Skip to Content

                              

Cursos anteriores + 2012/13 + 2011/12 + 2010/11 + 2009/10 + 2008/09

Os perigos de internet

O 23 de abril tivemos un relatorio na biblioteca do centro realizado en colaboración co responsable do CEMIT de Boborás, Xabi Vázquez, que acercou aos nosos internautas a realiade virtual e aos perigos que se poden atopar cando navegan pola rede.

O alumnado foi informado do protocolo que deben seguir para navegar con seguridade en internet e dos pasos a realizar cando se sintan ameazados na rede.

Este relatorio terá proximamente continuidade coas familias do alumnado, para informarlles dos posibles perigos que os seus fillos e fillas se poden atopar.

VIII torneo de minibalonmán

O día 17 de abril participamos no VIII torneo de minibalonmán que organizou a agrupación Deportiva Arenteiro, e que tivo lugar no pavillón Paco Chao do Carballiño.

Os equipos presentes no campionato foron os seguintes: CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo; CEIP Otro Pedrayo de Amoeiro; CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás; CPI Virxe da Saleta de Cea e CPR Vila do Arenteiro do Carballiño.

A pesar de que acadamos o derradeiro lugar, pasámolo xenial, xa que nos volvemos a atopar cos amigos doutros coles da comarca.

Hai que felicitar a todos os participantes no torneo pola súa deportividade e bo comportamento.

Na seguinte ligazón podedes descargar os resultados e a clasificación

 

GALERÍA DE IMAXES

Nós tamén creamos

Este curso o noso centro foi seleccionado para participar no concurso que convocan conxuntamente a RTVG, a editorial OQO e a Secretaría Xeral de Política Lingüística para crear curtas de animación co alumnado de Educación Infantil e º Ciclo de Ed. Primaria.

Aínda estamos en fase de redacción do guión do proxecto, pero en breve iniciaremos a realización do StoryBoard.

Convivencia de EDL da comarca do Carballiño

O día 21 de marzo celebramos a V convivencia de EDL da comarca do Carballiño no CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo.

Este ano participaron os seguintes centros:

  • CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo
  • CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás
  • CEIP Eulogio Gómez Franqueira de San Amaro.

Pasámolo xenial, tanto o alumnado como o profesorado, en parte grazas a excelente acollida dos anfitrións que este ano foron os membros da comunidade educativa do CEIP Virxe Pena da Sela. Tamén é de agradecer o bo comportamento de todo o alumnado participante nesta xornada de convivencia, na que ademais de compartir experiencias en prol do galego fomos quen de establar novas relacións de amizade que se verán continuadas en próximos eventos deportivos e culturais que realizaremos na comarca do Carballiño.

Galería de imaxes das actividades realizadas


 

CONTACONTOS

 

DEPORTE

XANTAR


FLASHMOB

VARIOS

FLASHMOB "GALICIA STYLE"

Día da poesía

O día 19 de marzo celebramos o Día Mundial da Poesía, con dous días de antelación á data oficial, xa que o 21 de marzo celebramos a convivencia de quipos de Dinamización da Lingua da comarca do Carballiño.

Coma en anos anteriores realizamos un obradoiro de poesía onde todo o alumnado participou creando fermosos poemas. Con todos eles elaboramos un libro de poesía que amplía os fondos da biblioteca do cole.

Cada ciclo recitou un poema no salón de actos, onde o personaxe estrela foi Rosalía de Castro, xa que este ano se conmemora o 150 aniversario da primeira publicación de Cantares Galegos.

 

GAÑADORES DO OBRADOIRO DE POESÍA
PRIMEIRO CICLO SEGUNDO CICLO
TERCEIRO CICLO ED INFANTIL

 

 

Recitaxe de "Adiós ríos, Adiós fontes" por 3º Ciclo.

 

Educación Infantil recitando "Adiós Ríos, Adiós fontes"

 

"Campanas de Bastabales" polo alumnado de 3º Ciclo

 

Poema de "Cincenta" interpretado por 1º Ciclo

 

Poema de "Parece unha Rosa" de Rosalía de Castro interpretado polo alumnado de 2º Ciclo

Galicia Style

Esta é a letra do Flashmob que realizaremos o 21 de marzo, na convivencia de EDL da comarca do Arenteiro que se celebrará no Irixo, en defensa e promoción do idioma galego.

GALICIA STYLE


O galego é guai.... galegoguai
Somos de Galicia que é un sitio especial
aquítemos de todo, quenlledera á capital
praias, bosques, leiras, fragas, ave e moitomáis
Ven aquí e o comprobarás.

Isto é Galicia, man
se ti queres ven con nós e pasaralo ben.
Canta, baila, moveyourbody e salta tamén
e se non che gusta o baile vente con alguén...
É o Edén.

Con San Amaro e Boborás disfrutarás e reirás.
Vente óIrixo,
xoga en galego
falatamén,
iso está ben.
O idioma que teuspais conservaron para ti...ti...ti...ti...ti....

O galego é guai....galegoguai...
Eeeeeeeehh fala galego!
O galego é guai.... galegoguai


Somos de Galicia que é un sitio especial
aquítemos de todo, quenlledera á capital
praias, bosques, leiras, fragas, ave e moitomáis
Ven aquí e o comprobarás.

Con San Amaro e Boborás disfrutarás e reirás.
Vente óIrixo,
xoga en galego
falatamén,
iso está ben.
O idioma que teuspais conservaron para ti...ti...ti...ti...ti....

O galego é guai....galegoguai...
Eeeeeeeehh fala galego!
O galego é guai.... galegoguai


3:06 minutes (2.85 MB)

Entroido 2013

Neste libro web iremos reflictindo todas as novas en relación á celebración do entroido 2013 no noso centro.

Este ano tamén cumpriremos as mandas que o meco nos vai marcando para cada día da semana.

Con respecto a outros anos, este curso realizaremos o desfile de entroido o xoves de comadres e a el está invitado toda a comunidade educativa. Ao remate teremos a tradicional chocolatada.

O concurso de disfraces pasámolo para o venres, como despedida do entroido2013.

Animámosvos a participar a todas e todos!!

Feliz entroido!!

Día da Paz e non Violencia 2013

O xoves 31 de xaneiro celebramos o Día da Paz e non Violencia, cun día de retraso respecto á data oficial, pero con igual intensidade que se fose o propio día.

Foron moitas as actividades que realizamos durante a semana para conmemorar esta data, sen esquecernos en ningunha delas de que a mensaxe de Paz e non Violencia debe estar presente en todos e todas nós os 365 días do ano.

Final comarcal de campo a través

O xoves, 24 de xaneiro, participamos na Final comarcal de campo a través que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro na paraxe espectacular que sempre nos ofrece o Puzo do Lago do concello de Maside.

Participaron un total de 10 centros educativos da comarca  do Carballiño, sendo cerca dos cincocentos os participantes inscritos. 

A climatoloxía axudou moito a que a xornada se desenvolvera nun contexto idóneo para a práctica deportiva do campo a través, o que redundou nas fantánticas marcas acadadas polos atletas.

É de agradecer o bo comportamento e colaboración da práctica totalidade dos participantes que favoreceu que a xornada deportiva fose unha experiencia enriquecedora e inolvidable para todos e todas.

Por último felicitar aos nosos atletas polos resultados acadados, e en especial a Roi Pagán polo 2º posto en categoría Benxamín e a Alberto Carracelas polo 2º posto en Alevín masculino, sen esquecernos do primeiro posto acadado polo equipo alevín masculino.

O día máis "doce" da nosa vida.

O día 12 do 12 de 2012, ás 12 horas e 12 minutos xuntámonos todos os membros da comunidade educativa no patio do colexio para realizar unha instantánea deste momento tan peculiar.

Emulando aos noso veciños do CPI da Virxen da Saleta de Cea, aproveitamos a ocasión para celebralo a base de "doce".

 

Distribuir contido


by Dr. Radut