Skip to Content

Actividades

SAMAÍN 2021

No seguinte vídeo podedes ver un resumo das actividades que se fixeron no Samaín.

PROGRAMACIÓN SAMAÍN

CROMA DE ROSALÍA DE CASTRO

Este ano para conmemorar o día de Rosalía de Castro fixemos un Croma con todo o alumnado do centro.

 

Concurso de banda deseñada

Desde o Equipo de biblioteca e o EDL convócase o VI concurso de Banda deseñada no que poderedes participar todos os membros da comunidade educativa do colexio.

Os traballos realizados poderán presentarse ata o 23 de abril, día do libro. Os mellores cómic recibirán un agasallo na celebración do Día do libro, que este anóserá o 24 de abril.

Con todos os traballos elaboraremos un libro que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca e que poderedes pedir en empréstito para consultar.

O formato de presentación deberá axustarse aos seguintes modelos, feitos en formarto  A4 e sentido vertical.

Concurso marcapáxinas Libraría Escolma

Este ano o alumnado de terceiro ciclo participou no concurso de marcapáxinas que convocou a Librería Escolma do Carballiño. A calidade dos traballos presentados polo noso centro viuse recompendada polo posto de finalista alcanzado por Alba Cabaleiro Gómez de 5º curso cunha magnífica obra.

Desde aquí, queremos agradecerlle á Librería Escolma a realización deste tipo de actividades co fin de promover o fomento da lectura e darlle os nosos parabéns a todos os participantes e ao alumno gañador Anxo Otero, do CEIP Calvo Sotelo.

 Ligazón aos traballos presentados polo cole.

Pescudamos sobre Adolfo Suárez

Como ben sabedes o 23 de marzo de 2014 finou Adolfo Suárez, primeiro Presidente da Democracia española. Imos pexcudar información sobre a súa vida e a importancia que tivo para a nosa. Para elo, deberedes realizar un traballo de documentación que teña o esquema que aparece máis abaixo, e que podedes atopar na wikipedia.

O traballo realizado deberá ser presentado en folios brancos coas normas de presentación establecidas en clase. A valoración do mesmo atoparédela dentro do Tema 15 de Coñecemento do Medio.

VI convivencia de EDL en Boborás: "Coa máxia do galego"

O martes, 25 de marzo, tivo lugar no noso centro a VI convivencia de EDL da comarca do Carballiño, coa participación dos seguintes colexios: CEIP Nosa Sra de Xuvencos; CEIP de Beariz; CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo e CEIP Eulogio Gomez Franqueira de San Amaro.

Durante toda a xornada estivemos acompañados do prestixioso pallaso Tanito, que co seu espectáculo "Sonrisas Máxicas" se encargou de dinamizar a convivencia e de facernos pasar uns momentos inolvidables.

     
     

 

Resultados dos encontrosPola mañá, o alumnado de máis idade participou nos diferentes encontros de fútbol sala que tiveron lugar no pavillón do Concello de Boborás.

Está é unha das actividades deportivas que ten máis éxito entre todo o alumnado dos diferentes centros, tanto feminino como masculino. A pesar do carácter non competitivo que se lle confire a esta actividade, todos queren participar nos diferentes partidos que se programan, aínda que só sexan uns poucos minutos...

Para coñecer os resultados dos diferentes partidos premede na imaxe da esquerda.

 Galería de imaxes da VI Convivencia

Concurso marcapáxinas Libraría Escolma

Coma en anos anteriores, volvemos a participar no concurso de márcapáxina que organiza a Libraría Escolma do Carballiño, este ano baixo o lema "O mundo do libro e a lectura".

Na seguinte galería de imaxes podedes observar os traballo realizados polo alumnado de 3º ciclo do centro para participar neste concurso.

Obradoiro de Xogos Populares

No mes de marzo realizamos no centro un obradoiro de xogos populares impartido por "Lito" da Fundación Xaquín Lorenzo e nel participou todo o alumnado de 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria.

  1. Na primeira sesión realizamos varios xogos de "pillas": "O cazador" e "Chourizo envenenado".
  2. Na segunda sesión fixemos "turutas" e xogamos á "Birolla".

San Valentín 2014

 
O día de San Valentín realizamos as seguintes actividades:

Distribuir contido


by Dr. Radut