Día Internacional da Discapacidade

O 3 de decembro está adicado ao Día Internacional da Discapacidade. No noso centro realizamos unha serie de actividades encamiñadas a sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre a discapacidade... ás cales lle daremos continuidade ao longo de todo o curso.

Na biblioteca, a Orientadora do centro fixo un relatorio co fin de sensibilizar ao alumnado e profesorado.

Unha vez rematado o relatorio, vivenciamos coa participación nunhas pequenas paraolimpiadas, que organizaron os mestres no patio, as dificultades coas que se poden atopar as persoas que presentan algunha discapacidade.

As probas deportivas realizadas realizadas foron as seguintes:

  • Carreiras de cegos con guía.
  • Carreira de relevos coas mans atadas ás costas.
  • Proba de velocidade cun zanco nun pé.
  • Circuíto de slalom cunha cadeira de rodas.

 


Actividades

 

A miña discapacidade 

Unidade didáctica da ONCE

No blog "en la escuela caben todos" atoparedes bastantes recursos sobre a discapacidade.

Entrada no Blog "Boborás en Xogo".

 


Vídeos de sensibilización

 

 

 


Galería de imaxes das actividades