COPLAS ENTROIDO 2012 (Música da cantiga popular “O voso galo comadre”) Retrouso O entroido xa está aquí, o entroido xa está aquí. Vai tapar a cara, vai tapar a cara, vai tapar a cara galopín. 1ª Estrofa Amiguiños e amiguiñas prestade moita atención, despois dun ano esperando o entroido comezou. 2ª Estrofa Como estes últimos anos éste non ía ser menos imos todos disfrazados os profesores e os nenos. 3ª Estrofa O disfrace deste ano é de sobras coñecido. Brancaneves e seu príncipe, a bruxa e os ananiños. 4ª Estrofa A pesares dos recortes, aínda que estamos en crise, no cole de Boborás moita esmorga terás. 5ª Estrofa O chocolate con churros nunca nos pode faltar, vinde a esta nosa festa se os queredes degustar. 6ª Estrofa Ata outra compañeiros deica o ano que ven, deixade as penas a un lado que toca pasalo ben. FIN. |