Skip to Content

                              

Entroido

ENTROIDO

Este curso decidimos disfrazarnos de contedores de reciclaxe. Para iso pedimos a colaboración das familias e a resposta foi que nos xuntamos cunha cantidade inmensa de plásticos que desbordou todas as nosas expectativas. Nas fotos podedes ver momentos de elaboración dos disfraces, así como do día do desfile, que fixemos un percorrido polo pobo de Boborás.

ENTROIDO 2022

'MÁNDAME UN WHATSAPP' VERSIÓN XUVENCOS

Aquí podedes escoitar a versión da canción 'Mándame un whatsapp' cantada por alumn@s do centro, coa que desfilamos e bailamos no entroido.

CANCIÓN 'MÁNDAME UN WHATSAPP'

INFORMACIÓN PARA O ENTROIDO 2019

Preme nos arquivos adxuntos a continuación para ver a información deste entroido:

 

Entroido 2014

Un ano máis imos celebrar o entroido no cole de Boborás.

Coma o ano pasado, neste libro web iremos reflictindo todas as novas en relación á celebración do entroido 2014 no noso centro.

Este ano tamén cumpriremos as mandas que o meco nos vai marcando para cada día da semana.

Volveremos a realizar o desfile de entroido o xoves de comadres e a el está invitada toda a comunidade educativa. Ao remate teremos a tradicional chocolatada.

O concurso de disfraces volverá a ser o venres, como despedida do entroido2014.

Durante toda a semana cumpriremos as mandas do meco.

Animámosvos a participar a todas e todos!!

Feliz entroido!!

O entroido en Galiza

O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e pagáns, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.

Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galiza. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo, tanto Vicente Risco coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito máis antiga. Risco cría que proviña das asociacións segredas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza supón que as súas orixes pertencen á prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias tribais.

Entroido 2013

Neste libro web iremos reflictindo todas as novas en relación á celebración do entroido 2013 no noso centro.

Este ano tamén cumpriremos as mandas que o meco nos vai marcando para cada día da semana.

Con respecto a outros anos, este curso realizaremos o desfile de entroido o xoves de comadres e a el está invitado toda a comunidade educativa. Ao remate teremos a tradicional chocolatada.

O concurso de disfraces pasámolo para o venres, como despedida do entroido2013.

Animámosvos a participar a todas e todos!!

Feliz entroido!!

Celebración do entroido 2012

XOVES DE COMADRES

O xoves 16 de febreiro celebramos o xoves de comadres no colexio. Todo o alumnado e profesorado asistiu disfrazado ao colexio. Este ano a imaxinación na confección dos disfraces foi espectacular e a calidade e orixinalidade dos mesmos provocou que foran moitos os premiados no desfile de disfraces que realizamos pola tarde.

Foi unha xornada educativa-festiva na que estivo presente o espírito rural e enxebre desta festa na que non faltou boa música para mover o esqueleto sen parar.

  • Podes ver máis imaxes na Galería do Colexio 
  • Estamos elaborando o vídeo desta celebración que pronto será colgado na web.

VENRES DE ENTROIDO

O venres 17 de febreiro, como acto final da semana do entroido, realizamos o desfile de entroido desde o colexio ata o Concello de Boborás, pasando polas principais rúas do pobo. A participación da comunidade educativa foi moi alta, a pesar da hora en que se celebrou. 

Este ano o tema central do entroido foi o conto de "Brancaneves e os sete ananiños", na galería de imaxes podedes observar o lucidos que quedaron os disfraces que elaboraron os nenos e nenas con axuda dos seus mestres e mestras.

Como colofón final, a esta celebración, invitámos a todas e todos os participantes no evento a unha chocolatada con churros e bica elaborada pola nosa fabulosa cociñeira Ana.  

  • Podes ver máis imaxes na Galería do Colexio 
  • Estamos elaborando o vídeo desta celebración que pronto será colgado na web.

Mandas do entroido 2012

Xa chegou o entroido a Boborás!!

Este ano o meco tráenos as seguintes mandas

MANDAS DO MECO

O luns, trece
trae algo na cabeza,
pois comeza o entroido
que non che de pereza.

O martes, día catorce
trae os zapatos diferentes,
e ponte algo vermello
se namorado te sentes.

O mércores, día quince
no teu corpo has de poñer
algo que chame a atención
e simpático deberá ser.

O xoves, día dezaseis
se no cole queres entrar
disfrázate do que queiras
e así poderás pasar.

E o venres, día dezasete...
¡¡Brancaneves e os ananiños
por Boborás desfilarán
e a gran chocolatada comerán!!

 Invitación

 

 Descargar mandas


 

 


 

 

Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes do alumnado disfrazado coas mandas que o meco vai dando

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut