Skip to Content

                              

Canción de Xuve

O alumnado do cole, baixo a supervisión de Carol, mestra de Música, realizaron ao longo do primeiro trimestre varias actividades encamiñadas a elaborar a letra e melodía dunha canción dedicada a Xuve, a mascota da nosa Biblioteca.

No seguinte vídeo podedes ver os pasos seguidos ata chegar á creación final.

 

 


 

CANCIÓN DE XUVE
Xuve é gris e gordo
ten moita barriga
ten unha gran trompa
e unha cola corta.

Xuve é moi torpe
ten que ter coidado
sempre rompe cousas
cando está apurado.

Xuve é xigante
vello e elegante
ten moitos amigos
todos divertidos.

Xuve é elegante
un tipo galante
é moi divertido
tanto coma os libros.

Xuve vai a biblio
a coller un libro
de risas e medo
e algún de misterio.

Xuve é moi guapo
sempre leva un libro
cando vai a escola
ten moitos amigos.



page | by Dr. Radut