Skip to Content

                              

Blogues

Actualidade no CEIP Xuvencos

 

 Actualidade no CEIP Xuvencos 

   
Curta "Que mal cheira"  A nosa biblioteca en EDUGA
   
Curta realizada polo alumnado de Ed. Infantil e de 1º Ciclo de ed. primaria. No número 65 da revista EDUGA sae publicado un artigo sobre a importancia da coordinación nas bibliotecas elaborado polo noso centro... 
Ler máis  Ler máis
Festival Fin de Curso Festival de Fin de Curso
Actuacións realizadas polo alumnado no festival de Fin de Curso 2012/2013 Vídeo recopilatorio as actividades realizadas ao longo do curso 2012/2013.
Ler máis Ver máis
Orlas do curso 2012/2013 Libros de texto e material escolar 201/2013
Estas son as orlas do alumnado que termina Etapa educativa no noso centro... Relación de libros de texto e material escolar para o curso 2013/2014.
Ver as orlas  Ler máis
Despedida do programa PROA Andaina ata Moldes
Na semana do San Antonio celebramos a festa final do programa PROA... O 14 de xuño realizamos unha andaina ata o pobo de Manuel Chamoso Lamas...
Ler máis Ler máis
Colombofilia Axudas para libros do curso 2013/2014
O 31 de maio tivemos no centro un relatorio sobre a colombofilia impartido por membros da Federación Galega... Desde o 3 de xuño e ata o 3 de xullo está aberto o prazo de presentación de solicitudes de axudas para mercar os libros escolares do curso 2013/14
Ler máis Ler máis
Manuel Chamoso Lamas Excursión á praia
Pescudamos información sobre un dos veciños máis ilustres do noso Concello, Don Manuel Chamoso Lamas ... O 4 de xuño, viaxamos ata Samil para disfrutar dunha xornada de praia...
Ler máis Ler máis
Día das Letras Galegas I torneo de bádminton
Durante a semana das Letras Galegas realizáronse no centro numerosas actividades para conmemorar esta data... No mes de maio desenvolveuse no centro o I torneo de bádminton cunha gran espectación...
Ler máis Ler máis
V ruada de Boborás  Xogando ao atletismo
O 11 de maio tivo lugar nas instalacións do centro a V ruada de Boborás organizada pola agrupación cultural "Os Serandeiros"... O 22 de maio participamos na xornada deportiva de Xogando ao atletismo que organiza a Agrupación Deportivo Arenteiro...
Ler máis Ler máis
Visita de Anxo Moure Almorzo saudable
O 8 de maio tivemos a visita dun dos nosos contacontos favorito: Anxo Moure que nos trouxo historias de árbores e ... O 9 de maio teremos no centro o almorzo saudable, actividade realizada en colaboración coa Consellería de Sanidade...
Ler máis Ler máis
Concurso de cartaces Roteiro polo Arenteiro
Resolveuse o concurso de cartaces e marcapáxinas da CENDL da comarca do Carballiño... O 30 de abril realizamos un roteiro polo río Arenteiro nas inmediacións do Carballiño...
Ler máis Ler máis
Día do libro 2013 Os perigos de internet
No mes de abril realizamos varias actividades para conmemorar oDía do Libro... O 23 de abril tivemos un relatorio sobre os perigros de internet a cago do responsable do CEMIT de Boborás.
Ler máis Ler máis
Obradoiro de Xogos Populares Solicitude de praza no centro
En abril realizamos no centro un obradoiro de xogos populares coa colaboración do Centro cultural Popular Xaquín Lorenzo... Desde o 5 de abril está aberto o prazo de solicitude de de praza para o curso 2013/2014 no noso centro...
Ler máis  Documentación  Tríptico  Secretaría
Mercedes Martínez Biozca Torneo de minbalonmán
O 3 de abril foi unha data moi triste para o colexio pola morte de Mercedes, mestra do cole desde os anos oitenta...Ata sempre!! O 17 de abril participaremos no VIII torneo de minibalonmán que organiza a Agrupación Deportiva Arenteiro.
Ler máis Ler máis
Letras Galegas 2013 Concurso de cartaces e marcapáxinas
Este ano o Día das Letras Galegas adícase ao dramaturgo, actor, director... Roberto Vidal Bolaño... A Coordinadora de EDL da comarca do Carballiño convocou o V concurso de cartaces e marcapáxinas...
Recursos para o seu estudo Ler máis
Convivencia de EDL Nós tamén creamos
O día 21 de marzo celebramos a V convivencia de EDL da comarca do Carballiño no CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo... O noso centro foi escollido para participar no concurso "Nós tamén creamos" no que intentaremos elaborar unha curta...
Ler máis Ler máis
Semana da Prensa  Día da Poesía
Semana da PrensaRecopilación de materiais para traballar no aula durante a semana do 11 ao 15 de marzo O 19 de marzo, celebramos o Día da Poesía no colexio con dous días de antelación...
Ler máis  Ler máis
24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro  Club de lectura: Agustín Fernández Paz
O 24 de febreiro conmemoramos o nacemento da poetísa Rosalía de Castro. Este ano cúmprense 150 anos da publicación de Cantares galegos... No Club de Lectura da biblioteca traballamos este trimestre o libro de Agustín Fdez Paz "O raio veloz"...
Ler máis  Ler máis
Día de San Valentín  Proxecto piloto E-LBE
O 14 de febreiro celebramos o Día de San Valentín coa realización de diversas actividades... O noso centro foi seleccionado, xunto a outros 25 de toda Galicia, para participar neste proxecto...
Ler máis Ler máis
Día da Paz e non Violencia  Celebración do entroido
O 31 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz e non Violencia realizando varias actividades ... Libro web onde reflictimos as novas sobre a celebración do entroido 2013...
Ler máis Ler máis
Canción de Xuve Campo a través
O alumnado do cole, baixo a supervisión da profe Carol crearón unha canción para a nosa mascota da biblioteca... O 24 de xaneiro participaremos na Final Comarcal de Campo a través que se celebrou no Puzo do Lago de Maside.
Ler máis Ler máis
 Calendario ano 2013  Festa de Nadal
 Xa podedes descargar o calendario do ano 2013 realizado coas postais gañadoras do concurso convocado polo EDL do centro... O 20 de decembro celebramos a Festa de Nadal co alumnado do centro. Este ano decidimos que o festival para os pais se fará a final de curso...
 Ler máis  Ler máis
O día máis "doce" Guía de lecturas para Nadal
O 12 do 12 de 2012, ás 12 horas e 12 minutos saímos ao patio do colexio a celebrar este momento tan peculiar...

