Curso 23 - 24

CALENDARIO ESCOLAR 23 - 24

       
   CALENDARIO ESCOLAR CURSO 23 - 24  
 

INICIO DE CURSO  

Premendo na imaxe esquerda accédese ao noso calendario para este curso 23 - 24 

DOG informativo 

 A Xefatura Territorial de Educación aprobou como  DÍA NON LECTIVO  13 de outubro.

 
   

INICIO DE CURSO 24-25

           
  COMEZO DO CURSO 2024 - 2025  
  DATAS DE COMEZO DAS CLASES  
 

- Día 11 de setembro: Comezo das clases para todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.

 

O horario deses días será o habitual, de 9 a 14 horas (agás 4º de E. Infantil que estará co período de adaptación) tendo en conta as seguintes consideracións relativas á organización deste curso escolar no que:

  • Nas entradas o alumnado non formará filas para entrar senón que, segundo vaia chegando ao centro, entrará directamente nas clases, tendo en conta a seguinte marxe horaria:

       Alumnado de E. Primaria: entrará só no centro entre as 8:50 e as 9 h. As familias non poderán acceder ao recinto escolar, agás o alumnado de 1º de primaria que, o primeiro día de clase, poderá ser acompañado á entrada principal por un só adulto.

       Alumnado de E. Infantil: Entrará no centro, acompañado dun só familiar entre as 8:50 e as 9 h.

  • As saídas realizaranse ás 14 h. Cada curso terá unha porta específica de saída.  

Nas seguintes imaxes recóllese unha síntese destas entradas e saídas por cursos, así como as portas utilizadas. 

Premendo nas imaxes poden verse máis grandes.   

     

   

   

 

A PUNTUALIDADE DE TODOS XOGA UN PAPEL IMPORTANTE.

 

 
  SERVIZO COMEDOR 2024 - 2025  

 

 

O servizo de comedor comezará o luns, día 11 de setembro.

O comedor do centro ofrece servizo de almorzo e xantar. A xestión do servizo de comedor é de competencia municipal e corre a cargo da empresa SERUNIÓN.

 
 
  1. Servizo de almorzo: de 7:30 a 9:00 h.
  2. Servizo de xantar: de 14:00 a 16:00 h.

Non está permitida a entrada ao almorzo despois das 8:30.

O prezo do almorzo é de 1,84 € e o do xantar 3,59 € por comensal e día (pendente de confirmar para o presente curso)

O Concello de Ferrol subvenciona unha parte do servizo de comedor para todo o alumnado, pero ademais existen becas que se poderán solicitar nos Servizos Sociais da Consellería de Benestar do Concello de Ferrol.

Se un alumno/a ten algún tipo de intolerancia presentará o informe médico a través da aplicación e se lle facilitará un menú especial.

O horario de recollida do servizo de comedor será ás 16:00 h. Fóra deste horario, establécese outra quenda ás 15:30 h., debendo xustificarse por escrito a necesidade de recollida do alumnado ante a dirección do centro quen llo comunicará á encargada do comedor.

O alumnado pode facer uso do servizo de comedor de xeito habitual ou esporádico. Como novidade deste curso, cada alumno/a poderá anotarse para facer uso deste servizo como máximo ás 18 horas do día anterior con 48h de antelación.

A encargada do comedor lles facilitará un impreso de autorización de recollida do alumnado por outra persoa que non sexan os/as pais/nais ou titores/as legais.

Os usuarios do servizo de comedor deberán traer un cepillo e pasta de dentes para realizar a hixiene bucal.

Para solucionar problemas co aplicativo Colechef poden contactar enviando un correo electrónico ao enderezo galicia @serunion.elior.com ou chamando ao teléfono 986 45 30 40.

 

Tal e como establecen as Normas de Organización e Funcionamente do centro, todo o alumnado que non cumpra as normas do centro, pode ser privado do dereito do servizo de comedor, primeiro por un determinado tempo e, se ao seu regreso non amosa ter adquiridas as normas, deberá prescindir de este servizo durante o resto do curso escolar.

 

Para poder ser usuario do servizo de comedor necesitarán inscribirse na aplicación móbil COLECHEF.

 
  ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES  
 

Informarase acerca das actividades extraescolares unha vez que teña lugar a reunión co Concello de Ferrol.

 
  OFICINA DO CENTRO  
 

Horario oficina: 9:30h a 10:30h - 12:30h a 13:30h

Non se permite no horario das entradas e saídas do centro ou no tempo de recreo a entrada das familias no centro.

Calquera consulta poden facela vía correo electrónico ou telefónica.

Teléfonos de contacto:  881 93 02 10/18

Xornada non lectiva: a partir do 11 de setembro, poderase contactar mediante AbalarMóbil con cada titor/a do grupos de alumnos/as ou a través do correo electrónico do centro: ceip.isaac.peral@edu.xunta.gal 

 
           

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

       
     
 

As deben supoñer para as nenas e os nenos, un complemento á súa educación de xeito lúdico. O seu principal obxectivo é aprender mediante o xogo e a cooperación, habilidades e competencias favorecedoras da formación do alumnado. Trátase de traballar de xeito transversal a creatividade, as habilidades sociais, a solidariedade, o respecto, a comunicación e a relación cos demais.

Existen dous tipos de actividades, unhas gratuítas, subvencionadas polo Concello de Ferrol, e outras ofertadas pola ANPA. 

Premendo na imaxe accédese ás actividades extraescolares ofertadas neste curso 2023 - 2024.

Para máis información contactar coa administración do centro: Tfno: 881 93 32 10

 
      
       

Convivencia 23 - 24

           
 
   
 

O noso proxecto dinamizador de convivencia para este curso 2023-2024 consta de 3 eixos fundamentais: coidado do entorno, de si mesmo e das relacións.

 Preme na imaxe para acceder ás actividades de convivencia 

Nas entradas de abaixo podedes ver algunhas das actividades dinamizadores realizadas durante este curso.

 
 

 

 

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS CURSO 2023 - 2024

           
 
   
 

 Preme na imaxe para acceder ás actividades complementarias 

Nas entradas de abaixo podedes ver algunhas das actividades dinamizadores realizadas durante este curso.

 
 

 

 

PROXECTO DE FOMENTO DA LINGUA GALEGA 23 - 24

 

 
     
 

PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA  23-24

 
     
 
  
 
                   
                   
 
 
     
     

PLAMBE 23-24

             
       
 

 

 

 

 

 

 

 

 

       
    CURSO 2023 - 2024: "CÓNTANOS PERALIÑO"
   
 

 

 

   
      
 

                             

   
     

23 - 24 Mareiriña

       
  NOVA EDICIÓN DA NOSA REVISTA ESCOLAR MAREIRIÑA  
 

Un novo curso acaba de rematar e con el unha nova edición da nosa revista escolar Mareiriña.

Nela podemos atopar dende novas ata traballos realizados con moita ilusión polo noso alumnado: contos, poesías...

 
 

 
   

MEMORIA FINAL DE CURSO 2023 - 2024

       
  A MEMORIA DE FINAL DE CURSO, UNHA AUTOAVALIACIÓN DA NOSA PXA
 
 

A MEMORIA DE FINAL DE CURSO é o documento que recolle a avaliación do grado de cumprimento da Programación Xeral Anual (PXA) e as súas conclusións. Consiste nun balance crítico, unha autoavaliación do cumprimento da PXA e mailas propostas concretas de mellora.

Máis información lexislativa sobre a elaboración e aprobación da MEMORIA premendo no icono 

Para acceder á MEMORIA deste curso 23 - 24 premer na imaxe

 
   

23/24 Fin de curso

             
     

  

     
       
     
     

                   

 

... 

   

COMEZAN AS VACACIÓNS DE VERÁN!

     
     

 Preme na imaxe para saber máis

     
             

FESTIVAL DE FIN DE CURSO NO TEATRO "JOFRE" - Xuño 2024

       
                  
 

O 18 de xuño, no teatro "Jofre", celebramos o festival de fin de curso.

Un día de moitos nervios, pero moita ledicia, tanto para o profesorado que puido disfrutar coas actuacións do seu alumnado como para as familias que puideron ver o ben que o fixeron os seus fillos e fillas.

Fixéronse dúas quendas de actuacións, unha pola mañá na que actuaban os grupos A de cada curso e outra pola tarde cos grupos B. Debido ao aforo do local, foi imposible facer unha soa quenda como tampouco repartir máis entradas por familia. Pero .... a pesar deses inconvintes ... FOI UN DÍA INESQUECIBLE!

Queremos dar o noso agradecemento ao Concello de Ferrol por darnos a oportunidade de levar a cabo este festival de fin de curso nun marco incomparable como é o Teatro Jofre.

Premendo na imaxe accédese aos vídeos das actuacións

 

EXCURSIÓNS DE FINAL DE CURSO

             
          IMOS DE EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO
 
         

  O curso remata e .... CHEGAN AS EXCURSIÓNS DE FIN DE CURSO!

 
          Educación Infantil: Granxa de Belelle   
          1º e 2º de Primaria: Granxa Marcelle   
          3º de Educación Primaria: Pendente  
          4º de Educación Primaria: Galipark Multiaventura (Padrón)     
          5º de Educación Primaria: Aguapark Cerceda    
 
      6º de Educación Primaria: Cantabria    
 


 

     

Premer nos autobuses para ver as imaxes

 

2024 - Excursión fin de curso 1º ciclo

             
           
             
     

 

     
     

 O pasado 6 de xuño os nenos e nenas do Primeiro ciclo fomos de excursión a Marcelle Natureza. Baixo a aperta das árbores visitamos ás cebras, aos capibaras, aos chimpancés, aos osos, ás suricatas e a outros animais máis.

Se queredes saber máis desta actividade, premede na imaxe da xirafa.

     
             

AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN E BOLSAS DO COMEDOR ESCOLAR. CONCELLO DE FERROL

     
  AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN E AO COMEDOR ESCOLAR DO CONCELLO DE FERROL  
 

NO BOP do 27 de maio saiu publicado a convocatoria por parte do Concello de Ferrol da concesión de axudas de prestacións de carácter asistencial, en concreto, axudas á escolarización e bolsas de comedor escolar para o curso 2024 - 2025.

O prazo de presentación das solicitudes é de 15 días hábiles dende dita publicación.

As solicitudes presentaránse no CONCELLO DE FERROL.

Máis información:

 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN

     
  INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3 ANOS DO CURSO 2024 - 2025  
 

Un dos obxectivos fundamentais do noso centro é facilitar a adaptación do alumnado novo, e moi especialmente do alumnado de 3 anos. O benestar das familias, e máis concretamente o do noso alumnado, é unha das nosas principais prioridades.

Neste documento que presentamos a continuación poderán atopar, tanto información sobre normas de funcionamento do centro, coma suxerencias para facilitar a incorporación do alumnado a esta nova etapa que vai comezar.

 
 
Descargar o documento en formato tríptico 
 
Período de formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño
 
 

VISITAMOS A GRANXA DO RÍO BELELLE

       
     

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL FOI DE EXCURSIÓN Á GRANXA DO RÍO BELELLE

 Todos os nenos e nenas poideron disfrutar deste día en contacto coa natureza:

montaron a cabalo, prantaron, fixeron pan e disfrutaron cos animais.

Preme no paxaro para acceder ás imaxes

       
       
       
       
       
       
       

Algunhas cousiñas da biblio este curso...

   
 

  

 
   

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO ALUMNADO. SEMANA DO LIBRO.

   
     
 

  

 
     
   

2023-24 CERTAME DE POESÍA E IMAXE

                 
     
                 
     

 

 

Outro ano máis,o alumnado do Isaac Peral participa no

XXIV Certame de Poesía e Imaxe

convocado pola Coordenadora de Equipas de Normalización

Lingüística de Ferroltera.

Este é o alumnado de 3º A que resoltou gañador:

  • Samuel Álvarez Martínez
  • Noa Anidos Acevedo
  • Álvaro Cuadrado Dorrio
  • Mario del Pozo Sánchez

MOITOS PARABÉNS!!!

   
                 

LETRAS GALEGAS 2024

                   
        RECURSOS LETRAS GALEGAS 2024  
       

 

  Este ano o día das Letras Galegas

está adicado a

       
        PREMER NA IMAXE PARA ACCEDER AOS RECURSOS        
                 

VISITA DE CHELO LOUREIRO

           
     
  VISITA DE CHELO LOUREIRO  
     
   

A cineasta Chelo Loureiro visitou o noso centro para dar unha charla ao alumnado de 5º e 6º de E. Primaria e mostrarlles os Premios Goya que gañou no desenvolvemento da súa carreira.



Para acceder ás fotos desta visita premer na imaxe.

     
   

LECTURAS COA TEMÁTICA DO DÍA DO LIBRO

     
 LECTURAS DÍA DO LIBRO 
     


 

 

     

RECURSOS PARA O DÍA DO LIBRO

                                                     
     

 

       
           

O 23 de abril celébrase o día do libro. Con tal motivo, premendo na imaxe, accédese a unha recompilación de recursos para conmemorar esta data: información, contos, actividades interactivas ...

 Máis información 

             

IMOS DE EXCURSIÓN AO "CASTELO DE SAN FELIPE"

         
    VISITA DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL AO CASTELO DE SAN FELIPE    
     Premer na imaxe para ver as fotografías    
       
         

Avaliación de diagnóstico 4º E.Primaria

         
   AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 4º PRIMARIA 2024  
   

  No DOG do 23 de febreiro de 2024 saiu publicada a Resolución do 14 de febreiro pola que se dictan as instruccións para o desenvovemento da avaliación de diagnóstico de 4º de Primaria.

   - Realizarase os días 10 e 11 de abril en horario de clase.

   - Avaliaránse a competencia lingüística e a competencia matemática.

   - As probas terán un caracter informativo e orientador.

   - Emitirase:

          - Un informe do centro.

          - As familias serán informadas dese informe polas titoras.

Para acceder a AVALÍA premer na imaxe.

   

Novas na nosa biblio!

   

 

 

 

 

 

         
 

RECURSOS ROSALÍA DE CASTRO

       
   

   

   
   

O día 23 de febreiro conmemórase o día de Rosalía de Castro, poeta e novelista española que escribiu tanto en galego como en castelán.

 Premendo na imaxe accedemos á nosa páxina web adicada a Rosalía.

   
         
    RECURSOS DE ROSALÍA DE CASTRO    
   

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o da Biblioteca do noso centro preséntannos unha selección de recursos desta gran escritora:

Biografía, obras, actividades, unidades didácticas...

 

   

Powered by Drupal - Design by artinet