XOVES DE COMADRES
O xoves 16 de febreiro celebramos o xoves de comadres no colexio. Todo o alumnado e profesorado asistiu disfrazado ao colexio. Este ano a imaxinación na confección dos disfraces foi espectacular e a calidade e orixinalidade dos mesmos provocou que foran moitos os premiados no desfile de disfraces que realizamos pola tarde.
Foi unha xornada educativa-festiva na que estivo presente o espírito rural e enxebre desta festa na que non faltou boa música para mover o esqueleto sen parar.
VENRES DE ENTROIDO
O venres 17 de febreiro, como acto final da semana do entroido, realizamos o desfile de entroido desde o colexio ata o Concello de Boborás, pasando polas principais rúas do pobo. A participación da comunidade educativa foi moi alta, a pesar da hora en que se celebrou.
Este ano o tema central do entroido foi o conto de "Brancaneves e os sete ananiños", na galería de imaxes podedes observar o lucidos que quedaron os disfraces que elaboraron os nenos e nenas con axuda dos seus mestres e mestras.
Como colofón final, a esta celebración, invitámos a todas e todos os participantes no evento a unha chocolatada con churros e bica elaborada pola nosa fabulosa cociñeira Ana.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |