Skip to Content

                              

Entroido

Coplas entroido 2012

COPLAS ENTROIDO 2012

(Música da cantiga popular “O voso galo comadre”)

 

Retrouso

O entroido xa está aquí,

o entroido xa está aquí.

Vai tapar a cara, vai tapar a cara,

 vai tapar a cara galopín.

 

1ª Estrofa

Amiguiños e amiguiñas

prestade moita atención,

despois dun ano esperando

o entroido comezou.

 

2ª Estrofa

Como estes últimos anos

éste non ía ser menos

imos todos disfrazados

os profesores e os nenos.

 

3ª Estrofa

O disfrace deste ano

é de sobras coñecido.

Brancaneves e seu príncipe,

a bruxa e os ananiños.

 

4ª Estrofa

A pesares dos recortes,

aínda que estamos en crise,

no cole de Boborás

moita esmorga terás.

 

5ª Estrofa

O chocolate con churros

nunca nos pode faltar,

vinde a esta nosa festa

se os queredes degustar.

 

6ª Estrofa

Ata outra compañeiros

deica o ano que ven,

deixade as penas a un lado

que toca pasalo ben.

 

FIN.

 

  

Entroido 2011

Ao longo da semana do entroido/2011, foron varias as actividades que se desenvolveron no centro:

  • UD sobre o entroido en Ourense.
  • Mandas do mecos.
  • Elaboración de máscaras e cartaces sobre o entroido.
  • Xoves de comadres, onde cada quen se disfrazou do que quizo.
  • Desfile de disfraces polo pobo de Boborás, con chocolatada ao rematar no centro educativo para toda a comunidade educativa.

Este curso, o disfrace elixido para o desfile polo pobo foi o da representación do conto de Peter Pan. Uns disfrazáronse de Peter e outros de campaiña, sen esquecernos dos piratas e o cocodrilo.

 Imaxes das actividades da semana do entroido

 


 

O venres 4 pola tarde celebramos o desfile do entroido polas rúas do pobo de Boborás acompañados de moitos dos nosos familiares, algúns deles tamén ían disfrazados.

Ao rematar tomamos o chocolate con churros no patio do colexio que nos preparou Ana, a cociñeira. David, de 6º curso, fixo as veces de DiscJockey.

 Imaxes do desfile do entroido

Semana do entroido 2011

 

Durante a semana do 28 de febreiro ao 4 de marzo celebraremos no centro o entroido.

Este ano o meco tráenos cinco mandas de obrigado cumprimento para poder acceder ao centro.

O venres 4 de marzo celebremos o desfile de entroido polas rúas do pobo. Ao finalizar estades todos invitados a unha gran chocolatada no patio do colexio.

Animádevos a parricipar!!!

 

 

Descargar a invitación

 

 

Desfile de disfraces 2010

Durante toda a semana do entroido celebramos esta festa no colexio. Este ano como novidade o xoves de comadres toda a comunidade educativa apareceu disfrazada no centro con disfraces de libre elección.

O venres de entroido foi a culminación de toda a semana carnavalesca, onde o acto principal foi o desfile que realizamos por todo o pobo de Boborás. Este ano a temática foi o conto de "O soldadiño de chumbo": uns escolleron ir de soldadiños e outros de bailarinas.

Como en anos anteriores, ao finalizar o desfile toda a comunidade educativa estivo envitada a unha gran chocolatada.

 Podedes ver máis imaxes na galería do centro

Desfile de disfraces 2009

Todos para un e .... !!!

Durante a semana do entroido realizamos no centro diversas actividades relacionadas co mesmo: elaboración de murais, decoración de máscaras, confección de disfraces...

Este ano fomos disfrazados de mosqueteiros e como novidade fixemos o desfile de disfraces por toda a vila de Boborás. Durante o desfile todos os alumnos e alumnas entoaban as Coplas do entroido que foron dirixidas pola mestra de Música. 

Como remate da festa degustamos chocolate con churros e bica de Boborás que con moito agarimo nos preparou Ana a cociñeira.

Se queredes wer máis imaxes premede na cámara 

Invitación á comunidade educativa

Descargar en pdf a comunicación sobre a celebración do entroido o día 20 de febreiro

Entroido 2009

20/02/2009 19:30
Etc/GMT

Durante a semana do 16 ao 20 de febreiro celebraremos no colexio o Entroido. O venres 20, pola tarde, faremos un desfile de disfraces polos arredores do colexio.

Remataremos, como ven sendo tradición,  cunha chocolatada á que está invitada toda a comunidade educativa.

Distribuir contido


by Dr. Radut