Xa está dispoñible a guía de recomendacións lectoras, do Equipo de Biblioteca, para este Nadal...

Ler máis Ler máis
Postais de Nadal Lendas de Nadal
Coma en anos anteriores realizamos o concurso de postais de Nadal... Acabamos de realizar un libro electrónico sobre as Lendas do Nadal que iremos ampliando pouco a pouco...
Ler máis Ler máis
Contatos-programa Acrosport
O proxecto presentado polo centro para participar nos Contratos-programa da Xunta de Galiza foi aprobado... Todo o alumnado do centro está participando activamente nas sesións de acrosport que se organizan desde o área de Ed. Física
Ler máis Ler máis
Recicla ben, separa mellor... Día da Discapacidade
O 3 de decembro realizaremos un obradoiro de reciclaxe organizado por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente.. O catro de decembro conmemoraremos o Día da discapacidade coa realización de diversas actividades de concienciación no centro...
Ler máis Ler máis
Campo a través no Puzo do Lago  Seguridade en internet
Puzo do LagoO 22 de novembro participamos na Fase Zonal do Carballino da proba de Campo a través que se celebrou no Puzo do Lago... O xoves, 29 de novembro, tivemos no colexio un obradoiro de seguridade en internet que foi impartido por un Tenente da Guarda Civil, dentro do programa Director...
Ler máis Ler máis
Renovación parcial do Consello Escolar O magosto
Durante o mes de novembro tivo lugar o proceso para renovar o Consello Escolar... O día 13 de novembro celebraremos a festa do magosto no colexio... se o tempo o permite.
Ler máis Ler máis
Dedicatoria de Geronimo Stilton Samaín & Halloween
O venres 20 de outubro paraticipamos na presentación do último libro de GS e adicounos un exemplar para a biblioteca... O proximo martes celebraremos no cole a festa do Samaín coa realización de múltiples actividades terroríficas...
Ler máis Ler máis
Día internacional da biblioteca  Biodiversidade en Galiza
Na semana do 24 de outubro celebramos o Día Internacional da biblioteca coa realización de diversas actividades... O venres 20 de outubro visitamos a exposición sobre biodiversidade que realizou o Concello de Boborás....
Ler máis Ler máis
Obradoiro de reciclaxe  Teatrillo xaponés "kamishibai".
O día 5 de outubro realizamos no noso centro un obradoiro de reciclaxe para aprender a separar ben o lixo... Este ano participaremos nun programa da Consellería de Educación que fomenta a utilización desta técnica ...
Ler máis  Ler máis
Novo horario de clases Reunión cos pais e nais do alumnado
Este curso temos un novo horario de clases. Preme no reloxo para descargalo
Calendario escolar para o curso 2012/2013
O xoves, 13 de setembro, realizamos a 1ª reunión cos pais e nais do alumnado do noso centro, para informar das novas deste curso...
Ler máis Ler máis
Programación Xeral Anual PLAMBE: Proxecto de biblioteca
Plan Xeral AnualNesta ligazón podedes descargar o PXA que se desenvolverá no CEIP Nosa Sra de Xuvencos ao longo do curso 2012/2013. Imaxe creada por Julián DobbsO noso proxecto de biblioteca foi elixido por cuarto ano consecutivo para participar no Plan de Mellora de Bibliotecas do curso 2012/2013.
Descargar PXA 2012/2013  Para saber máis
Mellor proxecto de fomento do galego Proxecto Abalar
O proxecto do noso centro foi elixido o mellor de entre todos os centros de Galicia

O noso centro participa no Proxecto Abalar desde o curso 2011/2012.

Ler máis Ler máis
 Programacións curso 2012/2013 Proxecto Educativo

Aquí podedes ver as programacións de aula do curso 2012/2013. Desde esta ligazón podedes descargalas todas en .doc

Na seguinte ligazón está a vosa disposición o Proxecto Educativo do centro con todos os Plans e Proxectos que o integran.

 Ver programacións   Ler máis
Libros de texto Diario de Xuve
Este é o novo listado de libros de texto para o curso 2012/2013.

Podedes ler e descargar o xornal do colexio dixitalizado .

Esperememos que sexa do voso agrado,

Ler máis  Ler o xornal
Acollida dos alumnos de Ed. Infantil Xogade

Para aqueles pais e nais de Educación Infantil que solicitaron praza no noso centro elaboramos este boletín informativo.

Durante este curso  participaremos de novo no programa de Deporte en idade escolar.

 Descargar pdf   Ler máis
Tríptico informativo sobre o noso colexio  Como era...?
Se estás interesado en matricularte no noso centro no apartado de secretaría atoparás toda a información necesaria.

"Poñendo os lentes" para a Prevención da Violencia Sexual contra a Infancia impartida pola asociación AMINO Galicia.

 Tríptico informativo  Impresos  Ler máis Ler máis

 CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás.

Restablecemento do servizo de pediatría na comarca de O Carballiño

Segue a loita polo restablecemento do servizo de pediatría na comarca, por parte da plataforma para a defensa da Sanidade Pública de O Carballiño.

Esta vez, a través dun hospital informativo, na Praza Maior do Carballiño, de 11.30 a 13.30 horas, este domingo 25 de febreiro.

 

Hospital informativo

 

Desde a comunidade educativa do CEIP Xuvencos, seguimos apoiando e animando á plataforma na súa entrega e demanda. Por unha sociedade digna! Por unha comarca cun grado mínimo de calidade de vida, saúde e benestar social!!

 

Na seguinte infografía, poderás ver un resumo de todo o traballo realizado.

 

 

Actividade conmemorativa Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

Hoxe o alumando de 3º ciclo de ED. Primaria tivo a sorte de escoitar e participar nunha actividade conmemorativa polo 11F

 

 

 

A profesora María José Vázquez Figueiredo, da Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense  (á que agradecemos que se achegase ao noso centro)  tivo unha sesión formativa con este alumnado, que estaba plantexada nos seguintes bloques:

 

 

1º PARTE. Muller e ciencia.

