Skip to Content

Ata sempre Mercedes!!!

Esta nova que estou escribindo é desas que nunca pensas que farás, xa que é duro aceptar que non volverás a ver á persoa coa que compartiches tanto  traballo, esforzo, interese, logros, alegrías, tamén tristezas….pero enseguida te das conta de que son moitos os momentos que xamais esquecerás, que os bos recordos desta persoa perdurarán na túa vida xa que deixaron unha pegada imposible de borrar.

Como podedes adiviñar pola imaxe, estou a falar da nosa querida amiga e compañeira de traballo ata fai pouco, Mercedes… “profe” para moitos de vós, ou de vosos pais e nais,  ao longo destes últimos 30 anos.

Foi unha persoa exemplar, e moi dilixente, no desenvolvemento do seu traballo como mestre, o que lle valeu ás veces inxustamente para ter fama de moi ”dura” xa que ao convivir de cerca con ela, observabas que todo o que facía no aula era sempre na busca da mellora e progreso do seu alumnado, calidade que non sempre se lle recoñece a un mestre e que eu subliño intencionadamente no caso de Mercedes.

Agora que descansas en Paz, e nos observas desde o Ceo, que saibas que sempre te recordaremos e vivirás na nosa memoria.


Ata sempre Mercedes!!




page | by Dr. Radut