foi ver un pouco o que xa sabíamos, e despois averiguar cales eran as nosas curiosidades.
 
A temática é moi extensa, polo que nos centramos especialmente no SISTEMA SOLAR
 
Tamén falamos da vía láctea, dos satélites artificiais e naturais , os robots que recollen mostras, astronautas... 
 
Estamos facendo fichas relacionadas coa materia, para reforzar o que imos aprendendo. E deixar voar a nosa imaxinación....
 
Ademais como nos gusta moito a música, xa temos a canción do noso proxecto:
 TELESCOPIO HUBBLE do grupo Lori Meyers 
 
 
                          
 
Algúns dos libros da biblioteca do cole , da sección de "consulta" foron para a nosa aula, para seguir investigando... 
 
Na "hora de ler"  esta semana afondamos no conto "Caer de cu polo Universo" de Apiario
 
Aquí vos quedan algúns dos vídeos que miramos na aula:
 
Un paseo polo Sistema Solar, con características de cada un dos planetas, gustoulles moito (vímolo en varias sesións, porque é un pouco longo) : 
 
 
 
 
 
Este da mesma temática pero moito máis curto:
 
 
 
 
O universo:
 
 
 
Outro dos temas que tratamos, foi o dos satélites: tanto naturais ( a lúa) ou artificiais ( que nos axudan a obter informacíon e fotografías sobre o espazo exterior)
 
 

                            

 
Aínda nos quedan algunhas dúbidas por resolver, e para a semana imos traballar co globo terráqueo para entender mellor qué da lugar ao día e á noite, porque todos sabemos que o SOL é unha estrela, que alumea, pero non se move. Movémonos nós!!!!!!!
 
SEGUIREMOS INFORMANDO. 

XOGANDO COS LEDS EN ED. INFANTIL ( CODE WEEK)

 

 
 
 

 

 

Nestas datas celébrase a semana da programación , unha escolma de actividades relacionadas coa programación ( robótica, STEAM, scratch, actividades desconectadas..) compoñen un mapa por toda Europa.

 

 

Alumnado de todas as idades e diferentes países conflúe nestas datas ( e posteriores) nun mapa de actividades.

 

Na clase de 5 anos tamén participamos, con dúas actividades, unha que xa estamos desenvolvendo: "Xogando cos LEDs en ED. Infantil" (se premedes poderedes ver a nosa actividade no mapa)

 

E outra relacionada coa robótica e os escornabots, que desenvolveremos máis adiante... imos pouco a pouco. 

 

Coa actividade "xogando cos LEDs en ED. Infantil" pretendemos que o alumnado se familiarice con este material, entenda como acender un led cunha pila de botón ( esta parte potencia a súa motricidade fina, e ademais encantoulles) e por outra banda introducimos o concepto positivo ( +) e negativo(-)

 

 

Encantoulles poder acender eles sos un led, e alumar...

 

 
 
      


Para que o a enerxía flúa precisamos que todo estea colocado correctamente, o positivo co positivo e o negativo o negativo.

Despois de iniciarnos , fixemos un pequeno circuito con fío de cobre para que entenderan que é coma a luz da aula, que se acende e se apaga co interruptor, que fai que a electricidade flúa ata o seu destino.

 

 

 

 

Foi unha actividade totalmente gratificante para eles e elas. Traballamos a atención, a motricidade fina, razoamento lóxico... 

 

Ademais na casa, tamén houbo quen elaborou o seu propio circuito para acender unha bombilla e tróuxoo á clase para ensinarnos e explicarnos como o fixo con axuda de papá!! .

 

 

 

Seguiremos informando!!

Distribuir contido


by Dr. Radut