Skip to Content

Día Mundial do Libro 2011

O xoves 14 de abril celebramos o Día Mundial do Libro. Adiantamos a data por coincidir este ano nas vacacións de Semana Santa.

Este ano volvemos a convocar unha nova edición do concurso de banda deseñada para toda a comunidade educativa. Previamente fixeramos obradoiros nos diferentes ciclos para iniciar e perfeccionar esta técnica de expresión ( segundo Kiko da Silva, arte) que tanto gusta aos cativos e non tan cativos.

O xurado tivo problemas para elixir os mellores traballos, xa que a calidade dos mesmos foi moi boa. Para poder gozar coa lectura de todos eles, elaboramos un libro que pasará a engordar os fondos da biblioteca.

Tamén fixemos entrega dos premios aos mellores lectores do trimestre: como o nivel acadado en lectura por todo o alumnado foi excelente, decidimos regalar un libro, a todos os alumnos e alumnas lectores, de Pepe Carreiro, titulado "O segredo do Carballiño" da colección  "Os Bolechas van de viaxe".

Para finalizar o acto, agasallamos a toda a comunidade educativa cos marcapáxinas que nos regalou a Asesoría de Bibliotecas titulado "O lugar de lectura" e que leva impreso un poema de Carlos Negro.

Na semana previa á celebración elaboramos un mural de lectura onde cada neno dibuxou a portada dun libro favorito.

 
   
Premiados no concurso de banda deseñada   

 

 Imaxes das actividades do Día Mundial do Libro



page | by Dr. Radut