INICIO DE CURSO 22-23

           
  COMEZO DO CURSO 2022 - 2023  
  DATAS DE COMEZO DAS CLASES  
 

- Día 8 de setembro: Comezo das clases para todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.

 

O horario deses días será o habitual, de 9 a 14 horas (agás 4º de E. Infantil que estará co período de adaptación) tendo en conta as seguintes consideracións relativas á organización deste curso escolar no que:

  • Nas entradas o alumnado non formará filas para entrar senón que, segundo vaia chegando ao centro, entrará directamente nas clases, tendo en conta a seguinte marxe horaria:

       Alumnado de E. Primaria: entrará só no centro entre as 8:50 e as 9 h. As familias non poderán acceder ao recinto escolar, agás o alumnado de 1º de primaria que, o primeiro día de clase, poderá ser acompañado á entrada principal por un só adulto.

       Alumnado de E. Infantil: Entrará no centro, acompañado dun só familiar entre as 8:50 e as 9 h.

  • As saídas realizaranse ás 14 h. Cada curso terá unha porta específica de saída.  

Nas seguintes imaxes recóllese unha síntese destas entradas e saídas por cursos, así como as portas utilizadas. 

Premendo nas imaxes poden verse máis grandes.   

     

   

   

 

A PUNTUALIDADE DE TODOS XOGA UN PAPEL IMPORTANTE.

 

 
  SERVIZO COMEDOR 2022 - 2023  

 

 

O servizo de comedor comezará o xoves, día 8 de setembro.

O comedor do centro ofrece servizo de almorzo e xantar. A xestión do servizo de comedor é de competencia municipal e corre a cargo da empresa SERUNIÓN.

 
 
  1. Servizo de almorzo: de 7:30 a 9:00 h.
  2. Servizo de xantar: de 14:00 a 16:00 h.

Non está permitida a entrada ao almorzo despois das 8:30.

O prezo do almorzo é de 1,84 € e o do xantar 3,59 € por comensal e día.

O Concello de Ferrol subvenciona unha parte do servizo de comedor para todo o alumnado, pero ademais existen becas que se poderán solicitar nos Servizos Sociais da Consellería de Benestar do Concello de Ferrol.

Se un alumno/a ten algún tipo de intolerancia presentará o informe médico a través da aplicación e se lle facilitará un menú especial.

O horario de recollida do servizo de comedor será ás 16:00 h. Fóra deste horario, establécese outra quenda ás 15:30 h., debendo xustificarse por escrito a necesidade de recollida do alumnado ante a dirección do centro quen llo comunicará á encargada do comedor.

Cada alumno/a poderá anotarse ao servizo de comedor de xeito habitual ou esporádico sempre con 48 horas de antelación.

A encargada do comedor lles facilitará un impreso de autorización de recollida do alumnado por outra persoa que non sexan os/as pais/nais ou titores/as legais.

Os usuarios do servizo de comedor deberán traer un cepillo e pasta de dentes para realizar a hixiene bucal.

Debido á actual situación sanitaria non é necesario establecer a distancia de seguridade polo que se utilizará un único espazo de comedor. As entradas e saídas serán pola porta principal. Na entrada do almorzo o alumnado poderá ser acompañado por un adulto ao comedor.

Para solucionar problemas co aplicativo Colechef poden contactar enviando un correo electrónico ao enderezo galicia @serunion.elior.com ou chamando ao teléfono 986 45 30 40.

 

Tal e como establecen as Normas de Organización e Funcionamente do centro, todo o alumnado que non cumpra as normas do centro, pode ser privado do dereito do servizo de comedor, primeiro por un determinado tempo e, se ao seu regreso non amosa ter adquiridas as normas, deberá prescindir de este servizo durante o resto do curso escolar.

 

Para poder ser usuario do servizo de comedor necesitarán inscribirse na aplicación móbil COLECHEF.

 
  ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES  
 

Informarase acerca das actividades extraescolares unha vez que teña lugar a reunión co Concello de Ferrol.

 
  OFICINA DO CENTRO  
 

Horario oficina: 9:30h a 10:30h - 12:30h a 13:30h. Para acudir á oficina do centro deberán pedir cita previa.

Non se permite no horario das entradas e saídas do centro ou no tempo de recreo a entrada das familias no centro.

Calquera consulta poden facela vía correo electrónico ou telefónica.

Teléfonos de contacto:  881 93 02 10/18

Consultas ou comunicacións específicas relacionada coa situación do COVID-19:

Durante a xornada lectiva: 881 93 02 10

Xornada non lectiva: a partir do 8 de setembro, poderase contactar mediante AbalarMóbil con cada titor/a do grupos de alumnos/as ou a través do correo electrónico do centro: ceip.isaac.peral@edu.xunta.gal 

 
           

Powered by Drupal - Design by artinet