O día 21 de marzo celebramos no colexio o Día Mundial da Poesía.
Ao longo de toda a semana realizamos diversos obradoiros de poesía destinados a mellorar a técnica escrita dos nosos poetas.
Como remate da actividade, convocamos un concurso de poesía, no que os mellores poetas do cole recitaron as súas creacións literarias ante toda a comunidade educativa. Esta actividade realizámola na tarde do venres.
Con todos os poemas presentados realizamos un libro de poesía que pasa a formar parte dos fondos da biblioteca escolar.
Ver imaxes da celebración do Día Mundial da Poesía
O martes, 31 de xaneiro, celebramos no colexio o Día da Paz e Non Violencia coa realización de múltiples actividades que foron desenvolvidas ao longo da semana previa a esta data.
Este ano, a actividade estrela foi a interpretación dunha versión moi peculiar do baile de moda en todo o mundo, orixinal de Michel Teló e titulado "Ai, se eu te pego". Nós titulámolo "Ai, eu non pego!".
Nas seguintes ligazóns podedes ver o resumo das actividades realizadas:
Reportaxe fotográfica
Video do baile
Video coas actividades do Día da Paz e non Violencia
O martes, día 20 de decembro, celebramos con moito éxito o “Nestival de Nadal”. Contamos coa presenza de numerosos familiares e amigos dos pequenos artistas do colexio. Se seguemos con este nivel de participación teremos que buscar un sitio máis amplo para estas xornadas festivo-educativas.
Se premedes nas ligazóns do programa de actuacións poderedes ver os videos das diferentes representacións.
O 15 de decembro participamos no programa formativo da Consellería de Sanidade "Nunca sen almorzo".
A xornada educativa foi un tanto especial, xa que ao chegar ao centro tivemos unha clase formativa a través de persoal da Consellería de Sanidade e a continuación pasamos a disfrutar dun almorzo saudable que nos preparou a cociñeira do noso centro a base de froita, cereais, lácteos, tostas de pan, manteiga, mermelada... é unha pena que isto non pase todos os días.
Ao rematar, agasalláronnos cuns marcapáxinas que traen información básica para realizar un almorzo completo e equilibrado.
O xoves, 24 de novembro, celebrouse a primeira proba de campo a través do curso 2011/2012 no Puzo do Lago de Maside, organizada pola Agrupación Deportiva Arenteiro.
Participamos un total de 8 centros educativos da comarca do Carballiño con 251 atletas inscritos.
A xornada deportiva estivo acompañada dun soleado día, o que axudou a que fose unha gran festa do deporte escolar da comarca.
Hai que felicitar a todos os participantes polo bo comportamento no desenvolvemento das diferentes probas e en especial aos corredores que conseguiron subir ao podio.
O venres 11 de novembro tivemos unha visita moi especial: a da ratiña Presumida, que se acercou ata o noso centro para representar varios contos: " A ratiña Presumida", "A loucura e o amor", ... e así celebrar o aniversario de Alejandro de primeiro curso.
A actuación de Patricia gustoulle moito a todo o alumnado que participou na actividade. Como remate da sesión de contacontos os máis cativos participaron en varios xogos colaborativos...