Skip to Content

                              

Blogues

En defensa da atención pediátrica en O Carballiño.

 

Dende o CEIP Xuvencos de Boborás, queremos trasladar o noso agradecemento e apoio á Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de O Carballiño, pola súa loita en relación ao deterioro actual da atención pediátrica na comarca de O Carballiño.

Como consecuencia, sumámonos a esta iniciativa de demanda do restablecemento do servizo de pediatría en toda a nosa comarca, habilitando no centro educativo un punto de recollida de firmas promovida pola plataforma.

A atención pediátrica é un servizo esencial e necesario en toda comunidade ou sociedade que se prece actual e comprometida coa conciliación familiar así como coa procura dun grado mínimo de calidade de vida, saúde e benestar social.

 

A dirección.

 

Actuación dos Bolechas no CEIP Xuvencos

 

 

O vindeiro martes 28 de novembro, ás 16.00 horas, teremos no CEIP Xuvencos unha actuación dos Bolechas.

Os Bolechas falan das familias é unha actuación que se desenvolve dentro do proxecto Facemos Corresponsabilidade 2023 no marco do Plan Corresponsables, promovido pola Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS) co financiamento do Ministerio de Igualdade a través da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Destinado aos nenos e nenas en idade escolar e ás súas familias, a iniciativa pretende reforzar o concepto de diversidade familiar e da importancia do valor da corresponsabilidade tanto dentro da familia como no resto da sociedade. De forma lúdica e didáctica, os nenos e nenas poderán aprender sobre a aceptación e importancia da diversidade familiar, através dun conxunto de actividades como:

  • teatriño cun Bolecha monicreque 
  • video de Os Bolechas falan das familias
  • taller de xogo de preguntas e desafíos
  • coñecer a web interactiva de Os Bolechas falan das familias
  • agasallo de materiais didácticos a todos os nenos e nenas asistentes

 

A entrada é de balde e non é imprescindible ser alumno/a do colexio onde se celebran para poder asistir.

 

Cumprimenta este formulario de inscrición para que o teu neno ou nena poida desfrutar destas actividades.

 

 

 

MAGOSTO 2023

Viva o Magosto!!!!!

     O luns 13 de novembro, o alumnado e profesorado do CEIP Xuvencos celebramos o magosto. Bailamos e cantamos un montón e tamén comemos castañas e chourizos ben deliciosos. Aquí tedes un pequeno vídeo que resume o noso dia.

 

 

 

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE FAMILIAS E PROFESORADO: CURSO 2023/24

O pasado xoves día 9 de Novembro tivemos a primeira reunión do Club de Lectura de familias e profesorado.

Este curso aumentamos o número de familias participantes , aínda que como pasa ás veces por diversos motivos, varias das novas incorporacións non puideron asistir.

Comezamos ás 16:00 horas na zona “maker” da nosa biblioteca.

O punto principal foi falar das nosas “Lecturas de Verán”, e houbo un pouco de todo, en xeral gustaron  pero tamén houbo algunha delas que non foi o interesante que se podía agardar, ou que a espectativa non se cumpriu...

 

 Falamos das lecturas posibles para este curso, e a idea de comezar cunha de Ledicia Costas, como fixemos os dous cursos anteriores, que casualmente acaba de sacar un libro de poesía: “Ultraluz”.

A poesía quizais non sexa o xénero máis popular no noso club, falamos de varias ideas para facer unha lectura compartida e reflexionar sobre o contido e compartir as nosas impresións. Tamén se falou de que as novas incorporacións lesen o primeiro libro que lemos no club: “Golpes de Luz” de Ledicia costas tamén e tamén falamos da seguinte lectura para todas.

 

Unha vez compartidas as nosas impresións sobre as lecturas de verán pasamos á tomar un café á sala de mestras e queremos agradecer a Bea e a María Luísa que aportaron parte da sobremesa.

 

Beatriz fíxonos 2 receitas dun libro de Receitas de Harry Potter: uns panciños de queixo moi saborosos e unhas galletas que estaban moi boas. Pola súa parte María Luisa deleitounos cun “brownie saudable” sen azucre e con fariña de avea que estaba espectacular. Finalizamos a reunión con varias ideas de lecturae postergamos a seguinte reunión para final de trimestre e xa coa nova lectura escollida xa máis de relax...

 

 

Realidade Aumentada

Na semana do 6 ao 10 de novembro o alumnado de 4º de Educación Primaria coñeceu a Realidade Aumentada.

Primeiro fixeron o seu propio Merge Cube en cartulina blanca. Despois descargamos na tablet as aplicacións Merge Object Viewer, Merge Explorer e Merge HoloGlobe.

A continuación accederon ao menú de ciencia no visor de obxectos e escolleron a colección de anatomía humana, onde puideron ver os diferentes aparellos e órganos que compoñen o corpo humano e observaron cómo os obxectos se animaban e cobraban vida.

Foi unha experiencia moi bonita e que repetiremos en vindeiros temas.

Aquí vos deixamos un video para que vexades o ben que o pasaron.

SAMAÍN!!!!!

O martes 31 de outubro tivemos unha terrorífica celebración. O alumnado e o profesorado do colexio celebramos o SAMAÍN!!!. Debemos dar a noraboa ao equipo de actividades complementarias e a todo o profesorado que se implicou e traballou moi duro para que os nenos e nenas do cole disfrutaran ao máximo.

Aquí vos deixamos un vídeo resumo das actividades.

FELIZ SAMAÍN!!!

MENÚ NOVEMBRO 2023

No arquivo adxunto podedes consultar o menú do mes de novembro.

Formación de RADIO

A radio escolar supón un recurso extraordinario para traballar moitos aspectos do curriculum dun xeito atractivo e motivante para o alumnado. O profesorado do Xuvencos todos os anos fai diferentes formacións para actualizar ou amosar ó profesorado novo como realizar as prácticas de radio na mesa de son. Entre as actividades que realizaron, aproveitando a data de SAMAÍN, fixeron uns relatos de terror con varios efectos de son.

Aquí vos quedan, non pasedes moito medo......

 

MENÚ ESPECIAL SAMAÍN: TERRORIFICAMENTE SAUDABLE.

Hai 2 semanas, dende o equipo de Biblioteca e Dinamización da Lingua galega, lanzamos unha proposta ás aulas de ED. PRIMARIA: 

A elaboración dun MENÚ ESPECIAL SAMAÍN TERRORIFICAMENTE SAUDABLE. 

Dende as titorías acolleron a nosa proposta e puxéronse a argallar... seleccionaron as súas receitas ( terroricamente saudables, ou so terroríficas, ou beberaxes... unha soa... houbo quen fixo varias) sempre traballando en equipo e desfrutando de todo o proceso.

 

Queremos agradecer ás titoras e a todo o alumnado que se implicou , participou e pasouno moi ben durante todo o proceso.

Aquí vos quedan os terroríficos resultados finais deste menú de Samaín.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

BO PROVEITO!!!!!

Bibliotecas Escolares (B.E.) e presentación do PDI, Xuve saudable

             O dia 25 de outubro celebramos no colexio o día das bibliotecas. Nesta xornada amosamos ao alumnado o funcionamento da mesma. Ademais os rapaces e rapazas degustaron un delicioso almorzo saudable. Para rematar a xornada o alumnado de 5º e 6º fixo unha representación sobre o proxecto que levaremos a cabo no centro este curso, despois dun duro traballo de investigación ALFIN/ AMI dende as titorías e que ten que ver cos hábitos de vida saudables, o seu nome: "Xuve saudable".

Aquí tedes un pequeno vídeo da recopilación de actividades:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut