Skip to Content

                              

Cursos anteriores + 2012/13 + 2011/12 + 2010/11 + 2009/10 + 2008/09

Día das bibliotecas escolares

A principios de mes foi reaberta, ao estupendo público lector que temos no colexio, a biblioteca escolar do centro.

Durante a semana anterior á celebración do Día das bibliotecas escolares realizamos na BE do centro diversas actividades, encamiñadas a estimular o uso da mesma, entre o alumnado do centro:

  • Realización de diversas actividades de formación de usuarios.
  • Diversas actividades de formación de colaboradores da BE.
  • Entrega de carnets de lectores ao novo alumnado.
  • Realización de novos marcapáxinas para facilitar a recolocación dos libros nos andeis.
  • Memorización e recitación de varios poemas alusivos á biblioteca.
  • Realización dun gran cartaz na entrada da biblioteca onde cada alumno foi colocando un libro ou conto que lle deixase pegada.
  • Reparto de novos trípticos coa normativa da BE.
  • Entrega das mochilas viaxeiras ao alumnado de Educación Infantil.
  • Representación, no rincón de prelectores, dun teatro de guiñol a cargo do alumnado de 3º Ciclo e destinado ao alumnado de Educación Infantil.

Preme para ver a reportaxe fotográfica.

 

Coidando o Planeta

O mércores 17 de outubro participamos nun obradoiro de Medio Ambiente que organizou o Concello de Boborás, no que realizamos unha serie de actividades destinadas a sensibilizarnos sobre o coidado do noso Planeta.

Escoitamos unha historia moi fermosa sobre un paxariño enfermo; elaboramos varios cartaces alusivos ao coidado do Medio Ambiente; realizamos un debate sobre cada un destes temas ambientales e para rematar fixemos un xogo de preguntas.

Ao final, recibimos de agasallo un ioió moi chulo.

 Ver reportaxe fotográfica Imaxes da actividade

Actividades complementarias e extraescolares

Na seguinte táboa reflictimos as actividades que levamos realizado no centro durante o curso 2011/2012, para ler máis sobre cada actividade premede no seu nome e se premedes na cámara fotográfica veredes a reportaxe fotográfica da actividade:

MES

DÍA

ACTIVIDADE

DESTINATARIOS

 

Todo o curso



 

Imaxes da actividade

Outubro

19 Coidando o Medio Ambiente

2º e 3º ciclo

Imaxes da actividade

Outubro

20 Mochilas viaxeiras

Educación Infantil

Imaxes da actividade

Outubro

21

Día da Biblioteca Todo o centro
Imaxes da actividade

Outubro

27 Samaín and Halloween Todo o centro Imaxes da actividade

Outubro

28

Visita ao Concello Todo o centro
Imaxes da actividade

Novembro

11

Contacontos: A ratiña... Todo o centro Imaxes da actividade

Novembro

17

O magosto
Toda a comunidade Imaxes da actividade

Novembro

24

Campo a través 2º e 3º Ciclo Imaxes da actividade

Decembro

15

Nunca sen Almorzo
Todo o centro
Imaxes da actividade
Decembro 16 Concurso de postais Todo o centro Imaxes da actividade
Decembro 20 Festival de Nadal Todo o centro Imaxes da actividade
 Xaneiro  31 Día da Paz
 Todo o centro
Imaxes da actividade
Febreiro  2 Final Campo a Través 2º e 3º ciclo Imaxes da actividade
Febreiro 19 Entroido Toda a comunidade Imaxes da actividade
Marzo 7,14 Xogos populares 2º e 3º ciclo Imaxes da actividade
Marzo 21 Kalandraka Todo o centro Imaxes da actividade
Marzo 21 Día da poesía Todo o centro  
Marzo 22 Convivencia intercentros Todo o centro Imaxes da actividade
 Marzo 22 Contos solidarios EI e 1º ciclo  
Abril 17 Mel de Galiza Todo o centro  
 Abril 18
VII torneo balonmán
3º ciclo
 
Abril 23 Día do Libro Todo o centro  
Maio 3 Obradoiro Cacimbo Todo o centro  
Maio   Concurso galego Todo o centro  
Maio 9 Contacontos da Sabela Todo o centro  
Maio 10 Viaxe a Lodoselo Todo o centro  
Maio   O sabor da aventura... Todo o centro  
Maio 16 Xogando ao atletismo Todo o centro  
Maio   Educación Vial Todo o centro  
 Maio  30 Andaina a Moldes
 Todo o centro  
Xuño 6 Exhibición de badmintón Ed. Primaria  
Xuño 20 Festival de Fin de Curso Todo o centro  
Xuño 21 Festa de Fin de Curso Todo o centro  

Andaina a Moldes

O último día de maio fixemos outra andaina ata o pobo de Moldes.
Fomos camiñando ata o área recreativa. Como medida de seguridade levamos postos os chalecos e reflectantes que nos regalou a Xefatura de Tráfico.

Chegamos ao destino previsto despois dunha hora de camiñada, que este ano se fixo máis duro pola calor que nos acompañou todo o tempo.
Unha vez que colocamos todas as cousas realizamos diversos xogos e disfrutamos das instalacións do parque. Os máis grandes xogamos ao fútbol, para non variar, e disputamos un partido moi especial: Barcelona-Real Madrid, que esta vez si que gañou o Madrid.

Témolo que repetir!!

Imaxes da Andaina a Moldes

Un mundo de Nenos

O día 25 de maio tivemos no centro unha visita moi especial, nin máis nin menos que a equipa de gravación do programa da TVG "Un mundo de nenos" que se emitirá a partir de setembro.

Do noso centro foron seleccionados dous nenos e dúas nenas que deron unha visión moi peculiar do panorama deportivo español, entre outras cousas.

Os alumnos que nos representarán no programa son Sara, Hector, Álvaro e Paula, todos eles de segundo Ciclo.

Así que xa sabedes: non vos podedes esquecer de por a TV galega no mes de setembro para ver aos novos artistas que acaban de xurdir das nosas aulas...

...quen sabe!!! ao mellor vémolos de protagonistas nalgunha serie da TVG!!

 

Imaxes da gravación

Xogando ao atletismo

O día 4 de maio participamos na actividade de Xogando ao atletismo que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro no pavillón do Paco Chao de Carballiño.

Os equipos participantes foron os mesmos que os do ano pasado. A moitos dos deportistas xa os coñecíamos doutros deportes, polo que resultou ser unha xornada de reencontro e convivencia con antigos amigos.

Acadamos un terceiro posto en alevíns e un carto posto en benxamíns.

As clasificacións don as seguintes;

  • Categoría benxamín.
  • Categoría alevíns.

 Imaxes das actividades de Xogando ao atletismo

Letras Galegas 2011

O día 16 de maio celebramos no centro o Día das Letras Galegas que este ano se adicou ao poeta monfortino Lois Pereiro. Aproveitamos esta data para facer entrega dos premios do concurso de cartaces que convocará a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística da comarca do Carballiño.

Tamén fixemos a entrega dos premios aos dous mellores lectores de cada Ciclo durante este segundo cuatrimestre.

Para finalizar realizamos unha lectura en voz alta dos cartaces gañadores do concurso que convocara a Xunta de Galiza sobre a figura de Lois Pereiro.

 

 Imaxes das actividades do Día das Letras Galegas

Correlingua 2011

O luns 9 de maio participamos na gran festa final do Correlingua que este ano, por primeira vez, se celebrou na vila do Carballiño grazas a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística, á cal pertencemos, e a colaboración ofrecida polo Concello do Carballiño.

Foi unha xornada lúdico-festiva en apoio da nosa lingua con actividades para os máis cativos e para o alumnado máis grande. Ao finalizar as actividades, quedámos a xantar no Parque de Carballiño completando así unha xornada de festa e convivencia.

