Skip to Content

                              

Xogando ao atletismo

O 16 de maio celebramos a IV edición de Xogando ao atletismo que foi organizada pola Agrupación Deportiva Arenteiro nas instalacións do pavillón do Paco Chao do Carballiño.

Participamos os seguintes centros: CEIP Nosa Sra de Xuvencos; CEIP de Beariz; CEIP Virxe da Pena da Sela; e CPR Vila do Arenteiro.

Este ano baixou a participación de atletas debido ás protestas que se están a realizar desde algúns centros contra a política educativa da Xunta de Galicia e que nós apoiamos, aínda que non aplicamos, xa que entendemos (de momento) que o alumnado do noso cole non ten culpa destas políticas erróneas.

Foi unha xornada deportiva e de convivencia cos nosos veciños e amigos da comarca do Carballiño coa que despedimos o programa deportivo do curso 2011/2012.

Para o curso que ven... VOLVEREMOS!!!

Clasificacións por probas:

  • Categoría benxamíns.
  • Categoría alevíns.

Os tempos e marcas de cada proba podédelos ver na galería de imaxes



page | by Dr. Radut