Skip to Content

                              

Actividades

Festival de Nadal 2013

O 19 de decembro realizamos o Festival de Nadal para celebrar o fin do primeiro trimestre do curso e a chegada do Nadal.

Este foi o programa do Festival, se premedes nel veredes o vídeo de cada unha das actuacións.

1. POESÍAS EI: “O boneco de neve”- “Os reis magos”.

2. OBRA 1º ciclo: “ A árbore de Nadal”.

3. CHRISTMAS CAROL 2º ciclo: “We wish you a Merry Christmas”.

4. OBRA 3º ciclo: “ Noel e os seus trasnos”.

5. PANXOLIÑA EI: “Xa chegou o Nadal”.

6. BAILE 1º ciclo: “ Mi burrito sabanero”.

7. CHRISTMAS CAROL 3º ciclo: “ Deck the hall

8. GUIÑOL 3º ciclo: “La estrella juguetona”.

9. POESIA 2º ciclo: “Si yo supiera hacer magia”.

10. OBRA 3º ciclo: “Os tres cirurxiáns”.

11. CHRISTMAS CAROL 1º ciclo: “Jingle Bells”.

12. CANCIÓN DE NAVIDAD 3ºciclo.

13. FRAUTAS 2º ciclo.

14. BAILE 3º ciclo: “Feliz Navidad”.

15. PREMIOS: Postais e mellores lectores.

16. VISITA DE PAPA NOEL.

 

Galería de imaxes das diferentes actuacións:


 


Día Internacional da Discapacidade 2013

O 3 de decembro celebramos no colexio o Día Internacional da discapacidade co fin de fomentar a eliminación de barreiras, non só arquitectónicas, se non tamén mentais, que favorezan a creación dun mundo mellor para todas e todos... cando iso se acade, xa non será preciso recordarllo á sociedade coa celebración deste Día.

A Orientadora do centro deu un relatorio sobre o tema no que reflexionamos sobre as capacidades das persoas e sobre a inclusión en todas as facetas da vida.

Posteriormente, realizamos unha serie de xogos nos que vivenciamos diferentes experiencias desde o punto de vista do discapacitado.

 

Curta: "Que mal cheira"

O alumnado de 6º de Ed. Infantil e de 1º Ciclo de Educación Primaria participou na elaboración dunha curta de debuxos animados coa técnica de stop motion titulada "Que mal cheira".

 

Non deixedes de vela!!

Vídeo resumo das actividades do curso 2012/2013

Neste vídeo reflectimos as actividades realizadas ao longo do curso 2012/2013.

Escolma poética

Neste libro recollemos todas os poemas que foron recitados polo alumnado...

Están clasificados por autores e temáticas.

 

 

 

Preme na imaxe para entrar no libro.

 

Os nosos contos orais

Neste libro reflectimos os contos que lles recitamos ao alumnado máis cativo:

Por que que hai pedras no fondo dos ríos?:

Lenda da árbore de Nadal:

Lenda do Apalpador:

Día das Letras Galegas 2013

Durante a semana das Letras Galegas realizamos varias actividades destinadas a pescudar sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, entre as que destacamos:

  • Compilación dos recursos educativos que fixeron os centros educativosde Galiza.
  • Realización das undidade didácticas que elaboraron os membros do Seminario Galán en todos os ciclos.
  • Realización dunha webquest co fin de elaborar un gran cartaz sobre RVB.
  • Realización da pescuda elaborada polo CEIP Condesa de Fenosa do Barco.
  • Entrega dos premios aos mellores cartacez sobre a defensa e fomento do galego.
  • Reparto dos marcapáxinas gañadores do concurso que convocou a CENDL da comarca do Carballiño.
  • Visita á exposición dos cartaces elaborados polo CEIP de Rianxo.
  • Ampliación da exposición permanente dos cartaces premiados no concurso de cartaces para defensa e fomento do galego.

 

 

Contacontos de Anxo Moure

O 8 de maio visitounos unha vez máis un dos nosos contacontos favorito: Anxo Moure. Trouxonos fermosas historias das árbores e dos bosques galegos... e tamén da Paz.

Pasámolo xenial participando activamente nas historias que nos contou, homenaxeando así a Roberto Vidal Bolaño, xa que fixemos de fabulosos actores e actrices interpretando os papeis que Antón nos ía repartindo. Ao remate a súa actuación, regalounos a todos nós un MP3 moi especial, aos profes tamén, que nos axudará a afrontar os problemas sen medo e con esperanza.

Podedes visitar a súa páxina web para saber máis cousas da súa historia e traballo.

Na seguinte galería de imaxes veredes que ben o pasamos...

Concurso de cartaces e marcapáxinas

Este ano participamos na V edición do concurso de cartaces en defensa e fomento do emprego do Galego que convocou a CENDL da comarca do Carballiño.

O nivel dos traballos foi moi alto, e resultou moi difícil a elección dos mellores traballos.

Os centros participantes foron os seguintes: CPI de Maside; CPI Virxe da Saleta de Cea; CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo; IES Chamoso Lamas; CEI de Dacón; e CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás.

No noso cole foron premiados os traballos de:

  • Alejandro de Educación Infantil.
  • María e Laura de 2º Ciclo de Ed. Primaria
  • Sara e Paula 3º Ciclo de Ed. primaria.

A relación dos traballos gañadores podédela descargar aquí:

Cartaces de Ed. Infantil e Ed Primaria.

Marcapáxinas de ESO e Bacherelato.

EDUCACIÓN INFANTIL:

 
CPR Sagrado Corazón CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo
   
CPI de Maside CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás
CPI Virxe da Saleta de Cea

Día do libro 2013

Ao longo do mes de abril realizamos diversas actividades para conmemorar o Día do Libro e dos dereitos de autor, entre as que destacamos as seguintes:

  • Obradoiro de banda deseñada, no que participou todo o alumnado do colexio. Con todos os traballos elaboramos un libro que pasa a formar parte dos fondos da biblioteca.
  • Obradorio de escritura para o alumnado de Ed. Primaria, no que crearon historias sobre a mascota da biblioteca: "Xuve". Realizaremos un libro xigante con todas as historias.
  • Representación dunha obra de kamishibai a cargo do alumnado de terceiro ciclo.

 

  • Realización dunha sesión de contacontos con Olaia e ilustrador Mark Taeger, que nos contaron moitas historias de ratos e animais fantásticos...

 

  • Entrega dos agasallos aos mellores traballos dos obradoiros.
Gañadores de banda deseñada Gañadores do obradoiro de escritura
  • Entrega de agasallos aos mellores lectores do trimestre.

  • Realización dun mural de contos..
  • Galería de imaxes das entregas de premios.

Distribuir contido


by Dr. Radut