Dende as titorías acolleron a nosa proposta e puxéronse a argallar... seleccionaron as súas receitas ( terroricamente saudables, ou so terroríficas, ou beberaxes... unha soa... houbo quen fixo varias) sempre traballando en equipo e desfrutando de todo o proceso.
Queremos agradecer ás titoras e a todo o alumnado que se implicou , participou e pasouno moi ben durante todo o proceso.
Aquí vos quedan os terroríficos resultados finais deste menú de Samaín.
O dia 25 de outubro celebramos no colexio o día das bibliotecas. Nesta xornada amosamos ao alumnado o funcionamento da mesma. Ademais os rapaces e rapazas degustaron un delicioso almorzo saudable. Para rematar a xornada o alumnado de 5º e 6º fixo unha representación sobre o proxecto que levaremos a cabo no centro este curso, despois dun duro traballo de investigación ALFIN/ AMI dende as titorías e que ten que ver cos hábitos de vida saudables, o seu nome: "Xuve saudable".
Aquí tedes un pequeno vídeo da recopilación de actividades:
Miudiño S.Coop.Galega, ven de celebrar unha charla co alumnado de 3º a 6º de primaria, onde reflexionamos sobre que patio queremos no noso colexio. Intentaron detectar os problemas que mais lles preocupa nese tempo de lecer e nese espazo e buscaron solucións e alternativas posibles.
A cativada de hoxe en día ten cada vez menos oportunidades de elección, atopándonos cunha infancia cada vez máis dirixida en calquera ámbito da súa vida. Mais sendo, como son, suxeitos de dereito, é necesario darlles ferramentas, tempo e espazo para contribuíren coas súas opinións, desexos e necesidades á hora de intervir nese espazo común que é o patio da escola. Espazo que é maioritariamente empregado por nenas e nenos.
Por outra banda, tampouco podemos esquecer a gran contribución ao seu desenvolvemento cognitivo, sendo a reflexión, a análise, a comparación de propostas, a toma de decisións, etc, grandes estimuladores das funcións executivas cerebrais, con beneficio tamén, a medio e longo prazo, na súa construción de identidade, ademais de xerar un vínculo fermoso tanto co espazo como coas persoas adultas que acompañan ese proceso. O obxectivo final deste obradoiro é dar voz e liberdade de pensamento para poder extraer unhas conclusións a plasmar no plano do espazo, mediante o emprego de diferentes ferramentas en función da idade das persoas participantes.
Dende o equipo de Biblioteca e Dinamización da Lingua galega, lanzamos esta proposta ás aulas de ED. Primaria para que traballen en equipo, potencien a súa creatividade e compartan con nós o resultado final.
O xoves 5 de outubro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP XUVENCOS, aprenderon moito mais sobre CIBERSEGURIDADE e da importancia de ser coidadosos no mundo dixital, grazas a un contacontos musical, levado a cabo por: "Polo correo do Vento", un colectivo especializado en promover a lectura, a comprensión oral en GALEGO e o fomento da creatividade e expresión artística. Os rapaces e rapazas pasárono xenial. GRAZAS
O pasado martes 3 de outubro o claustro de Xuvencos participou nunha charla formativa (Poñendo os lentes) para a Prevención da Violencia Sexual contra a Infancia impartida pola asociación AMINO Galicia. Esta campaña do Consello de Europa trata de concienciar á comunidade educativa da importancia da prevención e detección da violencia sexual en menores. Recibimos información sobre os indicadores de violencia sexual infantil e pautas de actuación ante unha sospeita ademáis de material didáctico para traballar nas aulas a prevención.
Xa están publicadas as instrucións de comedores para o curso 23/24. Podedes recoller o impreso no colexio para cubrilo ou descargalo dende aquí e entregalo no colexio. O horario do centro é de 10:00 a 13:30
Queda publicada no interior do edificio do CEIP Xuvencos a listaxe de fondolibros e vales de material para o curso 2023/24. Recordade que debedes pasar a recoller estos vales a partires da semana próxima polo colexio.