Skip to Content

                              

Días non lectivos no Entroido.

COMUNICAMOS ás familias que os vindeiros luns 28 de febreiro, martes 1 de marzo e mércores 2 de marzo de 2022, non son días lectivos por ser as vacacións do Entroido. Retomaremos as clases o xoves 3 de marzo.

Os tres días non lectivos están recollidos pola Consellería de Educación na Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o presente curso académico.

Un saúdo.

A dirección.

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2022-23

Desde o 11 de xaneiro, e ata o 8 de febreiro, está aberto o prazo de Reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES Manuel Chamoso Lamas. Dito alumnado, deberá presentar no noso centro:

    ANEXO I debidamente cumprimentado, ou ANEXO I en liña.
    Fotocopia do DNI.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (01 de marzo de 2022).

Se non desexa solicitar praza en dito instituto, pero presentou o ANEXO I,  deberá facelo constar por escrito no IES Manuel Chamoso Lamas antes do inicio do proceso de Admisión. Posteriormente deberá solicitar praza noutro centro entre o 1 e o 20 de marzo, entregando o ANEXO II, debidamente cumprimentado, no centro que desexe continuar os seus estudos.

O resto do alumnado, desde Ed. Infantil ata 5º Ed. Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten Reservada praza de oficio no centro polo dereito de Permanencia. Se decide solicitar praza noutro centro ten que achegarnos unha copia da solicitude de admisión entregada nese novo centro.

Magosto 2021 2022

O 11 de novembro celebramos o magosto no colexio, coa realización de múltiples actividades como exposicións e murais...e onde o equipo de actividades complementarias priorizou a música e a actividade física con diferentes xogos, para a súa celebración no patio. 

SAMAÍN 2021

No seguinte vídeo podedes ver un resumo das actividades que se fixeron no Samaín.

Curso de Iniciación á Lingua de signos española

O Concello de Boborás invita ós cativ@s de entre 8 e 12 anos a participar no Curso de Lingua de Signos Española. 

Axuda a eliminar barreiras comunicativas e participa! 

Todos os xoves, de 16:30h a 18:00h. Dende o 7 de outubro ata o 9 de decembro no Edificio Sociocultural “Manuel Chamoso Lamas”.

Os interesados podense anotar no 988402008.

Reunións inicio de curso 2021-2022

                 

Prazo de admisión de solicitudes para actuar como colaboradores de comedor no curso 2021-2022.

Aberto o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario de comedor escolar durante o curso 2021-2022.

As persoas interesadas poden poñerse en contacto co centro educativo telefónicamente ou a través do correo electrónico.

 

Un saúdo.

A dirección.

 

"Audicións Fin de curso" da Escola de Música.

O vindeiro venres 25 de xuño ás 19.30 horas, a Escola de Música (Agrupación Musical Lopo Lías) ofrecerá un interesantísimo concerto ("Audicións de fin de curso") en Carballeira de Moldes. 

                             Concerto Escola de Música

 

 

 

Entrega de notas finais

Estimadas familias, neste final de curso, queremos comunicarvos que  o martes, día 22 de xuño de 2021, entregaranse as notas finais de curso ao alumnado (dispoñibles en ABALAR MÓBIL, a partir das 12.00 do mediodía).

Máis información premendo na ligazón.

 

Un saúdo.

 

Boborás, 21 de xuño do 2021 

 

O director 

Javier Álvarez Reza

Proxecto Saúde no Xuvencos

Este é un resumo do proxecto feito polo alumnado de 6º de primaria, relacionando as matemáticas, a educación física e os hábitos de saúde.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut