Skip to Content

                              

Portada

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-24

Na seguinte ligazón podedes consultar os libros de texto para o vindeiro curso 2023-24.

RECOLLIDA DE FROITOS

En setembro-outubro continuamos coa recollida dos froitos plantados no mes de maio e xuño. A maioría usáronse no menú do comedor do colexio.

XORNADA DE PREVENCIÓN DAS ADICCIÓNS NA ADOLESCENCIA

Mañá venres, 19 de novembro, as 16:30 h terá lugar unha Xornada de Prevención das Adiccións con e sen substancia na Adolescencia, organizada polo Servizo de Prevención de Condutas Adictivas (Mancomunidade de concellos de O Carballiño e Concello de O Carballiño), en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.

 

DISCAPACIDADE: XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN

O venres 7 de maio achegáronse ata o noso centro Tati e Delfín, da Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense (Discafis-Cogami) para facer unha xornada de sensibilización sobre a discapacidade, acercando desta maneira a realidade deste colectivo ao alumnado do centro.

Traballaron a discapacidade en torno ao conto "4 Esquinitas de nada" onde fixeron partícipes as nenas e nenos, ademais de pintar un medallón cun círculo ou cun cadrado, segundo elixiron cada un.

Faláronlles dos distintos tipos de discapacidade: sensorial, motora, intelectual e psíquica;e algunhas barreiras arquitectónicas coas que se atopan estas persoas (nos autobuses, edificios, cines, supermercados,..) qué pasa cando aparcamos enriba dun paso de peóns, por qué non podemos aparcar no sitio de minusválidos.

E tamén lles preguntaron qué cousas creían que podía facer Delfín, nadar, conducir, cociñar,...

E por último fixeron un pequeno role playing para que puideran coñecer algunha discapacidade física, podendo montar na cadeira de rodas e poder moverse pola aula pondo algunha barreira.

Participaron na actividade o alumnado de 3-4-5 anos de Educación Infantil e 2º e 6º de Educación Primaria.

 Foi unha xornada diferente, pero na que aprenderon moitas cousas.

 Moitas grazas a Tati e a Delfín pola súa visita.

Reserva de praza instituto

 

Reserva praza IES Chamoso Lamas

Desde o 11 de xaneiro, e ata o 8 de febreiro, está aberto o prazo de Reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES CHAMOSO LAMAS. Dito alumnado, deberá presentar no noso centro:

  • ANEXO I debidamente cumprimentado, ou ANEXO I en liña.
  • Formulario de previsión de matricula.
  • Fotocopia do DNI.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (01 de marzo de 2021).

Se non desexa solicitar praza en dito instituto, pero presentou o ANEXO I,  deberá facelo constar por escrito no IES CHAMOSO LAMAS antes do inicio do proceso de Admisión. Posteriormente deberá solicitar praza noutro centro entre o 1 e o 20 de marzo, entregando o ANEXO II, debidamente cumprimentado, no centro que desexe continuar os seus estudos.

O resto do alumnado, desde Ed. Infantil ata 5º Ed. Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten Reservada praza de oficio no centro polo dereito de Permanencia. Se decide solicitar praza noutro centro ten que achegarnos unha copia da solicitude de admisión entregada nese novo centro.

 
 

DOCUMENTOS RESERVA DE PRAZA PARA

O CHAMOSO LAMAS

 DESCARGA

Reserva de praza. Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro. ANEXO I.

   

Renuncia á reserva de praza no Chamoso Lamas

Circular enviada ás familias

 

 

 

 

 

 

Luns 2 de novembro día non lectivo

 

NOTA INFORMATIVA

COMUNICAMOS ás familias que o vindeiro luns 2 de novembro é día non lectivo polo que non haberá clases. Retomaremos as clases o martes 3 de novembro.

Este festivo está autorizado pola Consellería de Educación en base ao artigo 7 da ORDE do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Boborás, 29 de outubro de 2020

 

O director

Javier Álvarez

Pagamento telemático do recibo do comedor

Preme na seguinte ligazón para ver os pasos a seguir para facer o pagamento mensual de comedor telemáticamente.

NOTA INFORMATIVA

A adaptación a este curso tan atípico e delicado está a complicar en exceso as labores docentes e de garda do alumnado en servizos como o comedor escolar.

Debido á situación excepcional pola Covid-19 e por falta de recursos de espazo, atendendo a criterios de adecuación e de seguridade, agradecemos ás familias que, no caso de que sexa posible, recollan ás 14:30 h ós fillos e fillas que coman no 1º turno de comedor.

As familias que teñan fillos/as nos dous turnos non estarían afectadas por esta nota informativa.

 

Boborás, 25 de setembro de 2020.

NOTA INFORMATIVA

FIN DE CURSO

Co motivo do FINAL DE CURSO, dende o colexio queremos informarvos do seguinte:

  • As notas publicaranse en Abalar o venres 19, ás 11:00 h.
  • Os/as alumnos/as que teñen libros do fondo de libros deberán entregalos en bo estado os días 17, 18 e 19 de xuño (xa vos avisa cada titor/a o día correspondente a cada curso).
  • Eses mesmos días (17, 18 e 19) tamén se vos entregarán os materiais dos vosos fillos/as que aínda están no cole.
  • Tamén deberedes devolver os libros da biblioteca escolar que tendes en préstamo nas vosas casas.
  • Non obstante, senón podedes eses días, non dubidedes en poñervos en contacto co centro para buscar outro día.
Distribuir contido


by Dr. Radut