Curso 11 - 12

PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES CURSO 2011-2012

   
     
 

PLAN MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES CURSO 2011-2012

"VALORES ARREDOR DOS AUTORES II"

 
 

Neste novo curso que comeza continuamos co noso proxecto da biblioteca. Da man dos contos, o alumnado terá a oportunidade de reflexionar e actuar en sintonía coa súa madurez e realidade. Cunha linguaxe próxima acercaremos ao alumnado ao mundo da fantasía o que lle axudará a  desenvolver a súa propia imaxinación.

Por outra banda vemos positivo e necesario seguir traballando cos contos, pois foron útiles para a análise de feitos reais, modificar actitudes, comparar calidades e capacidades, fomentar a empatía... Pero, sobre todo, traballar e cooperar en equipo.

É por iso que imos continuar nesta liña de actuación para presentar e incorporar uns novos VALORES (RESPECTO AOS MAIORES, AMIZADE E XENEROSIDADE, SINCERIDADE) moi próximos a eles, sen deixar de afondar e consolidar os valores do esforzo, o respecto ás diferenzas e a responsabilidade, fundamentais para o seu crecemento integral.

 
     
   
  APERTURA DA BIBLIOTECA 
 AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAMOS COS PRÉSTAMOS  
         
   
  CONTACONTOS DE PRIMEIRO  CONTACONTOS DO ENTROIDO  RICARDO GÓMEZ VISITA O CENTRO  
         
         
   GONZALO MOURE VISITA O CENTRO  XOSÉ TOMÁS VISITA O CENTRO  ANA ALONSO VISITA O CENTRO  
         
         
  MEMORIA 11 - 12  UN AVÓ VISITA AO ALUMNADO DE E. INFANTIL  GUÍA DE LECTURA 11 - 12  
         

COMIDA DE CONVIVENCIA XUÑO 2012

       
       
 

   Tódolos anos, ao rematar o curso, celebramos no noso centro unha comida de convivencia na que participan o profesorado, as familias e o alumnado do noso centro. Despois do xantar o alumnado disfrutou de diversos xogos organizados pola ANPA. 

Este curso cabe salientar a elevada participación das familias que dende aquí damos as grazas pola súa asistencia.

Premendo na fotografía ou na ligazón accedese ás imaxes da celebración da comida de convivencia

  Comida de Convivencia Xuño 2012

   
       
       

HOMENAXE Á BISAVOA DO NOSO COLEXIO

             
             
      HOMENAXE Á BISAVOA DO NOSO COLEXIO      
             
     

O mércores 30 de xuño tivemos o privilexio de poder contar no noso colexio coa presenza da bisavoa de maior idade, nada menos que 102 anos.

Resultou un acto moi entrañable para todos. A bisavoa estaba feliz, contentísima de estar no colexio da súa bisneta. De pequena non puido ir á escola, porque tiña que alindar as vacas, aprendeu a ler coas súas fillas. Por iso estar no colexio significaba moito para ela.

Díxonos que se sentía como cando tiña 20 anos e ía para unha festa. Estaba tan contenta que nos contaxiaba a todos, aplaudíalle aos nenos, ríase e choraba de alegría.

Os 450 alumnos, sentados no patio cuberto, nunca estiveran tan atentos. Había no ambiente unha mestura de admiración, alegría e complicidade tal entre os nenos e a bisavoa que, unha vez rematadas as actividades programadas, ninguén se movía, era tal a maxia que había no ambiente que fixo que os nenos romperan en espontáneos aplausos e aclamacións ata que abandonou o recinto.

Agradecemos enormemente a colaboración da familia por facer posible este encontro, pois contáronnos que non é partidaria de acudir a celebracións, pero tratándose do colexio da bisneta... CANTO LLES DEBEMOS AOS NOSOS MAIORES!

     
             
      Nesta presentación pódense ver algunhas das imaxes desta entrañable visita      
             
             
             

FIN DA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS SOLIDARIOS

             
     

FIN DA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS SOLIDARIOS

     
             
     

Chegamos ao mes de xuño e con el ao fin da Campaña de recollida de tapóns para AEFAT.

Durante 9 meses colaboramos para lograr un obxectivo: lograr 60.000 € para poder financiar o primeiro ano de investigación para poder conseguir unha cura para a Ataxia-Telangiectasia.

A asociación informa de que están moi preto do cumprimento do devandito obxectivo. Pero ademáis do obxectivo económico conseguiuse un dobre beneficio adicional:

  • Deuse a coñecer esta enfermidade e axudouse a concienciar á poboación do problema das enfermidades raras e da falta de financiamento existente para a súa investigación e tratamento.
  • Xerouse un movemento solidario no que todos nos unimos no pequeno acto de gardar os tapóns de plástico para conseguir un ben para unha minoría con problemas.

O Punto Central de Recollida, situado na Nave de Servizos do Concello de Narón, seguirá recollendo tapóns ata o 22 de xuño para que se faga a derradeira recollida de tapóns pola empresa recicladora.

 

O noso centro recolleu 450 kg de tapóns

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS!!!!

     
           
             

UN AVÓ VISITA AO ALUMNADO DE E. INFANTIL

         
    UN AVÓ VISITA AO ALUMNADO DE E. INFANTIL    
         
   

Despois de traballar durante todo o curso o valor do respecto aos avós, o 13 de xuño recibimos a visita na nosa biblioteca do avó dun neno de E. Infantil. Faloulles de como foi a súa infancia, da súa familia, dos xoguetes da súa época..., todo iso presentándoo con fotografías. Ademais contoulles dúas historias que sabía de pequeno pola súa nai. E tamén lles deu unha pequena explicación sobre o ceo, as estrelas e as constelacións.

Os nenos e nenas recitáronlle como agradecemento unha poesía sobre os avós traballada na aula e cantáronlle unha canción titulada Xogaremos á rolda das flores. Tamén o agasallaron cun traballo que recollía a poesía recitada e ilustrada cos seus debuxos.

Resultou unha experiencia moi motivante e enriquecedora, e quedamos moi agradecidos pola súa colaboración.

   
         
    Nesta presentación podemos ver imaxes da visita do avó.    
         
         
         

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2012

       
 

LETRAS  GALEGAS

2012

 

Olimpiada de xogos populares

 
      
    Este ano a celebración das Letras Galegas comezou o venres, 11 de maio cun acto na biblioteca do centro:  
     
 

EDUCACIÓN INFANTIL

O acto comezou cunha presentación en Power Point dun conto elaborado polo alumnado deste ciclo educativo (coloreado das diapositivas e narración), titulado O MOUCHO BUSCA UN AMIGO. Este conto enviarase ao CEIP San Sadurniño, pois forma parte, ademais, dun intercambio de produccións literarias feitas polo alumnado de dito centro e do noso.

 


 

 

 

 

A continuación o alumnado de E. Infantil recitou o poemade Gloria Sánchez titulado A POMBIÑA BRANCA. Premendo na imaxe pódese escoitar o poema nas voces dos nenos e nenas

 

 

Despois catro nenas de 4º de Primaria: Marta, Uxía, Lucía e Estela, cantan unha canción tradicional galega aos nenos e nenas. Para escoitar a canción premer na imaxe

 

 

E por último cantamos o HIMNO GALEGO.

 
       
       
 

EDUCACIÓN PRIMARIA

O acto da biblioteca para E. Primaria xirou en torno ao tema dos XOGOS POPULARES. O alumnado visionou unha presentación de Power Point na que o propio alumnado do noso centro explican como se xoga a cada un deles.

 


 

A continuación viron dous vídeos representativos destes XOGOS TRADICIONAIS:

 

 

Rematamos o acto da biblioteca coa Muiñeira de Chantada interpretada por Carlos Núñez

 
     
 

 

O luns, 14 de maio, comezamos co acto no patio no que o alumnado de 6º le os seus traballos sobre a vida e obra de VALENTÍN PAZ ANDRADE e o alumnado de E. Infantil recitaron o poema que memorizaron, A POMBIÑA BRANCA.

A continucación tivo lugar a OLIMPIADA DE XOGOS POPULARES no patio do colexio

 

O martes, 15 de maio, o alumnado de 2º B foi polas aulas representando unha canción: SE VAS A SAMBENITÍ

 

E o mércores, 16 de maio, para rematar a Semana das Letras Galegas, e grazas á colaboración da ANPA,  gozamos do espectáculo de maxia do MAGO BENXAMÍN co que, tanto os máis pequechos coma os maiores, pasamos uns momentos moi divertidos.

 
 

 

 
  Esta é a presentación con algunhas fotos representativas de cada actividade  
     
     
  Nesta presentación pódense ver os murais e as produccións do alumnado relacionados coa celebración das Letras Galegas  
 
MURAIS
 
 
     
 

 

Para ver a totalidade das fotos desta conmemoración, acceder á nosa Galería premendo na imaxe

 
     

A NOSA LUDOTECA

       
  XA TEMOS LUDOTECA NO NOSO COLE!   
 

Este curso por primeira vez está a funcionar durante o recreo unha ludoteca no noso cole e a verdade e que os nosos rapaces disfrutan dos xogos, non hai máis que ver a imaxes. Pero...sabedes que é unha ludoteca? Que normas temos? Que facemos ahí?  Se queredes sabelo mirade a presentación que hai a continuación.

 

 
 

 

 
  QUERES COLABORAR COA NOSA LUDOTECA?  
 

Aínda que se mercaron xogos, dado o éxito da ludoteca, resulta pouco o material que temos nela. Estamos moi escasos de construccións, xogos simbólicos (bonecas, cociñas, supermercado...) playmobil...Xa se ven as estanterías un pouco baleiras. Se queres colaborar podes traer xogos que teñas na casa. Serán benvidos e podemos disfrutar todos.

Graciñas pola colaboración

 
       

DÍA DO LIBRO 2012

 

 

 
 

DÍA DO LIBRO 2012

 
 

 

O venres 23 de abril celebramos no noso centro o Día do Libro cun acto no patio e tamén coa organización da II Feira do Libro Solidario para recaudar fondos para enviar aos campamentos saharahuis.

Tamén hai nesta web información, actividades e máis recursos sobre o día do libro. Pódese acceder a eles premendo na imaxe.

 
     
  ACCEDER ÁS FOTOS DA CELEBRACIÓN  
     
     

MIRAMOS CON OUTROS OLLOS A DISCAPACIDADE

     
  RECIBIMOS A VISITA DO CENTRO DE ATENCIÓN A PERSONAS CON DISCAPACIDADE FÍSICA
 
 

Durante as charlas que o CAMF (Centro de Atención a Personas con discapacidade Física) para o alumnado de 5º e 6º intentamos achegarnos ao mundo da discapacidade. Hai moitos tipos de discapacidade e eles centráronse na discapacidade física: problemas de mobilidade e dependencia dos demais.

O persoal do Centro informounos cómo poderiamos evitar chegar á situación de discapacidade física. Cousas como saltar ondas, tirarse de cabeza á piscina ou na praia, andar sen casco nas bicis, non levar posto o cinturón de seguridade... son situacións que nos poñen en risco e se somos conscientes destes perigos debemos tratar de evitalos .

Tamén nos falaron direfentes persoas afectadas, da súa experiencia, de cómo chegaron a esa situación e de como nós, eliminando as barreiras arquitectónicas facilitariamos que eles levaran unha vida o máis normal posible.

Transmitíronnos a idea de que a felicidade non se acaba cunha enfermidade ou cunha discapacidade, porque poden facer moitas cousas das que facemos nós, algunha delas coa nosa axuda, e mesmo outras que ninguén de nós e quen de facer coma pintar cadros coa boca ou navegar sen poder mover as pernas. A nosa obriga e verlos e aceptalos como son e, se nola piden, darlles esa axuda que demandan.

 
     

ENCONTROS CON...GONZALO MOURE

     
  OUTRO ESCRITOR VISITOU O NOSO CENTRO: GONZALO MOURE  
  Acudiu á biblioteca o alumnado de 5º  
 

  O pasado xoves, 15 de marzo, o alumnado de 5º de primaria recibiu ao escritor GONZALO MOURE.

O interés despertado polo autor nas aulas era máximo xa que tiñan lido o seu libro "Los gigantes de la luna" , ambientado no Sahara, que xunto co tema dos avós forma parte do proxecto da biblioteca. Sabían que a elección deste tema debíase á visita que realizou o ano pasado ao colexio.

Recibírono cunha breve presentación elaborada por eles e cunha lectura de dous poemas da súa creación, un sobre os avós e outro sobre a Lúa e o Sol. 

A entrevista desenrolouse nun ambiente de moita expectación. Os nenos e  nenas estaban moi interesados nas súas respostas. Fixéronlle preguntas moi variadas e profundas, tanto do Sahara como da súa faceta de escritor comprometido con este pobo.

Sorprendeulles a súa amabilidade e o trato que recibiron.

Foi un encontro moi emotivo, nas súas declaracións e posterior reflexións sobre a visita, non escatimaron en eloxios.

            

Máis fotografías premendo na imaxe

 

OS XOGOS DOS TEUS AVÓS

     
  RECOMPILACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS  
 

 

Seguindo co noso proxecto da biblioteca "O Respecto aos maiores", o alumnado do 1º ciclo de primaria, coa colaboración dos pais, nais, avós ou avoas, fixo unha recompilación de xogos tradicionais baixo o título de " OS XOGOS DOS TEUS AVÓS" que podemos ver na seguinte presentación:

 

 

 
Pódese ver a pantalla completa
 
GRAZAS POLA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS
 
     

ENCONTROS CON...XOSÉ TOMÁS

     
  O ILUSTRADOR XOSÉ TOMÁS VISITOU O NOSO CENTRO  
 

ACUDIU AO ACTO O ALUMNADO DO PRIMEIRO CICLO

Quen dixo medooo? Comprobamos que os nenos e nenas do primeiro ciclo non teñen moitos medos, ainda que ao dibuxante Xosé Tomás lle confesaron que só lle tiñan algo de medo aos morcegos e ás alturas. 

Descubrimos que gracias á arte do noso debuxante que os gorilas poden conducir en coche de carreiras comendo ao mesmo tempo patacas fritidas e tamén que as vacas "ben mantidiñas" xogan ao balón nas frondosas fragas galegas.

Debuxar tan ben pareceulles maravilloso aos nenos e ás nenas.

