Secretaría

CALENDARIO ESCOLAR 23 - 24

       
   CALENDARIO ESCOLAR CURSO 23 - 24  
 

INICIO DE CURSO  

Premendo na imaxe esquerda accédese ao noso calendario para este curso 23 - 24 

DOG informativo 

 A Xefatura Territorial de Educación aprobou como  DÍA NON LECTIVO  13 de outubro.

 
   

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

       
     
 

As deben supoñer para as nenas e os nenos, un complemento á súa educación de xeito lúdico. O seu principal obxectivo é aprender mediante o xogo e a cooperación, habilidades e competencias favorecedoras da formación do alumnado. Trátase de traballar de xeito transversal a creatividade, as habilidades sociais, a solidariedade, o respecto, a comunicación e a relación cos demais.

Existen dous tipos de actividades, unhas gratuítas, subvencionadas polo Concello de Ferrol, e outras ofertadas pola ANPA. 

Premendo na imaxe accédese ás actividades extraescolares ofertadas neste curso 2023 - 2024.

Para máis información contactar coa administración do centro: Tfno: 881 93 32 10

 
      
       

AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2024 - 2025

         
  FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO
 
   

Na ORDE do 7 de maio de 2024 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2024/25.

O PRAZO DE SOLICITUDES É DO 21 DE MAIO AO 21 DE XUÑO

IMPRESO DE SOLICITUDE

ACCESO A TRAVÉS DA WEB

Máis información (ENTREGA DE VALES) premendo na imaxe

   
   
   
   
   

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO. CURSO 24/25

     
  BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (24/25)  
 

Convocadas as becas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2024-2025.

O prazo de solicitude é do 30 de abril ao 13 de setembro.

Hai que solicitalo a través a través da sede electrónica.

Máis información:

 

AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN E BOLSAS DO COMEDOR ESCOLAR. CONCELLO DE FERROL

     
  AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN E AO COMEDOR ESCOLAR DO CONCELLO DE FERROL  
 

NO BOP do 27 de maio saiu publicado a convocatoria por parte do Concello de Ferrol da concesión de axudas de prestacións de carácter asistencial, en concreto, axudas á escolarización e bolsas de comedor escolar para o curso 2024 - 2025.

O prazo de presentación das solicitudes é de 15 días hábiles dende dita publicación.

As solicitudes presentaránse no CONCELLO DE FERROL.

Máis información:

 

DÍA 13 DE OUTUBRO, NON LECTIVO

     
  O DÍA 13 DE OUTUBRO É DIA NON LECTIVO  
 

Informamos que o día 13 de outubro foi aprobado polo Consello Escolar e confirmado pola Xefatura Territorial coma día non lectivo.

Ese día non haberá clase.

As clases reanudaranse o luns 16 de outubro no seu horario habitual.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

         
  FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR  
   

Na ORDE do 7 de maio de 2024 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2024/25.

BENEFICIARIAS

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO). No noso centro non entraría o alumnado de 5º e 6º por traballar na plataforma DIXGAL con libros electrónicos.

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.

 

 

PRESENTACION DAS SOLICITUDES

 

PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024.  

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS

As listas provisionais publicaranse o día  5 de xullo no taboleiro do centro.

 

PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS PROVISIONAIS

O prazo de reclamación ás listas provisionais será de dous días hábiles a partir da publicación, é dicir, os días 8 e 9 de xullo.

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS

As listaxes definitivas das axudas de libros de texto, material escolar e do fondo de libros publicaranse no taboleiro de anuncios do centro o día 12 de xullo.


RECOLLIDA DOS VALES

As familias poderán recoller os vales de axudas de libros de texto e material escolar nas seguintes datas segundo os cursos no ano 24-25:


1º e 2º Primaria: luns día 15 de xullo de 10:30 a 13 h.
3º e 4º Primaria: martes 16 de xullo de 10:30 a 13 h.
5º e 6º Primaria: mércores 17 de xullo de 10:30 a 13 h.


Os libros adxudicados do fondo (3º e 4º Primaria) SERÁN ENTREGADOS AO ALUMNADO ao comezo das clases

 

   
   
   
   
   

Powered by Drupal - Design by artinet