|
||||||||||
![]() |
||||||||||
|
|
|||||||||
RESERVA DE PRAZA NO IES SATURNINO MONTOJO PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA
RESERVA DE PRAZA PARA O IES SATURNINO MONTOJO | ||
Tamén se pode facer a través da aplicación de admisión do alumnado: |
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022 - CALENDARIO
CEIP ISAAC PERAL |
||
|
||
CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
![]() |
As Existen dous tipos de actividades, unhas gratuítas, subvencionadas polo Concello de Ferrol, e outras ofertadas pola ANPA. Premendo na imaxe accédese ás actividades extraescolares ofertadas neste curso 2022 - 2023. Estas actividades levaránse a cabo dende o 10 de outubro de 2022 ata o 31 de maio de 2023. Para máis información contactar coa administración do centro: |
||
APLICACIÓN "abalarMóbil"
APLICACIÓN "abalarMóbil" O medio de comunicación coas familias |
||||||
Este curso o medio principal de comunicación coas familias será a aplicación "abalarMóbil" |
||||||
"abalarMóbil" é unha aplicación que permite ás familias consultar a información académica de calquera dos seus fillos a través do teléfono móbil. Entre outras funcións, dende a aplicación poderán
Trátase dunha aplicación móbil para os sistemas operativos máis difundidos: iOS e Android.
|
||||||
Para descargar a guía da aplicación premer aquí Accedendo a esta guía pódense capturar os códigos QR para descargar a aplicación. LOGOTIPO DA APLICACIÓN As familias que non dispoñen da aplicación "abalarMóbil", tamén poden acceder aos mesmos datos mediante un ordenador, identificándose en https://www.edu.xunta.es/espazoabalar/ utilizando un certificado dixital/DNIe ou Chave365. Aquí pódese atopar máis información: |
||||||
INICIO DE CURSO 22-23
COMEZO DO CURSO 2022 - 2023 | |||||
DATAS DE COMEZO DAS CLASES | |||||
- Día 8 de setembro: Comezo das clases para todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.
O horario deses días será o habitual, de 9 a 14 horas (agás 4º de E. Infantil que estará co período de adaptación) tendo en conta as seguintes consideracións relativas á organización deste curso escolar no que:
Alumnado de E. Primaria: entrará só no centro entre as 8:50 e as 9 h. As familias non poderán acceder ao recinto escolar, agás o alumnado de 1º de primaria que, o primeiro día de clase, poderá ser acompañado á entrada principal por un só adulto. Alumnado de E. Infantil: Entrará no centro, acompañado dun só familiar entre as 8:50 e as 9 h.
Nas seguintes imaxes recóllese unha síntese destas entradas e saídas por cursos, así como as portas utilizadas. Premendo nas imaxes poden verse máis grandes.
A PUNTUALIDADE DE TODOS XOGA UN PAPEL IMPORTANTE.
|
|||||
SERVIZO COMEDOR 2022 - 2023 | |||||
|
O servizo de comedor comezará o xoves, día 8 de setembro. O comedor do centro ofrece servizo de almorzo e xantar. A xestión do servizo de comedor é de competencia municipal e corre a cargo da empresa SERUNIÓN. |
||||
Non está permitida a entrada ao almorzo despois das 8:30. O prezo do almorzo é de 1,84 € e o do xantar 3,59 € por comensal e día. O Concello de Ferrol subvenciona unha parte do servizo de comedor para todo o alumnado, pero ademais existen becas que se poderán solicitar nos Servizos Sociais da Consellería de Benestar do Concello de Ferrol. Se un alumno/a ten algún tipo de intolerancia presentará o informe médico a través da aplicación e se lle facilitará un menú especial. O horario de recollida do servizo de comedor será ás 16:00 h. Fóra deste horario, establécese outra quenda ás 15:30 h., debendo xustificarse por escrito a necesidade de recollida do alumnado ante a dirección do centro quen llo comunicará á encargada do comedor. Cada alumno/a poderá anotarse ao servizo de comedor de xeito habitual ou esporádico sempre con 48 horas de antelación. A encargada do comedor lles facilitará un impreso de autorización de recollida do alumnado por outra persoa que non sexan os/as pais/nais ou titores/as legais. Os usuarios do servizo de comedor deberán traer un cepillo e pasta de dentes para realizar a hixiene bucal. Debido á actual situación sanitaria non é necesario establecer a distancia de seguridade polo que se utilizará un único espazo de comedor. As entradas e saídas serán pola porta principal. Na entrada do almorzo o alumnado poderá ser acompañado por un adulto ao comedor. Para solucionar problemas co aplicativo Colechef poden contactar enviando un correo electrónico ao enderezo galicia @serunion.elior.com ou chamando ao teléfono 986 45 30 40.
Tal e como establecen as Normas de Organización e Funcionamente do centro, todo o alumnado que non cumpra as normas do centro, pode ser privado do dereito do servizo de comedor, primeiro por un determinado tempo e, se ao seu regreso non amosa ter adquiridas as normas, deberá prescindir de este servizo durante o resto do curso escolar.
Para poder ser usuario do servizo de comedor necesitarán inscribirse na aplicación móbil COLECHEF.
|
|||||
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES | |||||
Informarase acerca das actividades extraescolares unha vez que teña lugar a reunión co Concello de Ferrol. |
|||||
OFICINA DO CENTRO | |||||
Horario oficina: 9:30h a 10:30h - 12:30h a 13:30h. Para acudir á oficina do centro deberán pedir cita previa. Non se permite no horario das entradas e saídas do centro ou no tempo de recreo a entrada das familias no centro. Calquera consulta poden facela vía correo electrónico ou telefónica. Teléfonos de contacto: 881 93 02 10/18 Consultas ou comunicacións específicas relacionada coa situación do COVID-19: Durante a xornada lectiva: 881 93 02 10 Xornada non lectiva: a partir do 8 de setembro, poderase contactar mediante AbalarMóbil con cada titor/a do grupos de alumnos/as ou a través do correo electrónico do centro: ceip.isaac.peral@edu.xunta.gal |
|||||
Curso 22/23: Seccións Bilingües
![]() ![]() ![]() |
||||||
AUMENTAMOS SECCIÓNS BILINGÜES! O vindeiro curso, o alumnado de 1º e 2º de E.Primaria, comezarán coas seccións bilingües na área de Música, na cal os nosos nenos e nenas desfrutarán desta materia en Inglés. |
||||||
Para poder levar a cabo este proxecto, precisamos que cubran e entreguen a autorización correspondente ás súas titoras e iniciar así esta nova andaina. | ||||||
Preme na imaxe para acceder aos impresos |
||||||
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 22-23
LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS CURRICULARES PARA O CURSO 2022 - 2023 | ||||
|
|
COLECHEF
![]() |
|
![]() |
||||
A xestión do servizo de comedor farase a través da app ColeChef que deberá estar descargada no móbil IMPORTANTE |
||||||
![]() |
DOCUMENTO COMPLETO PARA USUARIOS ACTUAIS DO COMEDOR | |||||
![]() |
DOCUMENTO COMPLETO PARA NOVOS USUARIOS |
|||||