 

       

Grazas Xosé Tomás por mostrarnos a maxia dos teus trazos.!

Aos nenos e ás nenas gústanos moito debuxar e ilusionáronnos os teus traballos!

 
 

 Máis imaxes do acto premendo no debuxo 

 

A "PATRULLA VERDE" LÉMBRANOS COMO COIDAR O NOSO ENTORNO

     
  O ALUMNADO DE 6º LÉMBRANOS COMO DEBEMOS DE COIDAR O NOSO ENTORNO  
  O alumnado de 6º preparou uns slogans pera lembrarnos o coidado do noso entorno e en especial do noso patio. O resultado dos seus traballos podemos velos na seguinte presentación:  
 

 

 

 

Noraboa ao alumnado do 3º ciclo polo seu labor na contribución á limpeza do cole e...

lembrade como di o último slogan:

"MANTER LIMPO O COLEXIO É BO PARA TODOS!

AXÚDANOS!!!!

 

A ESCRITORA ANA ALONSO VISITA O NOSO CENTRO

     
  ACUDIU AO ACTO O ALUMNADO DE 2º E 3º CURSO DE PRIMARIA  
 

O pasado día nove de marzo arribou á biblioteca do noso centro unha morea de piratas e de nenos e nenas sen ningún tipo de medeos. Estes rapaces e rapazas chrgaron coa ilusión de coñecer e convivir coa escritora ANA ALONSO. Despois de disfrutar da lectura dos seus libros, todos tiñamos moitas custións que preguntarlle. Pásamolo moi ben e disfrutamos moito da súa presenza.

Ana contounos unha morea de curiosidades relacionadas coa súa profesión e a paixón por inventar contos. Todos/as saímos con moitas gañas de seguir lendo. Esa foi a principal recomendación que a nosa nova amiga Ana deixounos a todos.

 

        

Ao remate asinoulles os libros ao alumnado e fixo unha adicatoria no libro de visitas da biblioteca

Máis fotografías do acto premendo nesta imaxe 

 
     

USO DO ORDENADOR

      
   

  O uso dos ordenadores para o lecer ou traballo pode traer grandes beneficios se adoptamos hábitos saudables para usalos como unha postura correcta, pausas regulares e axuste adecuado do equipo.
 

     Sempre que poda, hai que:
SE SE ESTÁ USANDO O PORTÁTIL NO SOFÁ
• Facer pausas máis frecuentes, porque é a mellor postura para as costas.
• Debemos ter as costas rectas e apoiadas sobre unha almofada.
PARA ALIVIAR A TENSIÓN MUSCULAR DA COLUMNA CERVICAL
• Usar unha cadeira que lle permita ter as costas en liña recta en 90 graos coas as coxas
• Relaxar o pescozo e mantelo aliñado coas costas.
• Situar a parte superior da pantalla ao nivel dos ollos.
PARA ALIVIAR A TENSIÓN MUSCULAR NOS BRAZOS
 Usar un teclado e rato independente.
• Manter os brazos e antebrazos en 90 graos.
PARA ALIVIAR A TENSIÓN NA VISTA
• Orientar o ordenador para que non teña reflexos ou brillo.
• Pechar e abrir a miúdo os ollos para mantelos hidratados.

 

O ESCRITOR RICARDO GÓMEZ VISITA O NOSO CENTRO

     
  ACUDIU AO ACTO O ALUMNADO DO TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA  
     
 

 O escritor RICARDO GÓMEZ, autor do libro “El cazador de estrellas” visitou o noso centro. Ao acto acudiu o alumnado do terceiro ciclo de primaria. A sesión foi moi entretida e o autor contestou ás múltiples preguntas sobre o seu libro.
“El cazador de estrellas” foi o libro elixido polo profesorado para que lese o alumnado do terceiro ciclo xa que está moi relacionado co noso proxecto “Conocernos para querernos” porque o seu escenario é o Sahara. Trátase dun interesante e emotivo relato, baseado na experiencia do autor nos campos de Smara, que reflicte a vida cotiá, as crenzas e as aspiracións do pobo saharauí.

Máis imaxes do acto

 
     

POR FIN AS AULAS ABALAR A PLENO FUNCIONAMENTO (24/02/2012)

     
 

O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA COMEZA A UTILIZACIÓN DOS ULTRAPORTÁTILES

DAS AULAS ABALAR

 
 

Por fin as aulas Abalar están ao cen por cen de funcionamento. O alumnado de 5º de primaria xa comezou a utilizar os ultraportátiles como complemento nas súas asignaturas. A experiencia foi moi positiva xa que a utilización deste material informático resulta ser un elemento moi motivador  da aprendizaxe das diferentes materias.

Lembramos que este curso o noso centro incorporouse á Rede Abalar e por iso as aulas de 5º de primaria foron dotadas de pizarra dixital, canon, ordenador do profesor e ultraportátiles do alumnado. No curso próximo esa dotación incorporarase ás aulas de 6º de primaria.

 
     

SESIÓN DE CONTACONTOS

     
  O ALUMNADO DE PRIMEIRO ASISTE NA NOSA BIBLIOTECA A UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS DA EDITORIAL KALANDRAKA  
 

O día dous de febreiro tivemos, en primeiro, unha sesión de contacontos da editorial Kalandraka, con dous protagonistas: Patricia e Alex.

Alex é músico e toca moi ben o acordeón. Patricia é a encargada de cantar e de contar os contos.

Ámbolos dous fixeron unha animación con tres contos: "O mago de goma", "A familia C" e "Pancho". 

- Foi moi divertido porque escoitamos e cantamos - comentaron os nenos.

- Foi unha viaxe fantástica chea de música e palabras - dixeron as profes.

            

Agradecemos á editorial Kalandraka que nos fixese disfrutar desta maneira tan divertida de ver os contos!

 

CAMPAÑA DE RECICLAXE SOLIDARIA

     
  Queremos informarvos dunha iniciativa que foi proposta pola ANPA á dirección do centro: unha CAMPAÑA DE RECICLAXE SOLIDARIA que é unha Campaña de recollida de Tapóns Solidarios, que leva a cabo AS.PA.NE.MI (Asociación de pais de nenos con minusvalía) en colaboración con AEFAT (Asociación Española Familia Ataxia-Talangiectasia). A ataxia é unha enfermidade dexenerativa do sistema nervioso, que en Galicia sofren so 3 persoas, entre as que se encontra Sonia, unha nena de 10 anos, de Ferrol. Para as 12 persoas con esta doenza en toda España non existe ningún tipo de tratamento.
 AEFAT está levando a cabo unha campaña de reciclaxe solidaria, para recadar fondos e destinalos á investigación da ataxia-talangiectasia, consistente na reciclaxe de tapóns de plástico procedentes de todo tipo de envases de uso doméstico (refrescos, zumes, leite, deterxentes, suavizantes, etc...). Os tapóns serán logo recollidos por empresas de reciclado de plástico que abonan a AEFAT 200 € por tonelada recollida.
 Para a recollida no centro colocaremos unha caixa á entrada do colexio e na oficina da ANPA para que poidades deixar os tapóns que recollades (a ser posible que veñan limpos, caso de zumes ou lácteos, pois poderían dar mal olor mentres se xunta unha cantidade suficiente para a súa recollida).
Máis datos pinchando en  http://www.aitzina.org/reciclaje-solidario/  ou no blog da ANPA, onde atoparedes  fotos e enlaces con máis información.
 
     

ENTROIDO 2012

             
 

 MANDADOS DO ENTROIDO

(ACUMULATIVOS)

 
     

É tempo de xogo,

tempo de diversión,

de cambiar os papeis

e ser quen non son.

Xa que nenos somos

ímonos cambiar,

e nesta semana de troula

ímonos avellentar.

     
     

Para o luns traerás

un pano, perruca ou boina

para a túa cabeza tapar.

     
     

Para o martes terás que buscar

un mandil ou unha bata

para non te lixar.

     
     

O mércores saia longa

ou chaleque pódeste colocar.

Ai, mi madriña, que velliño vas!

     
       

Mira qué branquiño o pelo me quedou!

Así deste xeito, neste xoves de Entroido

todo un velliño estás feito!

     
 

Máis fotografías dos mandados na nosa galería premendo na imaxe

 

 
     
 

FOTOS DE GRUPOS

 


 

 

 
 

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

Máis fotografías da celebración premendo na imaxe

 
         
     
       CONTACONTOS DO ENTROIDO  
 

O equipo de Normalización Lingüística organizou na biblioteca unha sesión de contacontos para todo o alumnado. Os máis pequenos disfrutaron co conto “Entroido na carballeira” mentres que os maiores descubriron os segredos da festa do entroido nos lugares más destacados de Galicia: Xinzo, Laza, Verín.…coñecendo as figuras fundamentais do noso entroido (cigarróns, pantallas…)

             

 
             
 

E REMATAMOS O ENTROIDO COA QUEIMA DO MECO

ESTAS SON AS IMAXES...

 
       
     

DEICA O ANO

QUE VEN!

 
             

DÍA DA PAZ 2012

    DIA DA PAZ 2012    
    MERCADIÑO SOLIDARIO     
 

Para conmemorar o Día da Paz este ano fixemos  UN MERCADIÑO DE LIBROS SOLIDARIOS.

Deste xeito quixemos conectar os conceptos de reutilización, lectura e soliedariedade coas persoas máis afectadas pola crise económica.

Para poder levala a cabo pensamos que, de xeito voluntario, cada neno e nena doara un libro dos que tivera na casa e que xa o tivesen lido.

O Día da Paz montáronse tenderetes que foron atendidos polo alumnado de 6º, os libros vendéronse a un prezo simbólico de 1€. 

O diñeiro recaudado no mercadiño solidario foi entregado para a Cociña Económica de Ferrol. Recaudáronse 670 euros, que permiten ofrecer 134 menús.

Para ver as fotos do acto de entrega da recaudación premer na imaxe.

 
    Esta é a presentación de fotos co acto de celebración do Día da Paz e do Mercadiño Solidario.    
       
     
  Estes foron os nosos traballos e murais feitos nesta data conmemorativa  
       
    RECURSOS DIDÁCTICOS    
     
         
     CANCIÓN ELIXIDA: Himno a la alegría" MIGUEL RÍOS    
       
         
         
       Letra da canción "HIMNO DE LA ALEGRÍA"     
   

"Escucha hermano la canción de la alegría
el canto alegre del que espera
un nuevo día
ven canta sueña cantando
vive soñando el nuevo sol
en que los hombres
volverán a ser hermanos.
Ven canta sueña cantando
vive soñando el nuevo sol
en que los hombres
volverán a ser hermanos.
Si en tu camino solo existe la tristeza
y el llanto amargo
de la soledad completa,
ven canta sueña cantando
vive soñando el nuevo sol
en que los hombres
volverán a ser hermanos.
Si es que no encuentras la alegría
en esta tierra
búscala hermano
más allá de las estrellas,
ven canta sueña cantando
vive soñando el nuevo sol
en que los hombres
volverán a ser hermanos"

   
         
         
         
   
         
   

COÑECERNOS PARA QUERERNOS

O noso centro, a través da biblioteca, está integrado nun proxecto de intercambio e colaboración cos nenos e nenas do campamento de refuxiados de Smara, no Sáhara.

Para que os coñezamos enviáronnos unhas preciosas fotos nas que nos achegan ao lugar onde viven e na que nos mostran cheos de entusiasmo o BUBISHER e o seu niño.

O BUBISHER é un paxaro do Sáhara que é presaxio de boa sorte porque anuncia chuvias. Por esa connotación tan positiva é polo que tamén lle chaman así a un camión cheo de libros, contos e diverso material didáctico que chega ao seu campamento regularmente. Nas fotos móstrannos tamén a construcción do niño do BUBISHER, unha biblioteca coa que están moi ilusionados.

Esta é a presentación coas fotografías que nos mandaron os nosos amigos do Sáhara.

   
   
   
    Para descargar a presentación de Power Point premer aquí    
         
    Este é o video coa montaxe das fotografías e os textos.    
       
         
         
   

Como ven sendo habitual desde hai xa 26 anos, o SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ ven promovendo nas aulas e na vida a celebración do DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ cada 30 de xaneiro, aniversario da morte de Gandhi.

Este Seminario publica na súa web moi diversos materiais e recursos didácticos para facilitarlle ao profesorado preparar esta celebración: propostas didácticas, documentos, campañas, recursos audiovisuais, etc.

Para acceder á web deste Seminario premer na imaxe.

   
         
    MÁIS RECURSOS PREMENDO NA IMAXE    
       
       

Volver a DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIADía da Paz

NADAL 2011

            
 
   
                 
                   
  A  COMUNIDADE  EDUCATIVA  DO  CEIP  ISAAC  PERAL  DESÉXALLES  FELICES  FESTAS
 

Felices festas 2011

 

Para descargar as imaxes da presentación e outras fotografías de grupos premer na imaxe

   
                 
  Estas son as panxoliñas elixidas para este nadal no Isaac Peral
   
         PANXOLIÑA EN GALEGO: "FUM, FUM, FUM"          
             
     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FUM, FUM, FUM

 Vintecinco de decembro, fun, fun, fun.

Vintecinco de decembro, fun, fun, fun.

 Un meniño moi bonito

 ten nacido no portal,

coa súa cariña de rosas

semella unha flor fermosa,

fun, fun, fun.

 

Vinde, vinde, pastoriños fun, fun, fun.

Vinde, vinde, pastoriños fun, fun, fun.

Vinde coas pandeiretas,

 castañolas ao compás,

a adorar ao rei do ceo

 que apareceu no recheo,

fun, fun, fun

 

Desde o ceo esta mirando, fun, fun, fun.

Desde o ceo esta mirando, fun, fun, fun.

Á terra escintilante

que el cega coa súa luz,

na paz do firmamento

 lebrando o nacemento

 de Xesús. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

       
       Descargar a letra da panxoliña          
       PANXOLIÑA EN CASTELÁN: "CAMPANAS DE BELÉN"         
 

 

 

 

 

 

   
     

 

 

 

 

 

 

 

 

 CAMPANAS DE BELÉN

Campana sobre campana,
y sobre campana una,
asómate a la ventana,
verás al niño en la cuna.

 Belén, campanas de Belén,
que los ángeles tocan
¿qué nuevas nos traéis?

Recogido tu rebaño
¿adónde vas, pastorcillo?
Voy a llevar al Portal
requesón, manteca y vino.

 Belén, campanas de Belén..

Campana sobre campana,
y sobre campana dos,
asómate a la ventana,
porque está naciendo Dios.

Belén, campanas de Belén...

Caminando a media noche
¿donde caminas pastor?
le llevo al niño que nace
como a Dios mi corazón.

Belén, campanas de Belén.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

       
         Descargar letra da panxoliña          
                   
       PANXOLIÑA INGLÉS-CASTELÁN: MERRY CHRISTMAS         
 

 
   
                
           
         LIBROS PARA NADAL      
         Estes e outros libros sobre o Nadal poderás atopalos na nosa Biblioteca      
         
         Premendo na imaxe  poderás saber todos os libros de Nadal que hai na nosa biblioteca      
                   
         GUÍA DE LECTURA NADAL 2011          
       

 Esta é a nosa selección de libros recomendados para este Nadal, ao fío do noso proxecto de biblioteca

Respecto aos nosos maiores.

         
     
 
 
     
                   
                   
    ASÍ FELICITA O NADAL O NOSO ALUMNADO
     
   

Nesta presentación podemos atopar unha selección de postais de Nadal realizadas polo noso alumnado. Elixiuse unha postal por clase e unha por ciclo. Premede na presentación e poderedes ver as postais.

     
   

 

       
           
   

O  APALPADOR  CHEGA  AO ISAAC  PERAL

     
   

O Apalpador é un home que vive nas montañas de Lugo, ocupado durante todo o ano en facer carbón. Come froitos silvestre e porcos bravos que caza no monte. Viste un traxe vello e cheo de remendos, e unha boina. Fuma en pipa e ten barba.
Todos os 24 de decembro baixa das montañas para visitar aos nenos e nenas galegas. Cando están durmidos tócalles a barriga para ver se están fartos ou teñen fame. Se están fartos di: “así, así esteas todo o ano”- e déixalles unha presa de castañas. Se teñen fame non di nada, pero déixalle castañas igual. Pode deixar algún presente máis, pero sempre feito por el.

 

Se queredes máis información, contos e xogos sobre o Apalpador premer na imaxe.

     
   

Pois ben, o luns chegou o Apalpador e os seus trasnos ao noso cole.

Aquí tedes as imaxes.

     
     

 

     
   

 

 
   

Agradecemos á Fundaçom Artábria a súa colaboración na recuperación da figura do Apalpador e que fixo posible a realización destas actividades.

Premendo no Apalpador accédese ás imaxes

 
                 
    XA VEÑEN OS REIS    
   

E para rematar a celebración do Nadal no noso cole, aquí tedes o máis esperado polos nosos nenos e nenas:

"A VISITA DOS REIS MAGOS"

Sorrisos, ledicia, nervios e mesmo bágoas asomaban nas cariñas dos nosos "peques". Disfrutade vendo as imaxes!

   
   

 

 Premendo na imaxe accédese ás fotos

onde se poden descargar

 

     
                 
   

Estaremos de vacacións dende o xoves 22 de decembro ata o domingo 8 de xaneiro ámbolos dous incluisive.

  As clases comezarán o luns 9 de xaneiro no horario habitual  

   
                             
   

       

   

MAGOSTO 2011

         
  MAGOSTO 2011  
         
 

Este ano comezamos a celebración do Magosto cun acto na biblioteca do centro.

Para E. Infantil e 1º Ciclo de Primaria consistiu no relato de dous contos co apoio de cadansúa presentación. Os contos foron Corre corre Cabaciña e A castañeira María.

   
    Para o 2º e o 3º Ciclos o acto consistiu no visionado dun Documental sobre a castaña galega.  
  Nas aulas elaboráronse traballos de plástica e composicións escritas que adornaron todo o centro: castañeiras, castañas, cabazas, cogomelos, esquíos e todo tipo de personaxes de terror que formaron parte dunha Exposición Terrorífica    
    Durante a semana do Magosto, para comer no recreo trouxemos froitas de outono: mazás, uvas, noces, peras e tanxarinas.  
   Para remate saímos ao patio e cantamos as cancións do Magosto e Samaín que aprendimos nas clases e despois comimos castañas asadas con leite.    
         
    Esta é a presentación de fotos do acto na biblioteca e da festa do Magosto no patio.    
         
       
         
         
      Para ver a totalidade das fotos premer na imaxe da dereita.  
 
         
   

Para escoitar a canción Os monstriños premer na pantasma.

   
         
    Para  ver a presentación do conto Corre corre Cabaciña premer na imaxe da dereita.  
         
  Para escoitar a canción Corre corre Cabaciña premer na imaxe da esquerda.    
         

