Consello Escolar

O CONSELLO ESCOLAR

       
      
 

O consello escolar é o órgano a través do cal PARTICIPAN NA XESTIÓN DO CENTRO os distintos membros da comunidade escolar. 

 Competencias do Consello Escolar (LOMCE) 

 
       
  COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR   
 

Nos centros de oito ou máis unidades, coma o CEIP Isaac Peral, o consello escolar está composto polos seguintes membros:

  1. O director/a, que será o seu presidente.
  2. O xefe de estudos
  3. Un concelleiro ou representante do concello.
  4. Un representante do persoal de administración e servizos
  5. Cinco mestres elixidos polo claustro
  6. Cinco representantes dos pais/nais de alumnos/as (un proposto pola ANPA)
  7. O secretario/a do centro, con voz, pero sen voto.
 
  RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR   
 

 Dous anos despois da primeira constitución do consello escolar produciuse a primeira renovación parcial na que foron substituídos dous mestres e tres pais/nais. Dous anos despois, substituíronse os membros que non foron substituídos na renovación anterior. A partir dese momento foron realizándose, do mesmo xeito, as distintas renovacións cada dous anos, de maneira que os nomeamentos dos representantes de mestres, pais/nais e persoal de administración de servizos serán por un período de 4 anos. 

 
   Acta das eleccións de 2014                              Acta das eleccións do 2016   
  COMISIÓNS DENTRO DO CONSELLO ESCOLAR   
 

Tal como especifica a lexislación existirán no seo do Consello Escolar distintas comisións que facilitan o seu funcionamento.

COMISIÓN ECONÓMICA

Estará formada polo/a director/a, un mestre/a, un pai/nai de alumno/a e o secretario/a do centro

COMISIÓN DE CONVIVENCIA

A súa composición foi aprobada en sesión de Consello escolar do 5 de abril de 2106: Director/a, 3 profesores/as (xefe/a de estudos, orientador/a e un profesor/a-se coinciden os cargos serán 2 profesores/as), 2 pais/nais, 1 representante do persoal de administración e servizos e o representante do concello. Os profesores/as non teñen que pertencer ao Consello Escolar.

Ademáis destas comisións, o Consello escolar nomeará a:

Unha persoa que impulse a medidas educativas que fomenten a igualdade de homes e mulleres

Unha persoa representante do Consello escolar no comedor

Todos estes nomeamentos serán realizados cada dous anos coincidindo coa renovación do Consello Escolar.

 
  ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR - NOVEMBRO DE 2016  
 

Premer para ver máis grande

Premer para ver máis grande

 

CONSTITUCIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

         
  CONSTITUCIÓN DO CONSELLO ESCOLAR  
 

Realizadas as eleccións do 29 de novembro de 2016, o mércores 7 de decembro, en sesión extraordinaria do Consello Escolar, procedeuse á súa formación.

Na mesma sesión nomearonse as comisións económica e de convivencia, o representante do Consello no comedor e a persoa que fomenta a igualdade entre homes e mulleres.

Todo isto ven recollido nestas imaxes.

Premer nelas para velas máis grandes.

Toda a información do consello escolar poden atopala premendo aquí

 
 
 
 
 
 
 
   

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

     
  RESULTADOS DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR DO SECTOR DAS FAMILIAS  
 

Realizadas, o martes 29 de novembro, as votacións ao Consello Escolar no sector das familias, resultaron elixidas as seguintes candidaturas: 

1- VANESSA DIZ MARTÍNEZ: 12 VOTOS

2- ÓSCAR DOMÍNGUEZ PARDAL: 8 VOTOS 

Acta da votación 

 

VOTACIÓNS DOS REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS AO CONSELLO ESCOLAR

         
  O MARTES DÍA 29 É O DÍA DAS VOTACIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR      
 

LEMBRAMOS A TODAS AS FAMILIAS QUE O MARTES DÍA 29 DE NOVEMBRO É O DÍA DAS VOTACIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Horario de 9:00 - 10:00 // 13:30 - 14:15  // 17:00 - 18:00. 

Nestas eleccións elexiranse DOUS representantes das familias, xa que os outros tres continúan por ser elixidos nas eleccións de 2014. Os votantes terán que sinalar nas papeletas das votacións so UN dos representantes.

Máis información

     

CANDIDATURAS DE PAIS/NAIS ÁS ELECCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR

         
  PROCLAMACIÓN DAS CANDIDATURAS NO SECTOR DE NAIS/PAIS ÁS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR      
 

Rematado o prazo de presentación de candidaturas dos pais/nais ao Consello Escolar e reunida a Xunta Electoral, faise oficial a proclamación das candidaturas:

Candidaturas presentadas

Lembramos que as eleccións ao Consello Escolar, terán lugar o martes día 29 de novembro en horario de 9:00 - 10:00 // 13:30 - 14:15  // 17:00 - 18:00. 

Nestas eleccións elexiranse dous representantes das familias, xa que os outros tres continúan por ser elixidos nas eleccións de 2014. Os votantes terán que sinalar nas papeletas das votacións so un dos representantes.

     

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2016 (III)

     
  A XUNTA ELECTORAL FIXA O CALENDARIO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR  
 

Trala primeira reunión da Xunta electoral, fixouse o calendario das eleccións ao Consello Escolar é abriuse o prazo de presentación de candidaturas a ditas eleccións que se realizarán o martes 29 de novembro.

Xa está dispoñible para a súa revisión o censo electoral que poderán consultalo no taboleiro de anuncios do centro.

DATAS IMPORTANTES

Presentación de candidaturas: do 4 ao 11 de novembro

Realización das votacións: martes 29 de novembro no seguinte horario: 9 - 10 h// 13:30 - 14:15 h// 17 - 18 h

Acceso á circular da convocatoria ás eleccións do Consello Escolar

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2016 (II)

     
  CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2016  
 

Realizado o sorteo da Xunta Electoral, estes son os seus compoñentes:

 - Directora do Centro: Mª José Piñeiro Abeledo

    - Un profesor ou profesora: Margarita Martínez Bouza

    - Un pai ou nai ou titor legal: José Manuel Lameiro Castro

    - Un representante do persoal de administración e servizos: Juan Vázquez Carracedo

A función desta Xunta Electoral é organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar. En breve reunirase a Xunta electoral para fixar o CALENDARIO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2016

         
  COMEZA O PROCESO ELECTORAL DA RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2016      
 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na Resolución do 26 setembro de 2016 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG 4/10/16), realizarase proximamente neste Centro a RENOVACIÓN do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio. Este curso corresponde renovar 2 pais/nais e 3 profesores/as.

O proceso electoral comeza coa formación da XUNTA ELECTORAL, órgano encargado de organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar. Esta Xunta Electoral está formada por:  

    - O Director ou directora do Centro.

    - Un profesor ou profesora.

    - Un pai ou nai ou titor legal.

    - Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público, celebrarase neste Centro o próximo martes 25 de outubro ás 9:30 horas na secretaría do centro.

     

Powered by Drupal - Design by artinet