Skip to main content

Maio 2022

23 MAIO - LIBROS HUMANOS - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Sara, Olivia, Marina, Ailin, Miranda e Elena realizan un anuncio na Radio Experimental.

Preséntannos as autoras e autores, títulos e sinópse dos nosos

libros humanos para o 23 de maio en xornada de mañá.

 

 

 

UN LUGAR PARA A EXPERIMENTACIÓN - PATIOS VIVOS - #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Redescobrer a terra, atopar un espazo para expresar,

para atender á curiosidade, ver pequenas especies, construír

comunidade dende o coidado mútuo e a solidaridade.

Todo iso é máis aportan os Patios Vivos.


 

 

VIDEOCLIP " Ua, ua, ua! A viaxe de Percebiño " LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

A viaxe de Percebiño, unha historia escrita e musicada por Quique Vázquez

e Tonino, e ilustrada por Diego Cheda. Un videoclip no que canta e participa toda

a rapazada da escola e por suposto a nosa comunidade escolar: familia, mestras/es,

persoal non docente, axentes sociais... Porque a escola somo todos, unha gran comunidade.

 

Esta viaxe non sería posible sen todas e todos. Celebramos a Semana Mundial das Nacións

Unidas sobre a Seguridade Vial coa canción "Ua, ua, ua" de A viaxe de Percebiño!

 

Gracias á todos/as os que o fixeron posible!

 

Canción, conto e ilustracións para colorear.

 

 

 

 

 

 

SLIME - OBRADOIROS E FALADOIROS DO ALUMNADO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Aldara e Carmen sacaron adiante un novo obradoiro do alumnado.

Fixeron o cartaz, a lista da compra, reuniron os produtos, fixeron unha proba

e a semana pasada o alumnado apuntado dispúxose a facer un obradoiro de slime.

 

 

 

Saíu todo tan ben que encheron os botes de cristal para xogar co slime creado.

 

 

 

Estamos moi ledos/as de como salvaron os pequenos atrancos que puideron ter

duranto o desenvolvemento do obradoiro, correción de activación, pequenos

roces pois quería participar máis xente da apuntada,...

Ao final, a palabra todo o salva e con acordos e conversa xurdiú o consenso.

 

 

Parabéns rapazada!

 

 

 

 

BIBLIOTECA HUMANA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Xa estamos na fase final do proxecto "BIBLIOTECA HUMANA".

Un proxecto no que as bibliotecas escolares de Cedeira e o Concello unimos

esforzos para dar voz ao pobo, porque todas e todos temos algo que contar.

A oralidade é parte do noso patrimonio, reflexa a nosa identidade cultural e social,

a de todas as persoas que conformamos a vila: os de sempre, os que viñeron e os

que marcharon, pois todas/os imos deixando pegada e conformando a nosa sociedade.

A nosa rapazada de Antropoloxía de 1º de Bacherelato e o alumnado de 6º de Primaria,

están ultimando os preparativos para levar a cabo as lecturas e difundilas.

 

 

 

 

 

 

 

 

IV CONCURSO DE PODCASTS RADIO NA BIBLIO #Radionabiblio #ALFIN #AMI #LetrasGalegas22 #florenciodelgadogurriarán #bescolaresgal #bescolaresgalabertas @RadioGalega

 

A comunidade educativa do Nicolás estamos de parabéns!

O programa, Poemas Crioulos, presentado ao concurso de Radio na Biblio,

polas Letras Galegas, resultou gañador na convocatoria.

O podcast será difundido pola Radio Galega a  través da  páxina do Diario Cultural;

así mesmo, será difundido a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Chegado o momento será compartido no blog da BE "Carlos Labraña".

Moitos parabéns!!

 

 

 

 

 

 

V XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - CARTAZ #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O alumnado de 2º de Primaria ten o pracer de convidarvos

á representación da obra de teatro Mares de Cedeira.

Unha obra inédita de Carlos Labraña feita para a nosa biblioteca,

onde os protagonistas son Percebiño e os seus amigos/as.

Será o vindeiro 3 de xuño, con tres pases: 10:30 h, 12:30 h e ás 20:00 h.

 

 

 

Este será o resultado do traballo dun curso escolar con 47 persoas

miúdas en escea, pero grandes actrices e actores!

A rapazada será capaz de transmitirnos o mellor de si mesma,

trasladarnos a un gran problema medioambiental, coa axuda da linguaxe

corporal, as artes, a imaxinación e as palabras.

 

 

 

Veredes como solucionan problemas, traballan en equipo e ao

mesmo tempo poderedes comprobar como este curso

medraron en autoestima e confianza en si mesmos.

 


 

 

 

EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS #LetrasGalegas2022 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Ven a gozar das Letras! Exposición de fondos.

o homenaxeado deste ano: Florencio Delgado Gurriarán.