Skip to Content

                              

Reunión dos titores cos pais e nais

O xoves 13 de setembro realizaremos a primeira reunión cos pais e nais do alumnado de Educación Primaria, para informar do desenvolvemento do novo curso escolar e das novas acontecidas desde o remate do curso pasado.

Os familiares do alumnado de Educación infantil tiveron unha charla informativa o primeiro día de clase ao traer aos nenos ao colexio.

Na reunión púxose de manifesto que a coordinación familia/escola ten que funcionar da mellor maneira posible, o que repercutirá na mellora da calidade educativa do centro, sendo os principais beneficiados o alumnado do colexio.

Facilitouse a seguinte información:

  • Recortes comedor e transporte.
  • Novo horario do centro.
  • Fichas de datos.
  • Horarios do alumnado.
  • Información sobre os diferentes Plans que se están a desenvolver no centro:
    • Proxecta, PROA, PLAMBE, Fomento do Galego, Linguas estranxeiras...


page | by Dr. Radut