Skip to Content

                              

Blog de 4º de E.I.

PROPOSTA SEMANAL PARA ED. INFANTIL

Aquí tedes unha "proposta de traballo semanal" para o alumnado de ED. INFANTIL.
 
Como podedes observar no arquivo PDF, tedes actividades  do máis variado e para todas as áreas.
 
Agardamos que vos gusten e que desfrutedes delas en familia.
 
Un saúdo e unha aperta das mestras do ciclo de ED. Infantil.
 
PREMEDE NA IMAXE E LEVARAVOS Ó PDF COAS PROPOSTAS.

 

 
ÁNIMO!!

 

DECORACIÓN OVO EDUCACIÓN INFANTIL

Dende o equipo de Educación Infantil queremos darvos as GRAZAS pola participación nesta actividade.

Esperamos que os nenos e nenas desfrutaran moito deixando voar a súa imaxinación.

MENUDOS ARTISTAS! 

Aquí tedes un pequeno resumo coas fotos que nos enviastes. Tedes que PINCHAR na imaxe para descargar o PDF.

 Agardamos que vos guste moito.

Moitas grazas a todos.

 

 

 

 

#euquedonacasa

 #xaquedamenos       

PROPOSTA SEMANAL PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Dende o equipo de Educación Infantil queremos propoñervos unha proposta para facer esta semana coas vosas familias.

A actividade consiste en pintar e decorar un ovo coa técnica e materiais que queirades. Podedes escoller calquera das opcións que aparecen no PDF.

Tendes ata o venres 10 de Abril para facelo e compartilo con nós a través de xuvefoto@gmail.com

Agardamos que vos guste a idea e que participedes todos os nen@s de infantil demostrándonos a vosa creatividade.

#euquedonacasa

 

VIAXE Ó REINO DAS EMOCIÓNS

O alumnado de ED. Infantl e Primeiro de Primaria está traballando  nas aulas, co material da FUNDACIÓN MENIÑOS:

 VIAXE Ó REINO  DAS EMOCIÓNS.

 

Aquí tedes unha serie de actividades, xogos, e vídeos para que poidades seguir traballando as emocións e a xestións das mesmas  nesta viaxe,  tan adecuada nestas datas, premede a continuación para ver as actividades ( arquivo PDF) 

 

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR

"VIAXE Ó REINO DAS EMOCIÓNS" 

PROXECTO SUPER HEROES E HEROÍNAS 3 ANOS

Aquí vai un pequeno resumo do noso proxecto sobre os SUPER HEROES E HEROÍNAS.

A MOVERNOS UN POUQUIÑO: RECOMENDACIÓNS PARA ED. INFANTIL

Dende o equipo de ED. Infantil, a profe Marta (mestra de Psicomotricidade nas 3 aulas) elaborou esta pequena escolma de vídeos con actividades de movemento para o alumnado.

 

No arquivo adxunto  tedes que premer nos debuxos , segundo a temática e lévavos ó vídeo ou actividade que indica.

 

 

 

 

8M: CONTACONTOS CON UXÍA MORÁN.

O pasado xoves,   Uxía González Morán achegouse ó noso centro para celebrar con nós o 8M: Día Internacional da Muller.

Dividimos ó alumnado en tres grupos, e para o de ED. Infantil a actividade foi  a través do mundo máxico dos contos.

Esta actividade foi organizada pola Mancomunidade de Concellos do Carballiño.

Así os máis pequenos do centro desfrutaron de 3 contos marabillosos, fantasticamente narrados por Uxía.

(Premede nas imaxes, se queredes coñecer a "ficha técnica de cada un deles)

 
                         

 

 

 

E aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento. Encantoulles!!!!
 

 

 

 

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS XERAIS PARA ED. INFANTIL

 

Deixámosvos tamén un documento que enlaza ás principais cancións que utilizamos nas "rutinas" de cada día por se as queredes escoitar con eles

(Tedes que premer en cada unha das imaxes das cancións para que vos leve ó vídeo)

PREMEDE  AQUÍ!

 

No archivo adxunto van unhas recomendacións de inglés para que practiquen todo o alumnado de infantil.

 

PROXECTO DOS SUPERHEROES

Esta semana chegou unha carta ás clases de 3 e 4 anos.

 

Enviáronnola os "superheroes" e nela dicían que tiñan moitas cousas... ademais

deixáronnos un montón de "pistas" polo colexio para que averiguáramos quen

eran...  deixáronnos códigos QR escondidos polo cole, e so os podíamos ler se 

tiñamos un "lector de códigos" e alá nos fomos á biblioteca do cole a

buscar as "tablets"para poder descifrar as mensaxes...

 Encantounos!!!! 

Aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento:

 

FESTA NADAL 2019

O venres 20 de decembro o alumnado de infantil e de 1º de educación primaria celebramos unha festa de fin de ano no colexio. Tanto o alumnado como o profesorado tiñamos que vir elegantes, ademais tamén comemos gusanitos para celebrar as campanadas.

Distribuir contido


by Dr. Radut