Skip to Content

Abrapalabra de Carlos Coira

O mércores 2 de febreiro tivemos no centro  o espectáculo de maxia Abrapalabra dentro o programa de dinamización do uso do galego que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística para os mozos e mozas de 3 a 18 anos, Bocaberta 2010-2011,

Esta iniciativa, que busca favorecer o uso do galego entre as franxas de idade máis novas, visitou nestes catro meses preto de 200 concellos.

No espectáculo o ilusionista Carlos Coira mostroulles os seus trucos aos máis pequenos para facelos gozar coa maxia das palabras. Ao finalizar o acto agasallou cun libro de maxia a todos e todas os nenos e nenas para que eles mesmos se iniciasen no mundo da maxía.

Ver reportaxe fotográfica Imaxes da actividade



page | by Dr. Radut