Skip to Content

Actividades

TROCO DE LIBROS 2019

Hoxe celebramos a " IV Feira de troco de libros de Xuvencos" nesta semana da conmemoración do " Día Internacional do Libro". Sentimos unha satisfacción plena pola acollida e implicación que teñen este tipo de actividades por parte d@s nos@s alumn@s. Como dixo Joseph Addison " La lectura es a la mente lo que el ejercicio al cuerpo".

CONTACONTOS: O MOURO MOURE

O pasado xoves visitounos Brais Moure, un contacontos que nos achegou á Galicia máxica de Antón Fraguas:

CONTACONTOS: O MOURO MOURE

CONCURSO POSTAIS DE NADAL 2018

Dende Biblioxuvencos damos as grazas a tod@s @s participantes no concurso de postais para este Nadal 2018. A continuación podedes ver as fotos d@s premiad@s:

Entrega de premios das postais de Nadal 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares. Con tal motivo, o martes 23 realizaremos no cole diferentes obras e cancións baseadas en contos, para conmemorar este día. Ademais, inaugurarase a biblioteca do centro para continuar coas actividades na mesma e os préstamos. Durante toda a semana e con motivo da proximidade ao Samaín, o alumnado de Ed. Infantil e Primaria contará cunha caixa de historias terroríficas e actividades interactivas das mesmas para animación á lectura.

Mellor lector do ano no 3º Ciclo

Por primeira vez, imos a escoller cal foi o mellor lector do 3º ciclo de Ed. primaria, durante o curso 2013/2014.

Para elo, entre todo o alumnado do ciclo deberedes escoller ao que consideredes o mellor lector ou lectora, en base ao traballo realizado en clase na Hora de ler e nas casa. A decisión que tomedes deberá ser froito da reflexión e realizada de forma obxectiva.

Os posibles lectores e lectoras electos serán todos os alumnos e alumnas que realizaron máis de 25 préstamos na biblioteca do cole.

Contacontos da Sabela

O xoves 5 de xuño tivemos a sorte de contar coa presenza da nosa contacontos favorita: "Sabela" que nos embarcou en aventuras que fixeron despertar a nosa imaxinación, como o conto de "Frederick" de Leo Lionni...

Na galería de imaxes podes observar o ben que o pasamos coa Sabela:

Día internacional da nutrición

O 28 de maio, Día nacional da nutrición, realizamos na biblioteca do centro un relatorio sobre os bos hábitos de alimentación que foi impartido por Lydia Gisselle Almonte, especialista en nutrición e dietética, e Presidenta da ANPA.

Despois do relatorio construímos no patio do cole unha roda dos alimentos con cartolinas de cores e para finalizar a cociñeira, Carmen, preparounos unha deliciosa merenda a base de bocata, froita e iogur.

Todo o alumnado recibiu un tríptico informativo sobre nutrición e unha tatuaxe.

Na seguinte galería de imaxes podedes ver o ben que o pasamos:

 

Letras Galegas 2014

Ides pescudar información sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas de 2014. Unha vez que rematedes podedes realizar as actividades interactivas que se relacionan máis abaixo:

 

  • Webquest elaborada polo noso EDL

  • Actividades en liña para todos os ciclos de Infantil e Primaria do Seminario Galán.

Día internacional do libro 2014

O 23 de abril celebramos no centro o Día Internacional do Libro. Este ano non deu tempo a preparar moitas actividades xa que estamos recén chegados das vacacións de Semana Santa.

A principal actividade foi o obradoiro de banda deseñada que realizamos en todos os cursos e niveis do colexio, tendo como obxectivo final a participación no concurso de banda deseñada que se convocou desde a biblioteca escolar.

Asemade, durante a entrega de premios aos gañadores do concurso, fixemos entrega a todos os participantes dos marcapáxinas que elaborou a Asesoría de bibliotecas para conmemorar esta data tan importante na promoción da lectura e compra de libro.

Nas seguintes imaxes podedes ver aos gañadores da VI edición do concurso de Banda Deseñada.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut