Skip to Content

                              

Cursos anteriores + 2012/13 + 2011/12 + 2010/11 + 2009/10 + 2008/09

Concurso de postais de Nadal 2012

Coma en anos anteriores, desde o Equipo de Biblioteca e do EDL convocamos un concurso de postais de Nadal. Participou case todo o alumnado do centro. Os traballos presentados foron dunha grande calidade o que motivou que ao xurado non lle fose nada doado decidir cales foron os mellores traballos.

Coas postais gañadoras estamos a elaborar un almanaque que será entregado a todos os membros da comunidade educativa o último día de clase deste trimestre.

 

Paula Fernández Trigo - 3º Ciclo Alba Cabaleiro Gómez - 2º Ciclo
Sofía Bogdan - 1º Ciclo Emma Brull Pagán - Ed. Infantil

Programa PROA

O proxecto para participar no programa PROA de reforzo e orientación académica ao alumnado do 2º e 3º ciclo foi aprobado pola Consellería de Educación cun orzamento que ronda os 15.000 euros, feito que ten que concienciar a toda a comunidade educativa da súa importancia e motivarnos a para sacarlle o máximo rendemento posible.

As clases de reforzo educativo desenvolveranse a partir do mes de xaneiro e serán impartidas por dous mestres do colexio aos dous grupos que solicitamos: un para 2º ciclo e outro de 3º ciclo.

O horario será o seguinte: martes e xoves de 16 horas a 18 horas.

Obradoiro de reciclaxe

Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente están levando a cabo entre os escolares para informar sobre a recollida selectiva e a reciclaxe. No noso centro estiveron o día 3 de decembro pola tarde.

O obxectivo da actividade foi explicar de forma sinxela, didáctica e amena, tendo en conta o espectro de idade no que nos movemos, como se debe facer unha axeitada separación dos residuos domésticos, facendo especial fincapé en indicar cales son os residuos que se deben depositar en cada colector e cales non. Co obxecto de favorecer e facilitar o proceso de reciclaxe, e avanzar na concienciación do que é reciclar e das vantaxes que ten.

Hai que ter en conta que se trata dun grupo de idade crave non so con vistas a que nun futuro non moi lonxano deben ser adultos concienciados da importancia destes aspectos, senón que é crave xa con esta idade, porque poden e deben comezar a reciclar nas súas casas e, aínda máis, concienciar aos membros “maiores” da súa familia (pais, tios, avós…) nos valores que se lles transmitirán, é dicir, convertilos en axentes difusores daqueles nos seus fogares.

As actuacións encamiñadas a cumprir os obxectivos descritos estanse realizando en aulas dos Centros escolares públicos de toda Galiza.

 


Para saber máis:

 


Galería de imaxes

 

Plan Director

O xoves, 29 de novembro, realizamos no centro un obradoiro de seguridade en internet dentro do III Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar  que foi desenvolvido polo Tenente da Guarda Civil do Concello do Carballiño cun axudante do seu Cuartel.

O alumnado, e profesorado, foi advertido dos perigos que se poden atopar nas redes sociais, e de cales son os pasos a seguir se nos atopamos ante un problema de acoso na rede:

Comunicalo á familia.

Comunicalo aos profes.

Porse en contacto coa Garda Civil.

Ao remate do relatorio, os dous membros da Guarda Civil atenderon ás nosas demandas de información  e antes de marchar firmáronnos unhas dedicatorias que lles solicitamos con moito entusiasmo.

 

Magosto 2012

Preme para ver a Galería de imaxes do magostoO martes, 13 de novembro, celebramos a festa do magosto no noso colexio. Coma todos estes últimos anos, é unha festa que preparamos e organizamos desde moitos días antes da súa celebración. Este ano participamos en moitos xogos no patio do colexio, e todos os nenos e nenas iamos pasando por todos eles.

O menú estivo composto a base de empanada, chourizos e bica...sen esquecernos das protagonistas da festa...as castañas...que nos preparou a cociñeira no seu forno, aínda que tamén as metemos no lume, pero esas usámolas para emborrallarnos.