Se premedes na imaxe teredes acceso á reportaxe fotográfica.

Correlingua 2011

O Correlingua é unha actividade que se celebra de xeito regular desde o curso 2000-2001, consistente en diferentes carreiras que se celebran en 15 vilas de Galiza, e na que se prevé unha participación de 45.000 rapaces e rapazas procedentes de 400 centros educativos de todo o País.

O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Confederación Intersindical Galega – Ensino (CIG-Ensino), a Mesa pola Normalización Lingüística, e os Concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, e conta tamén coa colaboración das Deputacións de Lugo, A Coruña e Ourense, así como os distintos concellos das comarcas onde ten que ten lugar a actividade.

Este ano a Coordinadora de END da Comarca do Carballiño organizamos o Correlingua na vila do Carballiño contando coa colaboración de diferentes organizacións e asociacións da zona.

O programa a desenvolver será o seguinte:

  • 10:30 Recepción dos colexios no Parque do Carballiño.
    • 11:00  Saída da carreira/paseo polas rúas do Carballiño. Circuíto pechado ao tráfico rodado.
    • Saída: Avda. do Parque, R. Calvo Sotelo, R. Mosquera, R. Rosalía de Castro, R. Curros Enriquez, R. de Lamas, e chegada á Praza Vermella.
    • 11:30  Na praza do Concello: (Alumnado de Ed. Infantil e 1º Ciclo de EP.
    • Lectura de manifesto gañador (adaptado)
    • Lectura de gañadores do concurso de cartaces da CENDL do Carballiño.
    • Espectáculo de títeres, duración de 50 minutos.
    • 11:30  Na praza vermella:
    • Recepción dos participantes. (Visionado dos traballos do alumnado participante no Correlingua).
    • Lectura do manifesto gañador. “En galego sempre somos” grupo “Palabra de lebre” do IES Agra de Leborís ( A Laracha).
    • Lectura dos gañadores no concurso de adhesivos do Concello do Carballiño.
    • Lectura dos gañadores no concurso de cartaces para fomento do emprego do galego da CENDL da comarca do Carballiño.
    • Espectáculo de maxia a cargo de Martín Camiña.
    • Actuación dun dos gañadores do cantalingua:
      • Zënzar : “ O mundo ao revés”.
      • Som do Galpom: “Antes de pequeno”.
      • Sacha na Horta: “Galiza chamiza”.

Documentos para descargar:

Día Mundial do Libro 2011

O xoves 14 de abril celebramos o Día Mundial do Libro. Adiantamos a data por coincidir este ano nas vacacións de Semana Santa.

Este ano volvemos a convocar unha nova edición do concurso de banda deseñada para toda a comunidade educativa. Previamente fixeramos obradoiros nos diferentes ciclos para iniciar e perfeccionar esta técnica de expresión ( segundo Kiko da Silva, arte) que tanto gusta aos cativos e non tan cativos.

O xurado tivo problemas para elixir os mellores traballos, xa que a calidade dos mesmos foi moi boa. Para poder gozar coa lectura de todos eles, elaboramos un libro que pasará a engordar os fondos da biblioteca.

Tamén fixemos entrega dos premios aos mellores lectores do trimestre: como o nivel acadado en lectura por todo o alumnado foi excelente, decidimos regalar un libro, a todos os alumnos e alumnas lectores, de Pepe Carreiro, titulado "O segredo do Carballiño" da colección  "Os Bolechas van de viaxe".

Para finalizar o acto, agasallamos a toda a comunidade educativa cos marcapáxinas que nos regalou a Asesoría de Bibliotecas titulado "O lugar de lectura" e que leva impreso un poema de Carlos Negro.

Na semana previa á celebración elaboramos un mural de lectura onde cada neno dibuxou a portada dun libro favorito.

 
   
Premiados no concurso de banda deseñada   

 

 Imaxes das actividades do Día Mundial do Libro

Distribuir contido


by Dr. Radut