Cursos anteriores + 2012/13 + 2011/12 + 2010/11 + 2009/10 + 2008/09

Vídeo do curso 2011/2012

No seguinte vídeo resumimos o que foi o curso académico 2011/2012, esperemos que sexa do voso agrado.

Premios Antón Losada

Entrega do libro á filla de Antón Losada, Mercedes

O día 9 de maio participamos na entrega dos Premios Antón Losada que este ano recaeron en dous escritores de recoñecido prestixio: Agustín Fdez Paz pola obra "Non hai noite tan longa" e Xesús Alonso Montero pola biografía de "Aníbal Otero"

O alumnado do noso centro fixo entrega dun libro/caderno á filla de Antón Losada que elaboramos cos mellores traballos realizados por eles ao longo do terceiro trimestre, dentro do proxecto documental sobre a vida e obra de Antón Losada Diéguez, que coordinou o equipo de biblioteca e o EDL do colexio.

No acto, ademais dos premiados, estiveron presentes os Alcaldes de Boborás e o Carballiño, acompañados dos Concelleiros de Cultura. Asemade, presidiu a entrega de premios o Conselleiro de Educación e Cultura da Xunta de Galiza.

Foi un acto moi importante para nós, xa que non hai nada máis confortable que dous ilustres escritores, e o mesmo Conselleiro de educación, te feliciten polo traballo realizado.

Desde aquí, queremos dar os nosos parabéns aos escritores premiados, sen esquecernos dos organizadores do evento, especialmente da Tenente Alcalde, pola súa implicación neste acto en prol da cultura galega.

 

Galería de imaxes daa entrega de premios: 

 

 

 

 

Extracto do libro entregado:

Exhibición de bádminton no colexio.

O 6 de xuño, día de San Norberto, tivemos no centro a presenza de dous xogadores da elite do bádminton español: Bruno e David. Ambos, están adestrándose no Centro de Alto Rendemento e Tecnificación Deportiva da Estrada.

Ensináronnos cales son os golpes básicos deste deporte olímpico, poñéndoo en práctica con espectaculares movementos.

Tamén realizaron unha demostración de rutinas que fan para adestrar. Ao final da exhibición, realizaron un pequeno partido no cal nós participamos como seareiros dos dous xogadores.

Para rematar, intentamos por en práctica algún dos golpes aprendidos... como non deu tempo a moito máis xa estamos desexando que chegue a hora de Educación Física para coller as raquetas e darlle o máis forte posible aos volantes...

 

Galería de imaxes

Roteiro cultural ata Moldes

O xoves, 30 de maio, realizamos un roteiro cultural ata o pobo de Moldes para visitar o Pazo onde naceu e vivíu Antón Losada Diéguez e o Pazo Tizón.

No pazo Tizón visitamos a súa bodega e recibimos información, por parte do etnólogo da bodega, do proceso que seguen para elaborar os dous viños que teñen: o branco Extramundi e o tinto Pazo Tizón.

Tamén visitamos a capela onde está enterrado Antón Losada e vimos o patio interior do Pazo.

Para rematar, xantamos no área recreativa de Moldes, onde disfrutamos das súas estupendas instalacións.

Galería de imaxes

Xogando ao atletismo

Viaxe a Lodoselo

O día 10 de maio fomos de visita ao pobo de Lodoselo para realizar varios obradoiros relacionados coa vida no campo e co coidado do medio ambiente.

Foi unha xornada moi completa, onde apenas tivemos tempo para descansar, xa que as actividades se sucedían unha tras doutra sen parar.

Realizamos os seguintes obradoiro:

Ampla reportaxe fotográfica

O sabor da aventura está no mar

Durante os meses de abril e maio participamos nuha campaña de promoción do consumo de peixe fresco no interior de Galicia, que se desenvolverá no noso centro nun total de 9 días, onde os menús se complementarán con algunha variedade de peixe fresco: pescada, troitas, mexilóns...

Para presentar o programa tivemos a representación dunha obra de teatro na que os alumnos e alumnas participamos activamente e onde íamos aprendendo os diferentes procesos que segue o peixe desde que é pescado ata que chega aos nosos pratos.

Galería fotográfica

Contacontos da Sabela

O mércores, 9 de maio, tivemos a visita dunha contacontos moi especial: A Sabela.

Grazas á  súa presenza fomos quen de representar un conto entre todo o público: uns facían o papel de protagonistas e outros animábamos aos actores.

Tres pitas pelexaban por ser as máis fermosas do galiñeiro...decidiron ir xunto ao Rei do lugar para que decidira cal delas era a máis fermosa...

 

Reportaxe fotográfica

 

Mel de Galicia

O 16 de maio organizamos no noso centro en coordinación co Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia unha charla informativa titulada “O doce mundo do Mel de Galicia” a través dunha relatora aportada polo Consello Regulador.

A actividade consistiu nunha pequena introdución, a través dunha charla, ao mundo do mel dirixida a toda a comunidade educativa. Nela aprendemos o proceso de obtención do mel así como os materiais que utilizan os apicultores para extraelo. Ao final da actividade fíxose unha degustación de Mel de Galicia e entregouse a cada neno un agasallo moi divertido.

Co aprendido na ponencia, estamos a realizar un traballo sobre o oficio dos apicultores, que colgaresmos no libro dixital dos oficios do centro.

Ver imaxes da actividade

Contacontos de Kalandraka

O Día Mundial da Poesía tivemos a visita duns contacontos moi especiais: Alex e Patricia, que fixeron que toda a comunidade educativa gozara coas súas narracións e fixemos unha viaxe fantástica grazas a nosa imaxinación.

Alex é o músico, e traía unha maleta chea de instrumentos, pero o que máis nos gustou foi o acordeón.

Patricia contounos e cantounos moitas historias...algunhas sen acabar para que nós busquemos o final na biblioteca do centro...

Imaxes da sesión de contacontos

Distribuir contido