2º PARTE. Proxecto Humaniza_TRICS.

3º PARTE. Taller Humaniza_TRICS. O impacto das redes sociais e a intelixencia artificial na educación sexual dos/as cativos/as

4º PARTE. Sumámonos a carreira INVESTIGADORA.

(Aínda que por cuestións de tempo , a 4ª parte non se desenvolveu plenamente)

 

 

A continuación unha pequena explicación do desenvolvemento da actividade:

Na primeira sesión, Mª José explicounos  en que consiste o traballo dunha investigadora, que a investigación aparece en distintos ámbitos: ciencias, humanidades, artes, saúde...

Tamén Visionamos un vídeos curtos de diferentes investigadores/as galegas

Falounos tamén da importancia de fomentar a vocación investigadora nos nenos e nenas

 

Posteriormente  comentounos que participa nunha investigación sobre a violencia de xénero

E a continuación abriu debate co alumnado que empezou a participar animadamente

(Texto elaborado pola profe Carmela) 

 

 

Tamén houbo tempo para respostar a preguntas abertas, para escoitar música que quizais non somos conscientes da carga de violencia contra a muller que contén, e algunha cousiña máis... para espertar o seu pensamento crítico ...

 

Moitas grazas a Mª José por compartir o seu tempo con nós, e a Karina , da Unidade de Cultura Científica da Uvigo por poñernos en contacto.

 

REUNIÓN CLUB DE LECTURA FAMILIAS E PROFESORADO: FALAMOS DE SENLLEIRAS

O pasado xoves día 15 tivemos reunión do Club de Lectura de Familias e Profesorado para falar da nosa última lectura: SENLLEIRAS de Antía Yáñez. 

 

Foi unha reunión moi interesante, na que se compartiron impresións, falamos do libro, da sociedade na que vivimos ( e tamén houbo tempo para falar dalgunha nova de plena actualidade) do maltrato á muller, de que os tempos cambian pero hai cousas que permanecen...

De que non toda a violencia de xénero é física, de que concienciar e traballar o tema é cousa de homes e mulleres...

 

A historia de Senlleiras, é dura pero tamén é real, e por desgraza moi actual. falamos de dependencia, de educación, de medo....

 

Despois falamos da seguinte lectura, desta volta está  "patrocinada" polo CEIP DE Petelos ( en Mos) que nos deixaron os exemplares de "A lavandeira de San Simón", de Eva Mejuto e tamén nos fixeron unha proposta para levar a cabo unha actividade conxunta entre os 2 clubs ao final do curso...

 

 

Despois de repartir os exemplares ( e preparar o reparto para as que non puideron asistir á reunión) pasamos á "sala de mestras" para falar dun xeito máis relaxado e tomar a nosa tradicional "merendiña".

 

Desta volta, queremos agradecerlle a Susi que trouxese unhas galletas caseiras con chispiñas  de chocolate que estaban moi moi boas  e tamén unhas filloas  caseiras, que estaban espectaculares. 

 

 

Concentración polo restablecemento da atención pediátrica

Lembramos que a plataforma para a defensa da Sanidade Pública de O Carballiño convoca, de novo, unha concentración para hoxe 16 de febreiro ás 18.30 horas na Praza Maior do Carballiño, polo restablecemento do servizo de pediatría na comarca. 

Neste caso, a esta concentración únense as plataformas de Xinzo e Verín, que están a sufrir igualmente recortes na atención pediátrica.

O servizo de pediatría é un servizo esencial e necesario en toda comunidade ou sociedade que se prece actual e comprometida coa conciliación familiar así como coa procura dun grado mínimo de calidade de vida, saúde e benestar social.

Desde a comunidade educativa do CEIP Xuvencos sumámonos á concentración de hoxe e á solicitude de restablecemento deste dereito básico e tan necesario para a nosa comarca.

Desfile do entroido ao pobo de Boborás

 

Estimadas familias, informámosvos do seguinte:

tal e como falamos a semana pasada, dadas as predicións meteorolóxicas para mañá e coa cautela correspondente, mañá venres 16 de febreiro celebraremos o desfile do entroido no pobo de Boborás.

O horario será diferente, pois contamos con menos persoal laboral docente e non docente, polo que reducimos parcialmente a actividade, quedando da seguinte forma:

 

 Cronograma desfile entroido

 

O desfile ao pobo comezará ás 12.50 horas aproximadamente. AS FAMILIAS QUEDADES CONVIDADAS AO DESFILE E ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR!!

 

Por motivos de xestión, de organización e de seguridade, pedimos ter en conta os seguintes puntos:

  1. O alumnado debe levar ao cole roupa negra (escura, no seu defecto) para realzar os disfraces de cada curso.
  2. Por organización e seguridade, durante o desfile, as familias deberán situarse ao final do mesmo.
  3. Se algunha familia decide levar antes de tempo a un alumno/-a, deberá comunicalo á titora correspondente (a poder ser, antes das 10.00 horas, para avisar a comedor).
  4. O alumnado/familia poderá levar o disfraz para casa.

 

Con isto, dariamos por finalizado o entroido 2024 no CEIP Xuvencos.

Por precaución, se vemos antes do recreo que as predicións meteorolóxicas empeoran considerablemente, veriamonos obrigad@s a suspender definitivamente o desfile, tendo clases normais durante todo o día. De ser o caso, actualizariamos a información o antes posible.

 

A dirección.

 

 

 

Ilusións ópticas

Para conmemorar o 11F, Día Internacional da Muller e a nena na ciencia o alumnado de cuarto de educación primaria creou os seus propios caleidociclos con catro investigadoras que realizaron valiosas achegas no avance da tecnoloxía óptica: Katherine Blodget, María Goeppert-M, Hedwig Kohn e Donna Strickland.

O caleidociclo é un anel tridimensional articulado que pode virar sobre si mesmo indefinidmente sen romperse nin deformarse, creado por Doris Schattschneider, inspirándose nos patróns de Escher (artista gráfico neerlandés famoso polas súas obras que desafían a percepción dos nosos ollos e exploran ilusións ópticas e xeometrías surrealistas).

11F: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 

O 11F conmemórase o  Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia .

Hai uns días fixemos unha publicación con RECURSOS para conmemorar esta data, e cada un dos ciclos traballouna dun xeito distinto.

Así no terceiro ciclo fixeron unha tarefa de investigación sobre mulleres científicas e elaboraron uns cartaces informativos ( que adxuntamos nesta publicación en formato PDF para que se perciba mellor a súa calidade)

Ademais están en proceso de gravación en Radio Xuve de pequenas pílulas informativas sobre eleas ( xa que o día 13 é o día Mundial da Radio)

 

No segundo ciclo decidiron facer tamén unha pequena busca de información, na que tiveron que seleccionar a 3 mulleres científicas e despois de consultar parte da nosa colección da B.E.

Para posteriormente escoller a unha delas e indicar  cal é o feito diferencial co que "destacou".

 

 

No primeiro ciclo decidiron investigar sobre María Teresa Miras Portugal, xa que naceu no Carballiño e desenvolve a súa carreira como Bioquímica e experta en Bioloxía Molecular.

 

En ED. Infantil centrámonos en visibilizar a data e visionar algúns vídeos informativos adaptados á idade do alumnado.

 

 

 

 ACTUALIZACIÓN A DÍA 19 DE FEBREIRO:

Hoxe tivemos unha actividade conmemorativa polo 11F a cargo da profesora María José Vázquez Figueiredo, da Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense  (á que agradecemos que se achegase ao noso centro)

E aquí queda o enlace á publicación na web sobre esta charla divulgativa: ACTIVIDADE CONMEMORATIVA POLO 11F 

 

MENÚ FEBREIRO

Prema na seguinte LIGAZÓN para visualizar o menú de febreiro.

11F. DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 

O 11 de febreiro conmemórase o
 
Imos desenvolver unha serie de actividades a nivel ciclo, relacionadas con esta data: de investigación (sexa na web ou mediante os libros que temos relacionados coa temática) , algunha charla informativa por parte dunha muller científica galega (grazas á Uvigo), xogos e visionado dalgúns vídeos
 
O  primeiro que faremos será recordar o traballo que desenvolvemos hai 3 cursos sobre esta temática, que comezamos en novembro e rematamos no 8M: Científicas Galegas: Mulleres Bravas.
 
