Skip to Content

Concurso cartaces fomento do emprego do Galego.

Como en anos anteriores, participamos no concurso de cartaces que convocou a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da Comarca do Carballiño.

No noso centro resultaron premiados os traballos de Noelia de Ed. Infantil e os de Juan/Aarón e Gabriel de 3º Ciclo. O mérito foi enorme, xa que o nivel dos traballos presentados polos outros centros foi espectacular.

Este ano os premios aos traballos gañadores serán entregados durante a celebración do Correlingua 2011 que se realizará o 9 de maio polas rúas da vila do Carballiño e que organiza a CENDL da Comarca do Carballiño, á cal pertencemos nós.

 

 

 

Ver cadro de honra dos traballos premiados.

Imaxes dos traballlos gañadores 



page | by Dr. Radut