A PATRULLA VERDE COIDA O NOSO PATIO

  O ALUMNADO DO 3º CICLO FORMA A PATRULLA VERDE  
 

Este ano propuxémonos ter un colexio máis limpo, e decidimos empezar polo patio. Para conseguilo estamos a facer o seguinte:

  • Nas titorías traballamos sobre a importancia de vivir nunha contorna limpa
  • Relacionámolo cos bos hábitos alimenticios, xa que era frecuente atopar as papeleiras cheas de bocadillos, froitas... e sen empezar!
  • Organizámonos e formamos a Patrulla Verde. Tócanos aos maiores dar exemplo, por iso encargámonos os de 5º e 6º desta tarefa. 

 

CALES SON AS NOSAS FUNCIÓNS?

A patrulla está formada por catro alumnos que van rotando. Todas as clases de 5º e 6º participan. Somos moi visibles. Os nosos chalecos son amarelos. Levamos luvas para protexer as mans, bolsa para recoller e caderno para apuntar todo o que vemos: nenos que tiran cousas ao chan, papeleiras cheas ou rotas....

 

 

Ao terminar o recreo imos polas clases a ensinar o que recollemos e avisar aos titores dos nenos que tiraron cousas. 

PEDÍMOSVOS QUE COLABOREDES, MANTER O COLEXIO LIMPO DEPENDE DE TODOS!

 
     

FORMACIÓN ABALAR (10/11/2011)

  AS FAMILIAS E O PROFESORADO RECIBEN FORMACIÓN SOBRE O ESPAZO ABALAR  
 

Continuando coa nosa formación ABALAR, as familias e o profesorado recibiron información sobre a utilización do Espazo Abalar, sitio web que facilita a intercomunicación entre as familias e o profesorado. A formación foi recibida polas familias do alumnado de 4º e 5º de Primaria que son os que neste curso e no vindeiro vanse convertir en aulas ABALAR.

Pódese acceder ao Espazo Abalar premendo na seguinte imaxe:

ou no menú horizontal situado na parte superior desta web

 
     

OS PERIGOS DA INTERNET (4/11/2011)

  O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA COMEZA A SÚA FORMACIÓN DAS TIC  
 

Con motivo da nosa integración na rede Abalar, o alumnado de 5º de primaria comezou a súa formación para afrontar as Tecnoloxías de Información e Comunicación, en concreto sobre os perigos da navegación por internet. O alumnado foi informado de cuestións tan importantes como a suplantación de identidade ou o ciberacoso, dándolles unha serie de consellos para que a súa navegación por internet sexa segura.

Esta formación foi financiada pola Consellería de Educación e levada a cabo polo Colexio Profesional de Enxeñaría de Galicia (CPEIG) formando parte do PLAN NAVEGA CON RUMBO.

 

Premendo na imaxe atopamos máis información sobre o Plan Navega con Rumbo con documentos informativos para as familias e para o alumnado e acceso a actividades interactivas.

 
     

HÁBITOS SAUDABLES

         
  HÁBITOS SAUDABLES  
     
  Á ESCOLA, NON SEN ALMORZAR   O XOVES COMEMOS FROITA  
         

REDE ABALAR (2/8/2011)

    O NOSO CENTRO INCORPÓRASE NESTE CURSO 2011- 2012 Á REDE ABALAR  

 

 

A Comunidade Autónoma de Galicia dispón dunha estratexia de incorporación das novas tecnoloxías ao proceso educativo en todos os seus ámbitos, o PROXECTO ABALAR.

Como parte da infraestrutura necesaria para dar soporte ao Proxecto Abalar, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ampliou durante o curso académico 2010-2011 os recursos TIC, mediante a adquisición de novos equipamentos para a creación de aulas dixitais, concretamente nos cursos de 5º de educación primaria e 1º de educación secundaria obrigatoria.
Neste curso incorporáronse novos centros educativos á Rede Abalar, entre eles o noso centro. As dotacións realizáronse ás aulas de 5º de Primaria e no curso seguinte ampliaráse a 6º de Primaria. As aulas dotaránse de canón, pizarra dixital, proxector, ultraportátil para cada alumno e ordenador portátil para profesorado.

 

Despedimos esta boa nova cun pouco de humor...

       

 

     

NAVEGA SEGURO POLA INTERNET

     
  ESTÁS SEGUR@ DE QUE SABES NAVEGAR POLA INTERNET?  
 

A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Pais, nais e profesores son esenciais para axudarche.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o PLAN NAVEGA CON RUMBO polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que vós, @s escolares, naveguedes con con seguridade pola Rede, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet.

Non fagas en Internet nada do que non farías na túa vida real!.

A continuación presentamos unhas guías con recomendacións de interese para o alumnado, nais e pais e para o profesorado

     

Podes acceder a xogos interactivos sobre o tema premendo na imaxe

 
 

Toda a información premendo na imaxe

 
     
     

Powered by Drupal - Design by artinet