GALERÍA DE IMAXES

Fase Zonal 2012 de Campo a través

Equipo infantil femininoO xoves, 22 de novembro, participamos na proba de Campo a Través que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro, pertencente ao programa Xogade que promociona e coordina a Secretaría Xeral para o Deporte. Nesta convocatoria participaron un total de nove centros da comarca do Carballiño, cun total de 429 inscritos, nas diferentes probas.

É de agradecer a colaboración ofrecida polo Concello de Maside, que nos facilitou as fabulosas instalacións do Puzo do Lago, polo Inorde na colocación do hinchable de Meta e Saída, e dos técnicos deportivos da Secretaría Xeral para o Deporte.

Asemade, debemos felicitar a todos os centros participantes pola súa contribución a que a xornada deportiva se desenvolvera dentro dun ambiente idóneo para fomentar o espírito e valores deportivos que se espera dos escolares.

Preme para ver as clasificacións:

GALERÍA DE IMAXES

 

Tamén felicitamos a todas e todos os participantes do noso centro e en especial a Sara Ramírez e Alberto Carracelas polos logros acadados nas categoría de infantis feminino e alevín masculino.

Celebración do Samaín & Halloween 2012

O 30 de outubro celebramos a festa do Samaín no colexio cun día de adianto. Este ano volverémolo a celebrar no colexio coa realización das seguintes actividades:
  • Imaxes da celebración da festa do Samaín:

 

 

 

 


Formulario para votar polos mellores traballos presentados a concurso:

 

Modelo de plantilla para a votación.

Ver Resultados das votacións: Cabazas e Mazorcas. Preme para ver aos gañadores.

 


Vídeos para ver no Samaín:

 

 

 

 

Separa ben, recicla mellor

O venres, 5 de outubro, realizamos no noso centro un obradoiro de reciclaxe coa colaboracion da entidade sen ánimo de lucro Ecoembes e a Xunta de Galiza. O lema das actividades realizas foi: "Separa ben. Recicla mellor".

A traves de diversas actividades lúdicas aprendemos como reciclar ben o lixo que producimos diariamente tanto no colexio, como nas nosas casas.

Galería de imaxes

 

Actividades complementarias e extraescolares

Na seguinte táboa reflictimos as actividades que levamos realizado no centro durante o curso 2012/2013, para ler máis sobre cada actividade premede no seu nome e se premedes na cámara fotográfica veredes a reportaxe fotográfica da actividade:

MES DÍA ACTIVIDADE DESTINATARIOS  
       
       
       
       
       

Festival de Fin de Curso

O mércores 19 de xuño realizamos o Festival de Fin de Curso, no salón de actos do noso colexio, ante a presenza dos nosos familiares e amigos. Cada vez é maior a participación da nosa comunidade educativa neste evento, quedándose pequeno o salón para acoller a asistencia de tanto público, a pesar de que a hora de celebración non é a máis idonea para poder asistir a el.

 

O programa de actuacións foi o que sigue a continuación, se premedes enriba da actuación poderedes ver o vídeo da mesma:

• OBRA: “A mazá que non quería rir”  (Ed. Infantil)
• OBRA INGLÉS:  “Cinderella” (2º ciclo)
FRAUTAS (3º ciclo)
• BAILE : “Rap do faraón” ( Ed Infantil, 3 anos)
• OBRA: “El árbol que no quería morir” (1º ciclo)
DANZA ORIENTAL   (2º/3º ciclo)
• BAILE : “Can –Can” (Ed. Infantil , nenas 4,5 anos)
• BAILE: ” Bugy-Bugy” (1º ciclo)
• OBRA: “Os tres porquiños” ( 3º ciclo)
• CANCIÓN: “Catro vellos mariñeiros” (1º, 2º ciclo)
FRAUTAS (2º ciclo)
• BAILE: Merengue (Ed. Infantil, 4,5 anos)
• OBRA: “El príncipe feliz” (2º ciclo)
• BAILE RAP: “Viva o cole” (3º, 2ºciclo)
• BAILE FINAL: “Balada Boa” (2º, 3º ciclo)
• REPORTAXE FOTOGRÁFICO: Recordo do curso 2011-2012.

Galería de imaxes do Festival

Distribuir contido


by Dr. Radut