Aquí deixamos o RAP que fixemos  como produto final deste proxecto:
 
 
 
 
 
  
Na páxina web 11 de Febreiro  podedes atopar moitísimo material para traballar este tema: actividades, materiais, estatísticas, información sobre mulleres e ciencia, chicas e estudos STEAM e un longo etc...
 
 
Aquí vos deixamos un vídeo, titulado "Ese lugar"  que foi eaborado pola Cátedra de Cultura Ciencífica da UPV/EHU. Xa que o 11 de febreiro será o día da Muller e a Nena na Ciencia, e o día seguinte... e os que virán despois... 
 
 
 
 
 
 
 
 
Este vídeo "Yo quiero ser científica" no que 9 mestras da Universidade pública de Navarra (UPNA) son intérpretes e autoras dunha obra de teatro divulgativa na que rescatan a vida e obra de mulleres científicas do pasado:
 

 

 
 

Para os  máis pequenos, este vídeo gañador do concurso de curtametraxes  da Unesco   "Mujeres en la CTI y matemáticas": 

 

 

 

 

 Podedes ver tamén a serie de animación "Mujer en la ciencia" 

As ilustracións e a animación do vídeo deste proxecto son do profesor de bioquímica Iñigo Izal Azcárate e a narración en "voz en off "corre a cargo da periodista Eva Lus (Radio Universidad de Navarra).Tamén colabora nesta serie de animación o grupo Women for Science and Technology e diferentes persoas expertas asesoran na elaboración dos guions das distintas biografías.

As protagonistas destas historias son:

A microbióloga Alice Catherine Evans (1881-1975).

A enfermeira e estadística Florence Nightingale (1820-1910)

A bióloga e divulgadora Rachel Louise Carson (1907-1964)

A astrónoma Cecilia Payne-Gaposchkin (1900-1979), …

(fonte  https://mujeresconciencia.com/2019/11/19/serie-de-animacion-la-mujer-en-la-ciencia/)

 

 

Se queredes seguir "curioseando" deixámosvos un link con libros e películas recopilados en 11defebrero.org. ( E se premedes aquí, accederedes a todos os materiais dispoñibles)

 

 
Tedes á vosa disposición os PODCAST de "VOCES 11F"    (hai 4 tempadas nas que diversas mulleres científicas falan do seu traballo, das súas investigacións e das súas experiencias) 

 

 

Se vos apetece xogar "ó rosco das científicas" non tedes máis que premer AQUÍ 

 
CIENTÍFICAS: O CÓMIC  dende a Universidade de Sevilla e executado pola precisa man da  ilustradora Raquel García Ulldemolins
 
 
Outra iniciativa destacable foi a de "Mi científica favorita" 
É unha iniciativa da  Comisión de Género do Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT) en colaboración coa Unidad de Comunicación del ICMAT e  a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, e coa asesoría do mestre de educación primaria Roberto Soto Varela.
 
(Premede nos seus nomes para acceder á información sobre elas) 
 
 
Podedes descargar este libro de balde, en PDF premendo aquí: MI CIENTÍFICA FAVORITA  tamén podedes descargar en PDF  "MI CIENTÍFICA FAVORITA 3" 
 
 
Outra páxina que non se pode esquecer nesta viaxe de referenciación da muller e a nena na ciencia é MUJERES CON CIENCIA onde poderedes atopar todo tipo de noticias, materiais, actividades relacionadas, coas mulleres e coa ciencia...
 
 
E para finalizar, este vídeo curto, pero moi clariño, tirado da páxina   #NoMoreMatildas  
 
 

ACTUALIZACIÓN: Engadimos unha recomendación feita dende o  Centro Oceanográfico de Vigo (Instituto Español de Oceanografía - IEO)

"Oceánicas: pioneras de la oceanografía"  onde nos contan a historia de 10 científicas ilustres .

Podedes descargar o libro en PDF de balde!!! 

 

Dende o equipo de biblioteca agardamos que todos estes recursos e información vos sexa de utilidade.

#11deFebreiro2024          #11F             #11Febreiro.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut